Vi­si­tas pa­ra co­ñe­cer a ri­que­za do mar

Os dous pro­fe­sio­nais xu­bi­la­dos ex­plí­can­lles aos tu­ris­tas co­mo é o tra­ba­llo nun­ha ba­tea

La Voz de Galicia (Barbanza) - - La Voz De Barbanza - PAU­LA RI­VEI­RO / M. X. B.

Se hai un ma­ris­co característico da ría de Arou­sa, ese é o me­xi­llón. Son moi­tas as per­soas que te­ñen ba­teas ou es­tas cons­ti­túen o seu me­dio de tra­ba­llo. Non en vano, a for­ma de ex­tra­elo pa­ra o con­su­mo cha­ma a aten­ción dos vi­si­tan­tes que es­co­llen a co­mar­ca pa­ra pa­sar as súas va­ca­cións de ve­rán. Pa­séa­te con nós é un­ha ini­cia­ti­va do de­par­ta­men­to de tu­ris­mo de Boi­ro que ten co­mo ob­xec­ti­vo a im­pli­ca­ción dos maio­res no de­sen­vol­ve­men­to tu­rís­ti­co do con­ce­llo. No mar­co des­ta ac­ti­vi­da­de, En­ri­que Vázquez e Leo­pol­do Fer­nán­dez co­la­bo­ran amo­sán­do­lle aos in­tere­sa­dos co­mo se cría e re­co­lec­ta o bi­val­vo.

Os dous per­ten­cen ao club de xu­bi­la­dos de Ca­bo de Cruz, Mar e Te­rra, eé o pri­mei­ro ano que exer­cen co­mo guías tu­rís­ti­cos. «Os de­mais ve­ráns en­car­gá­ba­se ou­tra per­soa das ex­pli­ca­cións, ago­ra non po­de e co­me­za­mos nós», afir­ma En­ri­que Vázquez. O ve­ci­ño da lo­ca­li­da­de xa non tra­ba­lla, pe­ro de­di­cou to­da a súa vi­da la­bo­ral ao mar. Pri­mei­ro es­ti­vo em­bar­ca­do e, máis tar­de, ocu­pou­se das ba­teas fa­mi­lia­res du­ran­te máis de vin­te anos. É por iso que co­ñe­ce per­fec­ta­men­te co­mo se cría o me­xi­llón e po­de acla­rar as dú­bi­das dos vi­si­tan­tes.

Dis­tri­bu­ción do la­bor

Leo­pol­do Fer­nán­dez ta­mén es­tá re­la­cio­na­do cos la­bo­res no mar den­de sem­pre. Es­tu­dou Bio­lo­xía Ma­ri­ña en Vi­go e pa­sou a maior par­te da súa vi­da tra­ba­llan­do co­mo ca­pi­tán de pes­ca na zo­na de Su­dá­fri­ca. «Ade­mais da mi­ña for­ma­ción, ta­mén me in­for­mei pa­ra co­ñe­cer me­llor a for­ma de cría e cul­ti­vo do me­xi­llón, xa que nun­ca tra­ba­llei nas ba­teas», afir­ma Fer­nán­dez. É por iso que se en­car­ga da par­te teó­ri­ca das ex­pli­ca­cións, men­tres que En­ri­que é o que lle axu­da con to­do o re­la­cio­na­do coa prác­ti­ca gra­zas á súa ex­pe­rien­cia la­bo­ral.

As char­las co­me­zan cun­ha pe­que­na ex­pli­ca­ción de que é o me­xi­llón, co­mo é a súa ali­men­ta­ción e ca­les son as súas prin­ci­pais ca­rac­te­rís­ti­cas. «A maior par­te dos vi­si­tan­tes ve­ñen do in­te­rior e aín­da que co­ñe­cen o bi­val­vo te­ñen un­ha idea equi­vo­ca­da de co­mo se cría», co­men­ta En­ri­que. Ta­mén lles des­cri­ben to­do o pro­ce­so que se se­gue pa­ra que me­dre e co­mo se ex­trae das ba­teas can­do ten uns 8 ou 9 cen­tí­me­tros e xa es­tá lis­to pa­ra o con­su­mo.

«Ex­pli­cá­mos­lles as cou­sas un pou­co por en­ri­ba, por­que é un te­ma moi den­so e pa­ra sa­ber máis te­ría­mos que ter máis tem­po», afir­ma Leo­pol­do. Por­que ade­mais da char­la que lles dan no por­to, le­van aos tu­ris­tas á lon­xa pa­ra que ve­xan co­mo se co­mer­cia­li­za o ma­ris­co. Pre­ten­den en­tre­ter

á xen­te e que as vi­si­tas lles re­sul­ten úti­les. Máis alá do tra­ba­llo na ba­tea, ta­mén lles dan in­for­ma­ción de ca­ra á com­pra e o con­su­mo. Co­mo eli­xir ou co­mo pre­pa­rar o me­xi­llón. «En em­pa­na­da, en sal­pi­cón, re­bo­za­do e ata en pa­té, pe­ro a for­ma máis ca­rac­te­rís­ti­ca e a que eu sem­pre lles re­co­men­do é ao va­por, cun­ha co­pa de vi­ño e acom­pa­ña­do de bo­roa», co­men­ta Leo­pol­do.

Re­co­rri­dos to­do o ve­rán

As vi­si­tas guia­das rea­lí­zan­se du­ran­te o estío e van­se rea­li­zar ata o 15 de se­tem­bro. As do me­xi­llón de Ca­bo de Cruz, con En­ri­que e Leo­pol­do, son os mér­co­res ao me­dio­día e du­ran un­ha ho­ra, pe­ro am­bos os dous re­co­ñe­cen que sem­pre se pro­lon­gan e «aca­ba­mos fa­lan­do alí du­ran­te máis tem­po». Os in­tere­sa­dos ta­mén po­den co­ñe­cer co­mo son os la­bo­res de ma­ris­queo na co­mar­ca ou vi­si­tar un es­ta­lei­ro, xa que es­ta ini­cia­ti­va ofre­ce al­ter­na­ti­vas pa­ra to­dos os días da se­ma­na. Ins­cri­bir­se na ofi­ci­na de tu­ris­mo do con­ce­llo é o úni­co que hai que fa­cer pa­ra sa­ber máis da historia, for­ma de vi­da e os prin­ci­pais atrac­ti­vos da co­mar­ca.

MAR­COS CREO

Fer­nán­dez e Vázquez le­van aos vi­si­tan­tes á lon­xa pa­ra en­si­nar­lles os di­fe­ren­tes ma­ris­cos.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.