Fon­do e for­ma

La Voz de Galicia (Barbanza) - - Opinión -

MA­NUEL LAGO

Hai que se­pa­rar o grao da pa­lla: un erro na redacción do acor­do en­tre o Con­ce­llo de Pon­tea­reas e o co­mi­té es­tá sen­do uti­li­za­do pa­ra ata­car aos em­pre­ga­dos pú­bli­cos na es­tra­te­xia neo­li­be­ral de po­ñer en cues­tión o pa­pel do sec­tor pú­bli­co. Úsa­se a de­ma­go­xia e a des­in­for­ma­ción pa­ra de­te­rio­rar a ima­xe do pú­bli­co e mes­mo pa­ra in­ten­tar con­fron­tar a ci­da­da­nía cos em­pre­ga­dos pú­bli­cos. Un de­ba­te real so­bre o te­ma ten que ter en con­ta, po­lo me­nos, as se­guin­tes cues­tións. Pri­mei­ro, os em­pre­ga­dos pú­bli­cos, igual que os do sec­tor pri­va­do, xa so­fren pe­na­li­za­cións se non van a tra­ba­llar. Se a au­sen­cia é in­xus­ti­fi­ca­da, con san­cións pro­por­cio­nais á gra­vi­da­de da fal­ta que po­den che­gar ao des­pi­do. Se a au­sen­cia é por es­tar de bai­xa por en­fer­mi­da­de, so­fren un­ha for­te re­du­ción do seu sa­la­rio: nos tres pri­mei­ros días de bai­xa mé­di­ca o seu sa­la­rio pó­de­se re­du­cir a ce­ro, e se a si­tua­ción se pro­lon­ga ata vin­te días per­den o 40 %. Se­gun­do, o de­no­mi­na­do plus de asis­ten­cia ao tra­ba­llo, que non exis­te no sec­tor pú­bli­co, é ha­bi­tual, e mes­mo xe­ne­ra­li­za­do, no sec­tor pri­va­do. Un plus con fór­mu­las di­ver­sas pe­ro que en esen­cia su­pón que o tra­ba­lla­dor co­bra un­ha can­ti­da­de de di­ñei­ro se non fal­ta ao tra­ba­llo en to­do o mes, in­clu­so por cau­sa xus­ti­fi­ca­da, co­mo un­ha bai­xa mé­di­ca por en­fer­mi­da­de. Por exem­plo, o con­ve­nio do me­tal ou da cons­tru­ción da Co­ru­ña, que son os mais im­por­tan­tes, te­ñen es­ta cláu­su­la den­de hai dé­ca­das sen que se te­ña pro­du­ci­do nin­gún es­cán­da­lo. Por úl­ti­mo, pe­ro o mais im­por­tan­te, é que o acor­do de Pon­tea­reas non é un plus de asis­ten­cia, se­nón un­ha for­ma de dis­tri­buír en­tre o ca­dro de per­soal do Con­ce­llo al­go que xa exis­te: a de­no­mi­na­da pro­du­ti­vi­da­de. A re­pre­sen­ta­ción le­gal dos tra­ba­lla­do­res do Con­ce­llo de Pon­tea­reas de­nun­cian que o al­cal­de an­te­rior, do Par­ti­do Po­pu­lar, re­par­tía es­ta can­ti­da­de de xei­to ar­bi­tra­rio e que o acor­do é pa­ra de­fi­nir cri­te­rios ob­xec­ti­vos pa­ra o seu re­par­to.

Po­si­ble­men­te o xa fa­mo­so apar­ta­do 5.A ne­ce­si­ta un­ha me­llor redacción, pe­ro é inacep­ta­ble que un acor­do que bus­ca dar trans­pa­ren­cia e ob­xec­ti­vi­da­de na xes­tión la­bo­ral pa­ra aca­bar co ca­ci­quis­mo e o ami­gui­si­mo se de­mo­ni­ce por un erro de redacción. Esa de­be­ría ser a res­pos­ta in­te­li­xen­te, co­rri­xir a for­ma do acor­do pa­ra com­ba­ter a cam­pa­ña de des­pres­ti­xio ao tem­po que se ex­pli­ca o ver­da­dei­ro sen­ti­do do mes­mo e da si­tua­ción ca­ci­quil coa que se que­re re­ma­tar. En to­do caso, es­te inusi­ta­do in­tere­se me­diá­ti­co por un­ha cláu­su­la do con­ve­nio dos em­pre­ga­dos pú­bli­cos dun pe­queno con­ce­llo de­be­ría ser­vir pa­ra ana­li­zar en pro­fun­di­da­de o que es­tá su­ce­den­do den­de o 2010 cos sa­la­rios dos em­pre­ga­dos pú­bli­cos no con­xun­to do Es­ta­do. Den­de que se em­pe­zou a apli­car a política de aus­te­ri­da­de com­pul­si­va se ten pro­du­ci­do un gra­ve de­te­rio­ro das con­di­cio­nes la­bo­rais e dos sa­la­rios. A re­du­ción dos sol­dos no 2010 e a con­xe­la­ción pos­te­rior pro­vo­cou un­ha per­da do po­der ad­qui­si­ti­vo do 20 % dos em­pre­ga­dos pú­bli­cos. Co­mo ade­mais nes­te tem­po agra­vou­se a pre­ca­rie­da­de con ex­ter­na­li­za­cións e sub­con­tra­tas, hai —así o de­nun­cian por exem­plo os sin­di­ca­tos en Pon­tea­reas— per­soas tra­ba­llan­do pa­ra o Con­ce­llo con sa­la­rios de pou­co mais de 700 eu­ros, o que si­túa a es­tas per­soas pró­xi­mas á de­no­mi­na­da po­bre­za la­bo­ral.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.