Os co­me­zos.

La Voz de Galicia (Barbanza) - - Barbanza-muros-noia Deportes -

que xa exis­tía en Cam­ba­dos ou­tro club con idén­ti­ca de­no­mi­na­ción.

An­te a im­po­si­bi­li­da­de de con­ser­var o ori­xi­nal, e o apu­ro por re­ma­tar a xes­tión, Bar­ca­la te­ría que im­pro­vi­sar ou­tro, de­ci­dín­do­se por Club De­por­ti­vo Boi­ro, que se­rá o no­me ofi­cial den­de o 10 de agos­to de 1967, da­ta de al­ta na Fe­de­ra­ción. O con­xun­to co que con­ta­rá Bar­ca­la, ades­tra­dor ade­mais de pre­si­den­te da no­vel en­ti­da­de, es­ta­rá in­te­gra­do po­los por­tei­ros Se­ga­de e Portela (fi­cha­do pa­ra cu­brir a bai­xa de Jo­sé Al­ves Pe­pu­lo), Chu­cho, Mar­tí­nez, Die­go, Jo­sé da Al­dea e Ál­va­ro (de­fen­sas), Tei­xei­ra, Ro­me­ro, Pa­cu­cho e Pe­dri­to (me­dios), Mos­que­ra, Caa­ma­ño, Ge­nu­cho, Tras­bach, Ro­mán, Ar­men­tal, Pa­ja­ri­llo e Cor­tés (dian­te­iros).

Ti­ñan ida­des com­pren­di­das en­tre os de­zaoi­to e vin­te e un anos, e se ex­cep­tua­mos aos pal­mei­ráns Ro­mán e Pa­cu­cho, to­dos eran ve­ci­ños de Boi­ro, des­ta­can­do, ade­mais dos xo­ga­do­res da ca­pi­tal mu­ni­ci­pal, a pre­sen­za de fut­bo­lis­tas de Aban­quei­ro. Es­que­cén­do­se das co­res azul e ver­me­lla que ves­ti­ran sen­do o Ju­ven­tud A.C., pa­ra es­ta eta­pa a cor es­co­lli­da, sei­ca sen máis mo­ti­vo que a súa ra­re­za en­tre os clubs da vol­ta, se­rá a bran­ca, tan­to pa­ra a ca­mi­se­ta co­mo pa­ra o pan­ta­lón.

Os pri­mei­ros pa­sos

Ao em­pe­zar de ce­ro e non con­tar con gran­des re­cur­sos, o equi­po te­rá que cos­tear par­te dos gas­tos que o club non al­can­za­ba a cu­brir, caso dos des­pra­za­men­tos, pa­ra os que ca­da xo­ga­dor apor­ta­rá un­has 50 pe­se­tas (0,30 €) por par­ti­do. O úni­co que vai re­ci­bir com­pen­sa­ción eco­nó­mi­ca, arre­dor de 150 pe­se­tas (0,90 €) por en­con­tro, se­rá Car­los Co­tón, xa que te­ría que des­pra­zar­se den­de San­tia­go, on­de es­tu­da­ba, pa­ra ades­trar e xo­gar.

O 3 de se­tem­bro do 67, me­nos dun mes des­pois de fe­de­rar­se, o club de­bu­ta­ba na com­pe­ti­ción ofi­cial em­pa­tan­do 3-3 en Ca­lo no pri­mei­ro par­ti­do da rol­da inau­gu­ral da Co­pa do Sar. Tras ga­ñar 2-1 en Ba­rra­ña ao do­min­go se­guin­te, e su­pe­rar es­ta pri­mei­ra rol­da, se­rían eli­mi­na­dos po­lo Pa­drón, ven­ce­dor do tro­feo. Ao fi­na­li­zar o tor­neo, o Boi­ro es­treá­ba­se na Li­ga do Sar, que aquel cur­so 6768 de­ra un sal­to res­pec­to á an­te­rior edi­ción, pa­san­do de ser un­ha com­pe­ti­ción do­més­ti­ca en­tre só ca­tro clubs do Sar a un tor­neo de quin­ce equi­pos que am­plia­ba o seu ám­bi­to xeo­grá­fi­co aos con­ce­llos de Ve­dra, Teo, Ames, Boi­ro e mes­mo A Es­tra­da. Pa­drón, Es­cla­vi­tud, Pa­zos, Sar, Car­ca­cía, Les­tro­ve, Laí­ño, San An­to­nio, San Lo­ren­zo, Ve­dra, San Ma­med, Ca­lo, Ber­ta­mi­ráns e Vea acom­pa­ña­rán ao Boi­ro na súa es­trea.

Con pou­co apoio so­cial e eco­nó­mi­co, cunha di­rec­ti­va fic­ti­cia in­te­gra­da por per­soas que nal­gún caso sa­be­rían da súa in­clu­sión só des­pois de bas­tan­te tem­po e cunha afec­ción aín­da moi ba­rra­ñis­ta que non os to­ma­ba de­ma­sia­do en se­rio, prin­ci­pia­rá o C.D. Boi­ro a súa pri­mei­ra ex­pe­rien­cia. Non obs­tan­te, gra­zas a es­te en­tu­sias­ta gru­po de mo­zos, co­ñe­ci­dos na lo­ca­li­da­de co­mo os «cha­va­les de Manolo Bar­ca­la», a con­ti­nui­da­de do fút­bol fe­de­ra­do en Boi­ro que­da­ba en­ca­mi­ña­da.

O pri­mei­ro en­con­tro ofi­cial do con­xun­to bran­co foi an­te o Ca­lo, co que em­pa­tou 3-3

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.