«O agro é un mun­do moi in­vi­si­ble pa­ra as mu­lle­res»

Con máis de dúas dé­ca­das de ex­pe­rien­cia no sec­tor, es­ta mu­ller de­ci­diu dar un xi­ro á súa tra­xec­to­ria e to­mar as ren­das da man da em­pre­sa Xeruga, que axu­da a to­das as em­pre­sas do ru­ral nos ám­bi­tos fis­cal, con­ta­ble, la­bo­ral ou xu­rí­di­co. Aín­da que en realid

La Voz de Galicia (Barbanza) - - Empresas - L. Mí­guez

Un­ha lon­ga ex­pe­rien­cia tra­ba­llan­do no sec­tor do agro e un es­ti­lo de vi­da que le­va no san­gue fo­ron as mo­ti­va­cións que le­va­ron a Car­men Canda a mon­tar a súa pro­pia em­pre­sa no ru­ral adi­ca­da a axu­dar a agri­cul­to­res e gan­dei­ros. Un ser­vi­zo de ase­so­ra­men­to e axu­da pa­ra os pro­fe­sio­nais do sec­tor que apos­ta po­la for­ma­ción e por dar un pa­pel máis vi­si­ble á mu­ller nun sec­tor no que, his­to­ri­ca­men­te, foi re­le­ga­da a un se­gun­do plano.

—Co­mo xur­diu Xeruga?

—Eu le­va­ba en Xó­ve­nes Agri­cul­to­res 25 anos tra­ba­llan­do pe­ro hou­bo un re­vés la­bo­ral. Sem­pre me in­tere­sei po­lo te­ma do ru­ral por­que na mi­ña ca­sa sem­pre se vi­viu da ven­da do lei­te e dos be­ce­rros. Ven­do a mi­ña nai, ás ve­ci­ñas ou ás mi­ñas tías sem­pre me in­tere­sou o te­ma da mu­ller no sec­tor, creo que me­re­cían que al­guén fi­xe­ra al­go por elas, pa­ra que pui­de­ran ex­pre­sar a súa va­lía. A mu­ller ten moi­to es­pa­zo, pe­ro o agro é un mun­do moi in­vi­si­ble pa­ra ela. Así que me de­ci­dín a mon­tar a mi­ña pro­pia em­pre­sa. Pa­ra iso con­tei coa axu­da de Elías Fer­nán­dez, un en­xe­ñei­ro agrícola ao que lle gus­ta tan­to is­to co­mo a min. E de­ci­di­mos em­pren­der un­ha an­dai­na no­va. E así na­ceu Xeruga, da que mon­ta­mos ofi­ci­na hai uns anos, que es­tá en­ca­mi­ña­da ao ru­ral, ao ase­so­ra­men­to pa­ra agri­cul­to­res e gan­dei­ros en te­mas fis­cais, sub­ven­cións, IVA ou si­mi­lar.

—Que tal aco­lli­da ti­ve­ron?

—Foi un éxi­to to­tal. Ha­bía uns anos de ex­pe­rien­cia que nos res­pal­da­ban pe­ro a ver­da­de é que a res­pos­ta foi moi boa. A xen­te con­tou con nós den­de o co­me­zo pa­ra tra­ba­llar e nós estamos en­can­ta­dos de po­der in­cre­men­tar o nú­me­ro de gan­dei­ros que con­fían en nós e en me­llo­rar a ca­li­da­de do ser­vi­zo.

—Can­tos clien­tes te­ñen na ac­tua­li­da­de?

— A car­tei­ra ac­tual e duns 400, o cal pa­ra nós, que estamos co­me­zan­do, é un éxi­to. Pa­ra dar res­pos­ta a to­dos, tan­to o meu so­cio co­ma mín estamos tra­ba­llan­do moi­to e adi­can­do moi­tas ho­ras de tra­ba­llo. Arran­ca­mos is­to sen axu­das nin na­da e foi moi sa­cri­fi­ca­do.

—Que ser­vi­zos ofre­cen?

—Te­mos ser­vi­zos de ase­so­ra­men­to fis­cal, con­ta­ble, la­bo­ral, xu­rí­di­co, me­di­cións de fin­cas, tra­mi­ta­cións de ser­vi­zos... A ver­da­de é que axu­da­mos en to­do o que po­de­mos, den­de tra­mi­tar a bai­xa dun ani­mal, un du­pli­ca­do dun cro­ta­do, moi­tos pe­que­nos de­ta­lles do día a día di­fí­ci­les de enu­me­rar. Hai días que ata ve­ñen clien­tes a xes­tio­nar un­ha mul­ta de tráfico. A xen­te aín­da ten me­do das no­vas tec­no­lo­xías, de fa­cer trá­mi­tes no cai­xei­ro ou por In­ter­net.

—Co­me­za ago­ra a mu­ller no ru­ral a ser máis vi­si­ble con ini­cia­ti­vas co­ma a súa?

—Vái­se­nos em­pe­zan­do a ver pou­co a pou­co e gús­ta­me moi­to. O mun­do do cam­po sem­pre foi moi mas­cu­lino pe­ro en reali­da­de a mu­ller sem­pre tra­ba­llou nel. En reali­da­de, fai xor­na­da do­bre, no cam­po e lo­go den­tro da ca­sa. Creo que ago­ra as axu­das que exis­ten pa­ra a mu­ller, as no­vas xe­ra­cións e o cam­bio de men­ta­li­da­de van fa­vo­re­cen­do que elas ta­mén se­xan máis vi­si­bles. A xen­te no­va ca­da vez va­lo­ra máis a pro­fe­sión dos seus pais e o con­si­de­ran xa co­mo un me­dio de vi­da. O ru­ral xa é un­ha al­ter­na­ti­va máis pa­ra bus­car­se a vi­da. Ho­xe en día hai moi­tas opor­tu­ni­da­des e a mu­ller po­de apro­vei­ta­las. Aín­da que can­do se le­van­ta e sae da ca­sa o úni­co que to­ma é un zu­me co­rren­do, en reali­da­de Car­men Canda in­ten­ta ato­par sem­pre un oco pa­ra to­mar lo­go un ca­fé a me­dia ma­ñá. É o xei­to de co­ller ener­xías pa­ra un­has xor­na­das ma­ra­to­nia­nas nas que dar res­pos­ta aos clien­tes e axu­da­los en to­dos os trá­mi­tes son a prio­ri­da­de do día a día.

—Que pla­nes de fu­tu­ro te­ñen na em­pre­sa?

—Imos pa­si­ño a pa­si­ño. O pre­sen­te au­gú­ra­se moi op­ti­mis­ta e es­pe­ra­mos am­pliar os no­sos co­ñe­ce­men­tos. Ade­mais de ase­so­rar aos no­sos clien­tes, estamos ta­mén im­par­tin­do cur­sos pa­ra os gan­dei­ros. En te­mas fi­to­sa­ni­ta­rios, por exem­plo, so­mos un­ha en­ti­da­de ho­mo­lo­ga­da po­la Xun­ta pa­ra dar for­ma­ción. Hai que ter en con­ta que non só se tra­ta de desexar al­go, ta­mén hai que se­guir a bu­ro­cra­cia e ten os seus tem­pos. Pe­ro sen dú­bi­da a for­ma­ción é cla­ve.

—En ple­na cri­se estamos re­des­cu­brin­do o sec­tor e vol­tan­do ao ru­ral?

—Vi­viu­se moi­to tem­po do cam­po e po­de­ra­se se­guir vi­vin­do. Ani­mo á xen­te a que se in­cor­po­re a es­te mun­do e non dei­xe en es­que­ce­men­to de on­de vi­mos, so­mos un po­bo ru­ral. É igual de digno tra­ba­llar no cam­po que fa­ce­lo nun des­pa­cho de avo­ga­dos. Moi­ta xen­te es­tá vol­ven­do por­que é un­ha vi­da tran­qui­la, moi re­con­for­tan­te. Po­de que ha­xa me­nos lu­xos ou pri­vi­le­xios pe­ro a ca­li­da­de de vi­da é moi boa. Ben é cer­to que os ne­nos do ru­ral nun­ca ti­ve­ron as mes­mas opor­tu­ni­da­des pe­ro le­van un­ha vi­da máis san. Hai co­mo­di­da­des de de­ter­mi­na­dos ser­vi­zos que é di­fí­cil que se poi­dan dis­fru­tar no ru­ral, aín­da que por exem­plo en al­gun­has cou­sas In­ter­net po­de axu­dar. So­bre to­do aos ca­ti­vos, aín­da que os pais e nais do ru­ral non te­ñen su­fi­cien­te tem­po pa­ra for­mar­se en no­vas tec­no­lo­xías e ase­so­rar aos ne­nos e iso oca­sio­na que xe­re moi­to me­do, por­que xa sa­be­mos que na re­de hai moi­tas cou­sas boas pe­ro ta­mén ma­las.

—Al­gún con­se­llo pa­ra a xen­te que em­pe­za nes­te mun­do?

—Que­ro dar­lle moi­tí­si­mo áni­mo por­que é un mun­do por des­cu­brir. Te­mos moi­to que ofre­cer. In­cor­po­rar­se ao mun­do dos no­sos an­te­ce­so­res é un­ha boa op­ción por­que po­des ter un­ha boa ca­li­da­de de vi­da. É un­ha saí­da la­bo­ral co­ma ou­tra cal­que­ra.

«É igual de digno tra­ba­llar no cam­po que fa­ce­lo nun des­pa­cho de avo­ga­dos»

| ROBER AMA­DO

Car­men Canda ta­mén foi mem­bro da aso­cia­ción de mu­lle­res e fa­mi­lias de ám­bi­to ru­ral.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.