Os no­mes da te­rra

La Voz de Galicia (Barbanza) - - Opinión -

PÁ­XI­NAS SOLTAS MA­RI­NA MA­YO­RAL

Fer­mo­sa loi­ta a que es­tán a li­brar os im­pli­ca­dos no pro­xec­to To­po­ni­mia Ga­le­ga: evi­tar que os no­mes de mi­les de lu­ga­res da no­sa te­rra caian pa­ra sem­pre no es­que­ce­men­to. Eu non sa­bía que a me­ta­de das en­ti­da­des de po­boa­ción de Es­pa­ña es­tán en Ga­li­cia. Aca­bo de sa­be­lo len­do nes­te xor­nal un­ha re­por­ta­xe de Ta­ma­ra Mon­te­ro. Xa es­tán re­co­llei­tos e fi­xa­dos por es­cri­to máis de 40.000 to­pó­ni­mos que cons­ti­túen o ca­tá­lo­go de no­mes xeo­grá­fi­cos que for­man a to­po­ni­mia ofi­cial de Ga­li­cia. Pe­ro es­tán en pe­ri­go de des­apa­re­cer na­da me­nos que un mi­llón e medio, cal­cú­la­se que en­tre 45 e 50 por qui­ló­me­tro ca­dra­do: no­mes de ca­mi­ños, co­vas, ca­bos ou pe­ne­dos. E o mes­mo su­ce­de cos lu­ga­res ma­ri­ños. Eses no­mes per­vi­vi­rán men­tres vi­van os que os co­ñe­ce­ron e os oi­ron dos seus pais e dos pais dos seus pais, nun­ha ca­dea de sa­be­do­ría que se re­mon­ta ás ve­ces ata os cel­tas ou os ro­ma­nos, e que cré­bra­se con es­ta úl­ti­ma xe­ra­ción. Hai ra­zóns de uti­li­da­de pa­ra que a Xun­ta de­di­que in­te­rés e di­ñei­ro a esa ta­re­fa: lo­ca­li­zar con pre­ci­sión o lu­gar dun ac­ci­den­te ou dun in­cen­dio pa­ra po­der pres­tar au­xi­lio. E hai un­ha ra­zón máis fon­da: se per­de­mos os no­mes da no­sa te­rra, per­de­mos a no­sa iden­ti­da­de .

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.