O ve­rán que des­cu­briu o amor

Cúm­pren­se cin­cuen­ta anos da re­vo­lu­ción cul­tu­ral que o mo­ve­men­to «hippy» ini­ciou en San Fran­cis­co, na que se reivin­di­ca­ron no­vas for­mas de ex­pre­sión

La Voz de Galicia (Barbanza) - - Cultura - BORJA CA­SAL, X. F.

Hai cin­cuen­ta anos, mi­llei­ros de per­soas che­ga­ron a San Fran­cis­co bus­can­do un­ha no­va for­ma de vi­da. O ba­rrio de Haight-Ash­bury foi o es­co­lli­do pa­ra dar co­me­zo ao co­ñe­ci­do co­mo o Ve­rán do amor, no que os hip­pies —ter­mo co que a xe­ra­ción an­te­rior, os cha­ma­dos beats, no­mea­ron a es­ta co­rren­te de xen­te— ini­cia­ron un­ha ver­da­dei­ra re­vo­lu­ción cul­tu­ral. Que­rían ou­tro mun­do. Loi­ta­ban con­tra o po­der es­ta­ble­ci­do e can­ta­ban en prol do pa­ci­fis­mo, o eco­lo­xis­mo ou a li­ber­da­de se­xual.

Ne­se ve­rán de 1967 ce­le­brou­se o Fes­ti­val Pop de Mon­te­rrey, que deu co­me­zo a ese Ve­rán do Amor e que foi pre­cur­sor dou­tros fes­ti­vais pos­te­rio­res, co­mo o da illa de Wight ou o de Woods­tock. No de Mon­te­rrey dé­ron­se ci­ta mú­si­cos co­mo Ji­mi Hen­drix, Ja­nis Jo­plin ou The Who. As gui­ta­rras eléc­tri­cas e os no­vos rit­mos cru­za­ron o Atlán­ti­co, acom­pa­ñan­do a to­dos es­tes va­lo­res con­tra­cul­tu­rais que aín­da per­du­ran e que for­man par­te do mo­do de vi­da ac­tual. Dis­to dá boa con­ta a es­cri­to­ra Ma­ri­lar Alei­xan­dre, que es­tu­dou no Ma­drid dos se­sen­ta Bio­lo­xía e que asis­tiu a con­cer­tos co­mo os da illa de Wight. Pa­ra ela foi moi im­por­tan­te a mú­si­ca, que lle che­ga­ba por un pro­gra­ma de ra­dio no que o pre­sen­ta­dor, que era pi­lo­to de avión, traía dis­cos de fó­ra e que lo­go sor­tea­ba en­tre os asis­ten­tes. Ade­mais do rock, des­ta­ca a im­por­tan­cia do folk, xa que «xun­to con Hen­drix e Ja­nis Jo­plin ta­mén to­ca­ban Joan Baez ou Leo­nard Cohen. Ha­bía un­ha can­ción pro­tes­ta moi com­pro­me­ti­da». Cos seus com­pa­ñei­ros uni­ver­si­ta­rios or­ga­ni­za­ba se­sións mu­si­cais, po­ñen­do dis­cos que non ha­bía no país. «Non era uni­ca­men­te es­coi­tar mú­si­ca, se­nón que ha­bía un­ha re­fle­xión sobre que era esa mú­si­ca», afir­ma.

Li­ber­da­de se­xual

Res­pec­to á li­ber­da­de se­xual, Alei­xan­dre di que o que es­coi­ta­ban «traía un­ha men­sa­xe de sen­sua­li­da­de, que non ti­ña o an­te­rior, que era un­ha mú­si­ca máis len­ta. Fa­cía­nos con­tem­plar o desexo e mais o se­xo dun­ha for­ma moi­to máis na­tu­ral, na que se pa­sou a ver co­mo al­go nor­mal o de bi­car­se na rúa ou fa­cer o amor, se che ape­te­cía, con al­guén que co­ñe­ce­ras no mo­men­to». O mo­ve­men­to fe­mi­nis­ta e a loi­ta po­la igual­da­de das mulleres ta­mén es­ti­ve­ron moi pre­sen­tes ne­ses anos, nos que a au­to­ra si­na­la a in­fluen­cia dal­gun­has lec­tu­ras, co­mo a de Se­xual Po­li­tics —li­bro que trou­xo de Lon­dres—, de Ka­te Mi­llet. «To­do iso vai cons­ti­tuín­do un­ha cul­tu­ra dis­tin­ta á que ti vi­vi­ras. Ese am­bien­te no que con­flúe a mú­si­ca con ou­tras cou­sas, co­mo a li­te­ra­tu­ra ou o ci­ne, ser­vi­ron pa­ra ver cer­tas cou­sas co­mo al­go nor­mal». Aín­da ho­xe, os ra­pa­ces que len A ban­da sen fu­tu­ro lle din a Ma­ri­lar Alei­xan­dre que des­pois de re­ma­tar a novela sén­ten­se com­pren­di­dos, o que de­mos­tra que os re­fe­ren­tes con­tra­cul­tu­rais se­guen a ser ne­ce­sa­rios.

Sobre is­to mes­mo fa­la o mú­si­co Cé­sar Mo­rán, que re­cor­da a in­fluen­cia que na­que­les tem­pos ti­ve­ron escritores co­mo Her­man Hes­se. «Un dos li­bro de re­fe­ren­cia era O lo­bo es­te­pa­rio, pe­ro ta­mén lía­mos ou­tros co­mo A illa, de Hux­ley, ou Os va­ga­bun­dos do Dhar­ma, de Ke­rouac. A xe­ra­ción beat in­fluíu moi­to, pe­ro as súas ideas ta­mén es­ta­ban no que che­gou des­pois. Esa ac­ti­tu­de de mar­char da ca­sa, dun­ha for­ma un tan­to bohe­mia, es­tá en Ke­rouac, pe­ro ta­mén en Otis Red­ding ou mes­mo en Hen­drix».

«No mo­men­to non es moi cons­cien­te de to­do o que es­tás vi­vin­do, pe­ro o que se bus­ca­ba era o opos­to ao po­der es­ta­ble­ci­do, al­go trans­gre­sor. Ti­ña­mos que crear, e a mú­si­ca se nos pre­sen­ta­ba co­mo un­ha for­ma de ex­pre­sión», lem­bra Mo­rán. To­do is­to le­vouno a fun­dar nos anos se­ten­ta «un gru­po pro­fe­sio­nal de mú­si­ca li­bre» cha­ma­do Agra. Xun­to aos seus ir­máns, a idea era fun­cio­nar co­mo un­ha coope­ra­ti­va au­to­xes­tio­na­da de mú­si­cos. Crear con to­tal li­ber­da­de, pa­san­do do rock sin­fó­ni­co ao jazz. Pa­ra el, con­clúe, eses anos fo­ron co­mo «un ven­to im­pe­tuo­so que mo­vía un mon­tón de cou­sas, pe­ro que non sa­bía­mos moi ben co­mo».

Es­pí­ri­to co­mu­nei­ro

Den­tro de­se ven­to, ade­mais da mú­si­ca e a li­te­ra­tu­ra, ta­mén es­tá o ci­ne. Is­to é al­go que co­ñe­ce moi ben o di­rec­tor Ig­na­cio Vi­lar, que es­tu­dou na Bar­ce­lo­na dos anos se­ten­ta. «Asis­tía­mos a pro­xec­cións de to­do ti­po de ci­ne, den­de o ale­mán ata o xa­po­nés. Con 18 ou 19 anos tes a in­quie­tu­de de bus­car o mellor, e ta­mén o no­vo. O que non co­ñe­ces», di o ci­neas­ta. Un dos le­ga­dos do hippismo son as co­mu­nas, te­ma que apa­re­ce nun­ha das súas pe­lí­cu­las: Vi­la­mor. A cin­ta es­tá ins­pi­ra­da na co­mu­na de Fo­xo, na que un gru­po de xen­te de­ci­de cons­truír un­ha so­cie­da­de li­bre en ple­na di­ta­du­ra fran­quis­ta, e que aín­da se­gue exis­tin­do ho­xe. Os fi­llos e os ne­tos da­que­les co­mu­nei­ros con­ti­núan fa­cen­do o pan co­mu­nal, en­tre to­dos e de for­ma eco­ló­xi­ca.

Pre­gun­tá­ba­se Jef­fer­son Air­pla­ne no seu te­ma So­me­body to lo­ve se era ne­ce­sa­rio ter al­guén a quen amar. A súa res­pos­ta era que si. Non ha­bía que man­dar máis sol­da­dos a mo­rrer a Viet­nam. Non ha­bía que sen­tir ver­go­ña por man­ter re­la­cións con ou­tras per­soas. Tam­pou­co ha­bía que des­truír o pla­ne­ta, ata­can­do á na­tu­re­za e ao di­fe­ren­te. O ne­ce­sa­rio era amar, por­que ese era o úni­co xei­to de cons­truír un­ha no­va so­cie­da­de ba­sea­da nou­tros va­lo­res, nou­tras prio­ri­da­des e nou­tras for­mas de ex­pre­sión. En de­fi­ni­ti­va, ou­tra ma­nei­ra de ver a vi­da que, cin­cuen­ta anos des­pois, po­de que só se­xa po­si­ble bus­can­do —e ato­pan­do— al­guén a quen amar.

KEYSTONE PIC­TU­RES USA EFE

Mú­si­ca e fra­ter­ni­da­de. Fes­ti­vais co­mo o de Wight (arri­ba) ou Woods­tock, on­de to­cou Hen­drix, fo­ron fi­tos do mo­ve­men­to «hippy». Ig­na­cio Vi­lar re­tra­tou a co­mu­na de Fo­xo en «Vi­la­mor».

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.