Cohe­ren­cia

La Voz de Galicia (Barbanza) - - OPINIÓN - VA­LEN­TÍN GON­ZÁ­LEZ FOR­MO­SO Secretario Pro­vin­cial do PS­dG de A Co­ru­ña

Es­ta pa­la­bra la­ti­na, cuio sig­ni­fi­ca­do é o de «per­ma­ne­cer xun­tos», é qui­záis a que máis so­fre can­do hai un cam­bio de go­berno, pois a ten­den­cia no ám­bi­to po­lí­ti­co é a de «per­ma­ne­cer se­pa­ra­dos». Aca­ba­mos de vi­vir un cam­bio po­lí­ti­co, no que o sis­te­ma fun­cio­nou pe­se a ser a pri­mei­ra vez que oco­rría des­te mo­do; pe­ro, sen­do re­pen­tino, es­ta­mos asis­tin­do a un­ha es­pe­cie de es­per­pen­to po­lí­ti­co de hoo­li­ga­nis­mo in­sen­sa­to, ofre­ci­do á so­cie­da­de en to­dos os ám­bi­tos po­lí­ti­cos e por to­dos os par­ti­dos po­lí­ti­cos. Ve­mos es­tes días co­mo as subas nas pea­xes das au­to­pis­tas están xus­ti­fi­ca­das can­do o Mi­nis­te­rio o ocu­pa o meu par­ti­do, e as mes­mas subas son un ata­que a Ga­li­cia, se os au­to­ri­za o par­ti­do con­tra­rio, e vi­ce­ver­sa. Ve­mos co­mo o AVE vai a bó rit­mo e as da­tas de im­plan­ta­ción en Ga­li­cia son as co­rrec­tas, se quen o pro­mo­ve é un co­rre­li­xio­na­rio meu, e tór­na­se a mes­ma da­ta co­mo un­ha amea­za pa­ra o desen­vol­ve­men­to do país se quen vi­si­ta as obras le­va un car­né dis­tin­to, e vi­ce­ver­sa; ve­mos coma os res­ca­tes-con­doa­cións de dé­be­das de en­ti­da­des au­tó­no­mas pú­bli­cas eran re­cla­ma­cións im­po­si­bles ás que non ha­bía lu­gar co Es­ta­do, e ago­ra co cam­bio de go­berno e si­glas xa é un­ha prio­ri­da­de, e vi­ce­ver­sa.

Son tem­pos nos que a im­pe­rio­sa ne­ce­si­da­de de co­rrec­ción dun­ha cur­va pe­ri­go­sa nun­ha es­tra­da, pa­sa ago­ra a ser ob­xe­to dun es­tu­dio fu­tu­ro, non por­que non ma­te­ña o seu pe­ri­go, se­nón por­que ago­ra go­ber­nan os meus, e vi­ce­ver­sa; son tem­pos on­de as subas­tas de MW pa­ra que Al­coa, Me­ga­sa e ou­tras so­bre­vi­van é a úni­ca so­lu­ción, por­que go­ber­nan os meus, e a mes­ma so­lu­ción tres me­ses des­pois é in­su­fi­cien­te por­que go­ber­nan ou­tros; ou, co­mo na se­de da so­be­ra­nía do po­bo ga­le­go, se con­si­de­ra ne­ce­sa­ria un­ha co­mi­sión de in­ves­ti­ga­ción so­bre o Ma­ris­qui­ño, pe­ro non so­bre o ac­ci­den­te fe­rro­via­rio do Al­via, e vi­ce­ver­sa. Men­ti­ría, se co­mo so­cia­lis­ta que son den­de que te­ño uso de ra­zón, ne­ga­ra que pre­fi­ro que se­xa o go­berno so­cia­lis­ta o por­ta­dor de boas no­vas e que se re­ser­ven os erros pa­ra o con­tra­rio, pe­ro na súa xus­ta me­di­da, pois te­ño cla­ro que por ri­ba de si­glas es­tá a xen­te, o no­so país, o que lle dei­xa­mos aos no­sos fi­llos, po­lo que nes­ta com­pe­ti­ción de­mo­crá­ti­ca, se erra­mos, per­de­mos to­dos, e se acer­ta­mos, ga­ña­mos to­dos. É un­ha pé­si­ma in­ver­sión so­cial que as xe­ra­cións que se in­cor­po­ran poi­dan che­gar a en­ten­der a po­lí­ti­ca coma un xo­go en­tre hoo­li­gans, on­de a al­tu­ra de mi­ras e o in­te­rés xe­ral non se­xa mais que un es­pe­xis­mo.

A cohe­ren­cia é ad­mi­tir que o que era bó pa­ra Ga­li­cia hai dous me­ses, se­gue a se­lo, e vi­ce­ver­sa.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.