«Tan­xen­cias», o te­sou­ro de Fa­cal e Rivas

«Es­te é un deses li­bros que non exis­ten», di o escritor. Así re­cor­dan os dous a obra

La Voz de Galicia (Carballo) - Carballo local - - BERGANTIÑOS-SONEIRA-FISTERRA - PA­TRI­CIA BLAN­CO

«Pa­ra min foi co­mo se sal­ta­se un pei­xe, un pei­xe mí­ti­co. De re­pen­te alí es­ta­ba, vi­vo. ¡Un pei­xe no me­dio da Pra­za dos Li­bros!». O escritor Ma­nuel Rivas des­cri­be así o xei­to no que se re­en­con­trou hai uns días, en Car­ba­llo, con Tan­xen­cias, un­ha obra de ar­te —poe­sía de Rivas e gra­va­dos do ar­tis­ta car­ba­llés máis in­ter­na­cio­nal, Ma­nuel Fa­cal— que cha­mou a aten­ción de moi­tos no posto da Li­bre­ría Bra­ñas. Tan­xen­cias é un­ha obra do 2005, mais pa­ra o escritor, é un­ha obra «que xa per­ten­ce ao sécu­lo pa­sa­do», dese ti­po de li­bros «que pa­ra min que­da­ron fó­ra do tem­po». To­ca­ba, pois, bo­tar a an­dar a me­mo­ria, re­me­xer na his­to­ria dun deses li­bros «que non exis­ten». Lo­go da­rá el con­ta de por que.

Tan­xen­cias, co­mo ex­pli­ca­ba on­te o pro­pio Ma­nuel Fa­cal, foi un­ha ini­cia­ti­va súa, ao xei­to de ou­tras que ta­mén tiña fei­to con Xa­bier Seoa­ne ou con Ce­sá­reo Sán­chez Igle­sias, por exem­plo. Co­la­bo­ra­cións con poe­tas, un diá­lo­go gra­va­do-li­te­ra­tu­ra, que pri­mei­ro co­me­zou sen­do con es­cri­to­res ga­le­gos e lo­go deu ta­mén o sal­to ao ni­vel na­cio­nal. Fa­cal ten com­par­ti­do o seu tra­ba­llo con Gil de Bied­ma ou con Gim­fe­rrer: «O que fi­xen con Gim­fe­rrer es­tá no Mu­seo de Ar­te Mo­derno de Nue­va York». Vé­ñen­lle á men­te obras súas ta­mén des­te es­ti­lo, co­mo Al­ba de Glo­ria, co dis­cur­so de Cas­te­lao; O ou­tro, con Mén­dez Fe­rrín; ou co­mo Por­ta a Com­pos­te­la, man a man con No­vo­ney­ra, Pu­ra Váz­quez, Luz Po­zo, Ma­nuel Ma­ría, Ber­nar­dino Gra­ña, Gar­cía Bo­da­ño ou Mén­dez Fe­rrín [es­te, por exem­plo, po­de ver­se na Bra­ñas]. Re­me­mo­ra co li­brei­ro Mon­cho Ta­sen­de a en­tu­sias­tas da ar­te co­mo foi o edi­tor Car­los Díaz.

«Ho­xe en día se­ría di­fí­cil fa­cer es­te ti­po de cou­sas», con­ta Ma­nuel Rivas. Mon­cho Ta- sen­de mes­mo sa­be de fei­ras li­te­ra­rias no que se te­ñen ven­di­do exem­pla­res de Al­ba de Glo­ria por 325.000 pe­se­tas. Ne­se mes­mo sen­so, Tan­xen­cias é un­ha obra de co­lec­cio­nis­ta, un­ha obra de ar­te. Dos 70 exem­pla­res edi­ta­dos —son edi­cións nu­me­ra­das— xa non que­da nin­gún, po­lo que só que­da re­co­rrer aos que gar­da Fa­cal, que que­dou con dous. «O que es­tá aquí non es­tá pu­bli­ca­do en nin­gún ou­tro for­ma­to», dá con­ta Ta­sen­de pa­ra fa­lar do ca­rác­ter úni­co dun­ha obra que, ma­lia no ser co­mer­cial, xa é ho­xe re­li­quia de ar­te e aín­da o se­rá máis nun fu­tu­ro.

Os gra­va­dos, «cen­tro ra­di­cal»

Rivas lem­bra que coin­ci­di­ra con Fa­cal en va­rias ac­ti­vi­da­des. O gra­va­dor ti­ve­ra co­la­bo­ra­do con Lu­ces de Ga­li­za na súa pri­mei­ra eta­pa con tra­ba­llos ma­ra­bi­llo­sos do que o escritor lem­bra es­pe­cial­men­te un, so­bre a von­ta­de de es­ti­lo po­pu­lar en me­das e pa­llei­ros. Por iso, can­do ho­xe pen­sa en Fa­cal, evo­ca pai­sa­xes de ou­tono, maín­zos. «Fa­cal ten un­ha ca­pa­ci­da­de ar­tís­ti­ca e téc­ni­ca moi so­fis­ti­ca­da, pe­ro sem­pre vol­ve a esa co­ne­xión tan te­lú­ri­ca que a min me re­mi­te a un es­pa­zo psi­co­xeo­grá­fi­co do mun­do de Ber­gan­ti­ños e So­nei­ra». Ci­ta a Pa­muk e ao seu con­cep­to de ‘cen­tro ra­di­cal’ —aqui­lo que la­te­xa na obra, aín­da que a ve­ces se­xa o máis in­vi­si­ble— pa­ra dei­xar cla­ro que, en Tan­xen­cias, «o cen­tro ra­di­cal é a obra de Fa­cal».

Es­ta obra de ar­te, ao igual que Por­ta a Com­pos­te­la, des­can­sa po­lo de ago­ra na li­bra­ría Bra­ñas. Pa­san­do as súas gran­des lá­mi­nas un po­de dei­xar­se im­pre­sio­nar po­las co­res e as for­mas do gra­va­dor. Bo­ta­dos á ca­rrei­ra, bo­ta­dos á nos­tal­xia, os no­sos ollos pro­xec­ta­dos no in­fi­ni­to, co­mo un so­ño ou an­seio..., es­cri­biu­lle Ma­nuel Rivas.

«Fa­cal ten un­ha ca­pa­ci­da­de ar­tís­ti­ca e téc­ni­ca moi so­fis­ti­ca­da, pe­ro sem­pre vol­ve a esa co­ne­xión te­lú­ri­ca» Ma­nuel Rivas Escritor

BASILIO BE­LLO

O ‘li­bro-ca­dro’ «Tan­xen­cias» que res­ta des­can­sa por ago­ra na li­bra­ría Bra­ñas Verdes car­ba­lle­sa.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.