«A si­tua­ción do fút­bol praia en Es­pa­ña é bas­tan­te peor que a de Chi­na»

«O país es­tá pa­san­do por un­ha épo­ca di­fí­cil a pe­sa­res de con­tar con xo­ga­do­res bos e con moi­ta xen­te no­va »

La Voz de Galicia (Carballo) - Carballo local - - BERGANTIÑOS-SONEIRA-FISTERRA DEPORTES - SHEYLA BER­MÚ­DEZ, X.A.

Con­si­de­ra­do un dos me­llo­res xo­ga­do­res de fút­bol praia do mun­do, Ra­mi­ro Fi­guei­ras Ama­re­lle (Pon­te­ce­so, 1977), se­rá es­te ano o se­lec­cio­na­dor de Chi­na nes­ta mo­da­li­da­de.

—¿Co­mo de­ci­diu em­bar­car­se nes­te no­vo pro­xec­to?

—Des­pois de 20 anos xo­gan­do ao fút­bol po­lo mun­do adian­te e de es­tar cin­co co­mo ades­tra­dor do Bar­ce­lo­na, pa­re­ceu­me un­ha boa op­ción pa­ra con­ti­nuar coa mi­ña ca­rrei­ra.

—¿Co­lleuno por sor­pre­sa?

—Non. Le­vo tem­po re­ci­bin­do di­fe­ren­tes pro­pos­tas e non tiña pen­sa­do co­ller nin­gun­ha. Gús­ta­me que as cou­sas nas que me in­vo­lu­cro se­xan pro­xec­tos in­tere­san­tes. Es­tes le­van va­rios anos in­ten­tan­do con­ven­cer­me e ago­ra pa­ré­ce­me un bo mo­men­to pa­ra acep­ta­lo por­que as condicións son boas e te­ño moi­tas ga­nas.

—¿Con que sen­sa­cións vai?

—Vou pa­ra alí con moi­tas ga­nas de tra­ba­llar e con ilu­sión por ver que nos ato­pa­mos. Os pro­ce­sos non son fá­ci­les por­que cul­tu­ral­men­te so­mos moi di­fe­ren­tes e ese pro­ce­so de adap­ta­ción xa vai ser du­ro. Un cam­bio moi im­por­tan­te que su­pón pa­ra min a súa cul­tu­ra e pa­ra eles to­do o que poi­da pro­po­ñer­lles eu. Es­tou se­gu­ro de que hai di­fe­ren­zas subs­tan­ciais na ma­nei­ra de en­ten­der to­do. O pro­ce­so de ades­tra­men­to e o de­por­te. Vai le­var moi­to tem­po e imos ver co­mo nos adap­ta­mos os uns aos ou­tros.

—¿Ca­les son os ob­xec­ti­vos?

—Desen­vol­ver a mo­da­li­da­de den­tro do país e in­ten­tar me­llo­rar o ni­vel do de­por­te alí e po­lo tan­to o da se­lec­ción.

—¿Vai pa­ra lar­go o pro­xec­to ou é cou­sa des­te ano?

—Non sei. O pro­xec­to é a lon­go pra­zo, po­lo me­nos a in­ten­ción de­les. De mo­men­to már­co­me un pra­zo cor­to pa­ra ver co­mo arran­can as cou­sas, co­mo fun­cio­nan e lo­go va­lo­ra­rei a si­tua­ción. Sem­pre es­ta­mos a tem­po de me­llo­rar. Pri­mei­ro, co­ñe­ce­los un pou­co pa­ra ver co­mo fun­cio­nan e ver se po­den desen­vol­ver to­das as ideas que te­ño en men­te e se se po­den fa­cer pois fe­no­me­nal e, se­nón, te­rei que dei­xa­los que si­gan tra­ba­llan­do.

—¿Cal é a si­tua­ción do fút­bol praia en Es­pa­ña?

—Bas­tan­te peor que a de Chi­na. O te­ma da Fe­de­ra­ción é un las­tre im­por­tan­te e de mo­men­to é o que hai. En Ga­li­cia, en Es­pa­ña, o de­por­te es­tá un pou­co pa­ra­li­za­do. A ver­da­de é que aín­da que exis­te un pre­su­pos­to dun mi­llón de eu­ros non ve­xo que se re­flic­ta no desen­vol­ve­men­to do de­por­te den­tro do país. De­be­ría es­tar moi­to me­llor do que es­tá. É un­ha pe­na, pe­ro, co­mo moi­tas cou­sas na vi­da, pa­ra que a xen­te se dea con­ta das cou­sas te­ñen que pa­sar cou­sas ma­las. O país es­ta pa­san­do por un­ha épo­ca di­fí­cil a pe­sa­res de con­tar con xo­ga­do­res bos e con moi­ta xen­te no­va que es­ta prac­ti­can­do o de­por­te.

Ra­mi­ro Fi­guei­ras es el nue­vo se­lec­cio­na­dor de Chi­na.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.