Boas pa­ta­cas

La Voz de Galicia (Carballo) - Carballo local - - LA VOZ DE CARBALLO - Vi­cen­te de Le­ma

En tem­pos con­vul­sos hai mer­ma de de­rei­tos. Iso non ca­be dú­bi­da. Nos úl­ti­mos tem­pos pa­re­ce que a to­do o mun­do se lle dá por dar­lle de­ma­sia­das vol­tas ás cou­sas e can­do as pou­sa xa non es­tán do de­rei­to. E non é por Co­ris­tan­co, on­de ta­mén hou­bo xor­na­das con­vul­sas. Dun­ha se­ma­na pa­ra ou­tra, vi­ra­ron a ti­xo­la e cam­bia­ron de al­cal­de co­ma se na­da. Cla­ro que a fri­tu­ra pa­re­ce que se vi­ña co­ci­ñan­do den­de ha­bía al­gún tem­po. O ca­so é que a ale­gría vol­veu ao Con­ce­llo e on­de ata o de ago­ra non mo­vía un eu­ro sen fir­ma ad­mi­nis­tra­ti­va, ago­ra a má­qui­na pa­re­ce en­gra­xa­da e to­do vol­veu ao de an­tes. A bi­lla bo­ta de no­vo. Ve­ña le­di­cia. E es­ta fin de se­ma­na vai­na ha­ber, co­ma sem­pre coa Festa da Pa­ta­ca. A boa co­llei­ta ben­di­ce a ce­le­bra­ción, á que ben se­gu­ro vai acu­dir moi­ta xen­te da lo­ca­li­da­de e mais de fó­ra, to­dos alleos ás lior­tas mu­ni­ci­pais. A pa­ta­ca é un dos me­llo­res com­pan­gos que se po­dan le­var a un pra­to. Re­cen­te­men­te, pui­den ver nun­ha lei­ra de Lan­cas­ter (Pen­sil­va­nia-USA) co­mo mem­bros dun­ha co­mu­ni­da­de Amish re­co­llían es­te tu­bércu­lo co­mo fa­cia­mos hai xa uns cuan­tos de­ce­nios no no­so ru­ral: con ara­dos ti­ra­dos por un­ha bes­ta e con ces­tos na man. Éra­che un la­bor ben fa­ti­go­so, an­dar co re­lo do­bra­do to­do o día. Un aca­ba­ba a xor­na­da to­do cheo de po. Ago­ra nas lei­ras de Co­ris­tan­co ven­se en­xe­ños me­cá­ni­cos re­co­llen­do o pro­du­to, se ben hai xen­te que aín­da uti­li­za mé­to­dos tra­di­cio­nais. Nes­te ca­so son la­bra­do­res de fin de se­ma­na pa­ra o au­to­con­su­mo. En fin, a pa­ta­ca mar­cou pa­ra ben des­de sécu­los a ali­men­ta­ción da no­sa te­rra. O bo é que, a pe­sar dos tem­pos con­vul­sos, fó­ra e den­tro de Co­ris­tan­co, a Festa da Pa­ta­ca se­gue con vi­gor.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.