El his­tó­ri­co di­rec­tor del co­le­gio Ma­nue­la Rial de Cee se ju­bi­la tras cua­tro de­ce­nios de do­cen­cia

A mú­si­ca e a súa fa­mi­lia van ocu­par ago­ra o tem­po do mes­tre que non ten pen­sa­do un­ha vol­ta á ac­ti­vi­da­de po­lí­ti­ca

La Voz de Galicia (Carballo) - Carballo local - - PORTADA - J. V. LADO

Isi­dro Caa­ma­ño Trillo (A Amei­xen­da, 1952) aca­ba de pór fin a 40 anos de tra­ba­llo con­ti­nuo no co­le­xio Ma­nue­la Rial Mouzo de Cee, ao que lle de­di­cou gran par­te da súa vi­da pro­fe­sio­nal e ao que vai se­guir li­ga­do para o que pre­ci­sen aín­da que ago­ra con­ta con ter máis tem­po para a mú­si­ca, a súa ou­tra gran pai­xón. O que des­car­ta é vol­ver a par­ti­ci­par na po­lí­ti­ca.

—¿Como foi a súa che­ga­da ao Ma­nue­la Rial?

—Co­me­cei como pro­fe­sor o 1 de se­tem­bro do 1977. Xa uns meses an­tes em­pe­za­ra co co­ro no co­le­xio, co que par­ti­ci­pa­mos en va­rios ac­tos e mes­mo aca­da­mos al­gúns pre­mios. Foi por un­ha subs­ti­tu­ción e ao cur­so se­guin­te ha­bía dúas pra­zas, pre­sen­tá­mo­nos 21 e que­da­mos Pe­pi­ta, que des­pois foi di­rec­to­ra en Dum­bría e máis eu. Da­ba cla­se en pri­mei­ro de EXB e des­pois xa sem­pre in­glés en sex­to, sé­ti­mo e oc­ta­vo. Fo­ron 13 anos de mes­tre e ou­tros 27 como mes­tre e di­rec­tor.

—¿Que lo­gros aca­dou o cen­tro du­ran­te es­te tem­po?

—Hou­bo moi­tas cou­sas, pe­ro qui­zais un dos prin­ci­pais foi a ESO no ano 2.000 por­que mes­mo hou­bo que re­for­mar ins­ta­la­cións para adap­ta­las e foi can­do se fi­xo o pa­vi­llón cu­ber­to. Des­pois ven a LOE a LOM­CE e den­de o 2010 —da­que­la fo­mos os pri­mei­ros da co- marca— so­mos cen­tro plu­ri­lin­güe, ago­ra ta­mén en in­fan­til. Mes­mo an­tes di­so xa fo­mos pio­nei­ros en idio­mas. Da­mos en in­glés un ter­zo das ho­ras en tres e ca­tro anos e pre­pa­ra­mos aos alum­nos para a ob­ten­ción do First de Cam­brid­ge. No ei­do cul­tu­ral e de­por­ti­vo po­de­ria­mos des­ta­car moi­tas cou­sas, como os éxi­tos co voleibol, o xa­drez...

—¿Creou­se co­mu­ni­da­de na con­tor­na do cen­tro edu­ca­ti­vo?

—Os an­ti­gos es­tu­dan­tes traen ago­ra aos seus fi­llos, a maio­ría dos mes­tres son ta­mén exa­lum­nos... Como anécdota, eu ti­ven a un que xa era li­cen­cia­do en de­rei­to e du­ran­te moi­to tem­po vi­ña todos os sábados e os domingos a que lle en­si­na­se in­glés. É un­ha fa­mi­lia, pa­san no co­le­xio den­de os tres aos 16 anos e créan­se uns va­lo­res de per­ten­za. Nos ac­tos do 40 aniver­sa­rio ha­bía más de 700 an­ti­gos alum­nos.

—Im­pli­ca­ba un­ha gran res­pon­sa­bi­li­da­de todo iso.

—Si e non, por­que fo­ron moi­tas ho­ras de tra­ba­llo, pe­ro sem­pre ti­ven o res­pec­to e o apoio de todos. Por iso lle es­tou moi agra­de­ci­do a Mar­ce­lo Cas­tro-Rial Ca­no­sa, en paz descanse, aos seus fi­llos, a to­da a fa­mi­lia, aos ins­pec­to­res e al­cal­des cos que tra­tei, á Con­se­lle­ría de Edu­ca­ción, a todo o per­soal docente e non docente do co­le­xio e, por su­pos­to, á mi­ña mu­ller —te­ño un­ha san­ta— e aos meus fi­llos. E que non hai maior or­gu­llo para un­ha per­soa que a con­fian­za que de­po­si­ta­ron en min du­ran­te todo es­te tem­po. Eu tra­tei de le­var a bo porto o bar­co que me en­co­men­da­ron e ago­ra que­da en boas mans con Je­sús Sán­chez, Lorena Ma­cei­ras e Ge­ma Fer­nán­dez ao fron­te, que, por su­pos­to, van ter a mi­ña axu­da para o que pre­ci­sen.

—Vos­te­de que co­ñe­ceu a tan­tos, ¿é cer­to o que tan­to se fa­la de que os ne­nos son ago­ra máis mal­edu­ca­dos ca an­tes?

—Os ne­nos son ne­nos, os de ago­ra e os de an­tes. O que hai é que dar­lles res­pon­sa­bi­li­da­des e non se po­de es­tar cam­bian­do o mo­de­lo edu­ca­ti­vo ca­da ca­tro anos. Os par­ti­dos de­be­rían sen­tar­se e che­gar a un con­sen­so, por­que son es­can­da­lo­sos os re­sul­ta­dos que ob­te­mos en PI­SA e pen­so que te­ñen que ver con es­tes cam­bios cons­tan­tes. Con todo, es­tou con­ten­to coas re­for­mas que se es­tán fa­cen­do en Ga­li­cia, pa­ré­ce­me que van fun­cio­nan­do ben e con in­ver­sión.

JORGE PARRI

Isi­dro Caa­ma­ño for­mou par­te do co­le­xio Ma­nue­la Rial du­ran­te 40 anos, é mú­si­co e foi po­lí­ti­co.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.