El je­fe de la Po­li­cía lo­cal de Car­ba­llo, Ro­ber­to Mos­que­ra, di­ce que no tie­ne ape­go al car­go

«Pen­so que na CIG non en­cai­xa­ron ben o no­mea­men­to, qui­zais por­que per­ten­zo ao CSIF, o sindicato maio­ri­ta­rio»

La Voz de Galicia (Carballo) - Carballo local - - PORTADA - TO­NI LON­GUEI­RA

Ro­ber­to Mos­que­ra Mar­tí­nez (Uxes-Ar­tei­xo, 1958) ini­ciou a súa fa­ce­ta pro­fe­sio­nal na fá­bri­ca de Es­tre­lla Ga­li­cia an­tes de in­cor­po­ra­se a la ban­ca. En maio de 1982 in­cor­po­rou­se á Po­li­cía Lo­cal de Car­ba­llo. Le­va 17 anos de ofi­cial e ca­tro de­les co­mo xe­fe de posto. Mos­que­ra apro­vei­ta a oca­sión pa­ra bo­tar un­ha olla­da ca­ra atrás e, so­bre to­do, pa­ra acla­rar to­do o acon­te­ci­do nes­tas úl­ti­mas se­ma­nas coa súa pra­za de res­pon­sa­ble do ser­vi­zo.

—¿Que ba­lan­ce fai des­tes 35 anos?

—Pa­ra min foi, e é, un or­gu­llo tra­ba­llar ao ser­vi­zo do Con­ce­llo de Car­ba­llo, al­go que sem­pre fi­xen con ho­nes­ti­da­de e pro­fe­sio­na­li­da­de. In­ten­to fa­cer o meu tra­ba llo o me­llor que po­do e sei. Du­ran­te es­tes 35 anos hou­bo mo­men­tos me­llo­res e peo­res, pe­ro qué­do­me co bo. O cam­bio nes­te tem­po foi im­por­tan­te. Pa­sa­mos do con­cep­to de gar­da mu­ni­ci­pal, que es­ta­ba­mos nos cru­ces, re­gu­lan­do o trá­fi­co, a un­ha po­li­cía in­te­gral cun sin­fín de com­pe­ten­cias. Fo­mos evo­lu­cio­na­do, acor­de aos tem­pos, á si­tua­ción e so­cie­da­de na que vi­vi­mos.

—¿Que va­lo­ra­ción fai co­mo res­pon­sa­ble da xe­fa­tu­ra nes­tes ca­tro anos?

—Fo­ron ca­tro anos in­ten­sos, de moi­to tra­ba­llo, dun­ha gran­de res­pon­sa­bi­li­da­de e de­di­ca­ción. Prac­ti­ca­men­te as 24 ho­ras do día exer­cen­do na Po­li­cía Lo­cal, nun Con­ce­llo coas sin­gu­la­ri­da­des de Car­ba­llo, on­de a po­boa­ción e a ac­ti­vi­da­de dia­ria é moi im­por­tan­te. In­ten­to que to­do fun­cio­ne o me­llor po­si­ble. Con­si­de­ro que fo­ron ca­tro anos po­si­ti­vos. To­do é sus­cep­ti­ble de me­llo­ra e co­mo res­pon­sa­ble da Po­li­cía Lo­cal de Car­ba­llo de­bo ser máis am­bi­cio­so no ser­vi­zo que prestamos aos ci­da­dáns, me­llo­ran­do, se ca­be, as in­ter­ven­cións, evi­tan­do ter erros e in­ten­tan­do me­llo­rar sem­pre o tra­to cos ve­ci­ños, ser máis pró­xi­mos. Na­tu­ral­men­te, to­do is­to non se­ría po­si­ble sen a axu­da dos meus com­pa­ñei­ros da Po­li­cía Lo­cal.

—En xa­nei­ro co­me­za­ron cos test de de­tec­ción de dro­gas. ¿Que ba­lan­ce fai?

—Lem­bro que en 1987 co­me­za­mos cos test de al­coho­le­mia. E des­de prin­ci­pios des­te ano em­pre­ga­mos o dro­go­test. Es­tá a ser al­go moi po­si­ti­vo. Hai que dei­xar cla­ro que non se fai con afán de re­ca­da­ción. Bús­ca­se con­cien­ciar á xen­te de que non se po­de con­su­mir al­cohol e to­mar dro­gas se se vai co­ller o coche. Le­va­ba­mos uns dous anos in­ten­ta­do in­cor­po­rar o dro­go­test por­que de­tec­ta­mos si­tua­cións de ris­co nos que os con­du­to­res po­de­rían ir bai­xo os efec­tos das dro­gas e ha­bía que erra­di­ca­lo.

—¿Co­mo le­vou, e le­va, to­do o que acon­te­ceu na mor­te do com­pa­ñei­ro Jo­sé Luis Ga­rea Va­les?

—Ima­xí­ne­se. Foi un gol­pe moi du­ro pa­ra to­dos os com­pa­ñei­ros. No que a min res­pec­ta, o su­frín e o su­fro moi­tí­si­mo, por­que non era só un com­pa­ñei­ro, era un bo ami­go. Ga­rea foi un gran pro­fe­sio­nal, un­ha per­soa moi pró­xi­ma, moi po­si­ti­va. Sem­pre es­ta­ba de bo hu­mor. No­to moi­to a súa fal­ta por­que era moi con­ci­lia­dor, ade­mais de axu­dar­me moi­to no as­pec­to pro­fe­sio­nal.

—¿Tal vez o peor mo­men­to na súa carreira?

—Un dos peo­res, si. Lem­bro can­do me avi­sa­ron de ma­dru­ga­da do atro­pe­lo do com­pa­ñei­ro nas La­bra­das. Can­do che­guei ao cen­tro mé­di­co e me co­mu­ni­ca­ron a súa mor­te. Fo­ron mo­men­tos real­men­te du­ros, dun­ha te­rri­ble an­gus­tia, ca­se in­des­cri­ti­ble. Non que­ro es­que­cer­me tam­pou­co do ca­bo Ra­món Váz­quez [Mon­cho Ra­yano], e do axen­te Joa­quín de las Heras Me­di­na, po­li­cías cos que man­ti­ña una boa ami­za­de ade­mais dun pro­fun­do res­pec­to po­lo seu la­bor.

—¿E o me­llor mo­men­to na Po­li­cía Lo­cal?

—¿O me­llor? Non te­ño nin­gún en con­cre­to. En tan­tos anos de ser­vi­zo, to­das aque­las ac­tua­cións que ser­vi­ron pa­ra fa­ci­li­tar ou me­llo­rar a con­vi­ven­cia do ci­da­dáns. Sen dú­bi­da, sa­les do tra­ba­llo sa­tis­fei­to.

—Ade­mais de man­ter boas re­la­cións coa Gar­da Ci­vil en ma­te­ria de coor­di­na­ción da se­gu­ri­da­de, nos úl­ti­mos tem­pos im­pul­sou­se den­de o seu de­par­ta­men­to un plan de tra­ba­llo con­xun­to coa agru­pa­ción de Trá­fi­co.

—Sem­pre hou­bo un­ha boa re­la­ción e coor­di­na­ción cos axen­tes e res­pon­sa­bles da quinta com­pa­ñía e coa Gar­da Ci­vil de Trá­fi­co da Co­ru­ña. Pe­ro se ca­be, ul­ti­ma­men­te, esa coor­di­na­ción ve­se moi­to máis re­for­za­da. En es­pe­cial des­de que asu­miu o ca­pi­tán Pa­blo Lo­ren­zo For­mi­go, o car­go de xe­fe do sub­sec­tor, un la­bor que des­de aquí agra­dé­zo­lle.

—¿Co­mo le­vou to­do o re­la­cio­na­do coa re­cla­ma­ción da CIG, o fa­llo xu­di­cial e o apoio do al­cal­de, Even­cio Fe­rre­ro?

—Es­te te­ma é ne­ce­sa­rio ex­pli­ca­lo ben, so­bre to­do por­que se pre­ten­deu en­ga­nar á opi­nión pú­bli­ca. Can­do se xu­bi­lou, a fi­nais de agos­to de 2013, o an­te­rior xe­fe, Cons­tan­tino Váz­quez Vi­lar, no ám­bi­to es­tri­ta­men­te la­bo­ral ato­pá­mo­nos nun mo­men­to on­de, cos re­cor­tes que apli­ca­ba o Real De­cre­to-Ley 20/2012 aín­da en vi­gor, exis­tía cer­ta com­ple­xi­da­de á ho­ra de pro­ver as pra­zas, o que se co­ñe­ce co­mo a ta­xa de re­po­si­ción. Den­de o Con­ce­llo, o al­cal­de, Even­cio Fe­rre­ro, pro­pú­xo­me que, men­tres, se bus­ca­ba a for­ma xu­rí­di­ca e le­gal de cu­brir a pra­za de ins­pec­tor eu asu­mi­ra o car­go. Se­gu­ra­men­te va­lo­ran­do a mi­ña ex­pe­rien­cia e os anos que le­vo co­mo ofi­cial na Po­li­cía Lo­cal, e ten­do en con­ta que o ou­tro ofi­cial que po­de­ría ser no­mea­do, re­nun­ciou á pra­za. Esa é a úni­ca reali­da­de. Pen­so que na CIG non en­cai­xa­ron ben es­te no­mea­men­to e iso que con­sen­ten es­ta si­tua­ción nou­tros con­ce­llos. Qui­zais dé­ba­se a que eu per­ten­zo ao CSIF que, por ri­ba, é o sindicato maio­ri­ta­rio nes­te Con­ce­llo, al­go que, lo­xi­ca­men­te, non é in­com­pa­ti­ble con asu­mir a xe­fa­tu­ra. Su­po­ño que a aper­tu­ra dun ex­pe­dien­te dis­ci­pli­na­rio a un tra­ba­lla­dor ta­mén axu­dou a fa­lar de min e da al­cal­día. Non hai que es­que­cer que o que se pre­ten­deu por par­te do al­cal­de foi so­lu­cio­nar un pro­ble­ma, cu­brir una pra­za de ma­nei­ra pro­vi­sio­nal pa­ra dar­lle me­llor ser­vi­zo aos car­ba­lle­ses. Pe­ro tam­pou­co pa­sa na­da, eu non lle te­ño ape­go á ca­dei­ra. Non se es­que­za de que a pra­za sai­rá a con­cur­so en bre­ve. E ao al­cal­de, só te­ño que dar­lle ás gra­zas po­lo seu apoio, o que de­mos­tra que non lle im­por­tan as afi­lia­cións dos seus tra­ba­lla­do­res.

«O dro­go­test pu­xé­mo­lo en mar­cha por­que de­tec­ta­mos si­tua­cións de ris­co» «A mor­te por atro­pe­lo de Jo­sé Luis Ga­rea foi un gol­pe pa­ra to­dos os com­pa­ñei­ros» «O cam­bio foi im­por­tan­te, pa­sa­mos de gar­das mu­ni­ci­pais a ob­ter moi­tas com­pe­ten­cias»

BA­SI­LIO BE­LLO

Ro­ber­to Mos­que­ra é xe­fe da Po­li­cía Lo­cal de Car­ba­llo den­de se­tem­bro de 2013.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.