Te­rra, lin­gua e poe­sía no cen­te­na­rio da mor­te de Pon­dal

La Voz de Galicia (Carballo) - Carballo local - - BERGANTIÑOS-SONEIRA-FISTERRA - P. B. M.

Nes­te ano de cen­te­na­rio da mor­te de Eduar­do Pon­dal van xa ca­mi­ño de cum­prir­se os cen ac­tos de con­me­mo­ra­ción aos que den­de a fun­da­ción que le­va o seu no­me que­rían che­gar. O sá­ba­do le­vou­se a ca­bo un de­les, un pe­ri­plo en bus po­lo te­rri­to­rio pon­da­liano e or­ga­ni­za­da den­tro o Cen­tro Au­to­nó­mi­co de For­ma­ción e In­no­va­ción (Ca­fi). Nel to­ma­ron par­te uns 60 do­cen­tes de to­da Ga­li­cia. No gru­po, en­tre ou­tros, es­ta­ban o poe­ta Mi­ro Vi­llar e ta­mén Ma­nuel Fe­rrei­ro, o maior ex­per­to no bar­do. Fi­xo un bo día, con­tou es­te úl­ti­mo, pa­ra le­var a ca­bo un «per­co­rri­do á in­ver­sa», den­de A Co­ru­ña, on­de o es­cri­tor pon­te­ce­sán mo­rreu, ata Pon­te­ce­so, on­de na­ceu. En ca­da un­ha das pa­ra­das lé­ron­se tex­tos e poe­mas, usan­do co­mo ba­se Es­ta é a te­rra dos ei­dos ami­gos, an- to­lo­xía xeo­grá­fi­ca pu­bli­ca­da po­la Depu­tación e da au­to­ría do pro­pio Fe­rrei­ro. Os asis­ten­tes, ben in­tere­sa­dos, ini­cia­ron a ruta na Co­ru­ña, pa­san­do po­lo bus­to do bar­do, o ce­mi­te­rio de San Ama­ro, a pen­sión La Lu­gue­sa —on­de fa­le­ceu— ou a Co­va Cél­ti­ca. Se­gui­ron lo­go ca­ra Mei­cen­de (Ar­tei­xo), pa­ran­do na Pas­to­ri­za, e pa­sa­rían des­pois por Ba­rra­ñán, lu­gar ao que hai moi­tas alu­sións na obra do poe­ta. Bal­daio foi a pri­mei­ra pa­ra­da na Cos­ta da Mor­te, an­tes do xan­tar en Car­ba­llo.

BA­SI­LIO BE­LLO

Par­te dos par­ti­ci­pan­tes na ruta po­lo te­rri­to­rio pon­da­liano, du­ran­te a pa­ra­da no dol­men de Dom­ba­te.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.