O ga­le­go non man­da na mor­te

O sa­cer­do­te Ma­nuel Cas­ti­ñei­ra, de Nan­de-La­xe, foi dos pri­mei­ros da bis­ba­rra en eli­xir a lin­gua pro­pia ao so­te­rrar á súa nai, en 1975, e ao pai, tres anos máis tar­de

La Voz de Galicia (Carballo) - Carballo local - - BERGANTIÑOS-SONEIRA-FISTERRA -

■ «Ma­ri­pe­pa Ro­drí­guez de Cas­ti­ñei­ra (18951975). Ma­goa­da por lon­ga en­fer­me­da­de, acou­gou de Dios nos bra­zos, aca­dan­do nos seus pa­zos as raio­las de luz da eter­ni­da­de. A súa di­la­ta­da fa­mi­lia, es­pa­lla­da po­lo mun­do úne­se nes­ta pre­ga­ria: súa al­ma, po­la voz de Dios un­xi­da, con­clui­rá san­ta, in­mo­rre­doi­ra vi­da». Es­te é o tex­to dun­ha lápida si­tua­da no ce­mi­te­rio de Nan­de, en La­xe, man­da­da co­lo­car por Ma­nuel Cas­ti­ñei­ra, sa­cer­do­te, á mor­te de súa nai. Tres anos máis tar­de, no 78, fa­ría o mes­mo coa do seu país, aín­da que cun tex­to máis bre­ve.

Se­gu­ra­men­te que non son as pri­mei­ras lá­pi­das en ga­le­go que hai nos máis de 200 ce­mi­te­rios da bis­ba­rra, pe­ro sen dú­bi­da son das pri­mei­ras. Cas­ti­ñei­ra, fa­le­ci­do no 2008, e que foi o pá­rro­co da Estrada du­ran­te máis de 40 anos, to­ma­ra esa de­ci­sión que tan­to cha­ma­ra a aten­ción na súa pa­rro­quia, tan­to en­tre os ve­ci­ños co­mo en­tre os ir­máns (eran 12) se­gun­do el re­la­ta­ba nun­ha en­tre­vis­ta na Voz no 2004. A se­gun­da lápida xa a mer­cou di­rec­ta­men­te na Estrada, e a pa­re­lla des­can­sa xun­ta cer­ca do lu­gar de Rens, no que vi­vi­ron den­de que se ca­sa­ron en 1913.

O ca­so de Cas­ti­ñei­ra é dos pio­nei­ros, pe­ro cu­rio­sa­men­te se­gue sen­do un­ha ex­cep­ción, ma­lia ao tem­po que pa­sou. En ca­se to­dos os ce­mi­te­rios hai al­gun­ha lápida ou panteón en ga­le­go. En San Cre­men­zo de Pa­zos hai dous pan­te­óns. En Vi­lar de Zas, un. En Sal­to, va­rias; Cos­pin­do, seis; Cee, Car­ba­llo... A lin­gua non se es­co­lle, de mo­men­to, pa­ra a mor­te en­tre os que a fa­la­ron to­da a vi­da. Non se­rá por in­ten­ta­lo. Hai dous anos, a Fun­da­ción Pon­dal or­ga­ni­zou un ac­to en Pon­te­ce­so pa­ra pro­mo­cio­nar o uso do ga­le­go nos ac­tos fú­ne­bres. Par­ti­ci­pa­ron em­pre­sa­rios do sec­tor (Ma­nuel Pom­bo, de Pom­pas Fú­ne­bres, e Iván Ama­re­lle, de San Antonio) e o teó­lo­go, la­ti­nis­ta e aca­dé­mi­co Xe­sús Fe­rro Rui­bal, nun ac­to de­no­mi­na­do

Dous anos an­tes o go­berno car­ba­llés or­ga­ni­za­ba un ac­to si­mi­lar, re­pe­tin­do o que xa rea­li­za­ran no 2012, e bai­xo a de­no­mi­na­ción de

fir­man­do os asis­ten­tes un­ha de­cla­ra­ción pa­ra que se usa­se o ga­le­go ao lem­bra­dos. E en Sal­to-Vi­mian­zo hou­bo es­te sá­ba­do un ac­to do mes­mo ti­po no cam­po­san­to. Con­ta Carlos Ro­drí­guez, da fu­ne­ra­ria Cos­ta de Baio, que son moi pou­cos os ve­ci­ños que lle pi­den que se use o ga­le­go en to­do o que ten que ver coa mor­te: re­cor­da­to­rios, co­roas, ra­mos, es­que­las... Os mar­mo­ris­tas es­tán na mes­ma li­ña. Cre que «de dez, po­de ha­ber un en ga­le­go». Eduar­do Ra­mi­lo, da Mi­la­gro­sa, vai máis aló: «Igual un­ha de vin­te». Iván Ama­re­lle, de san Antonio, ex­pli­ca que o idio­ma maio­ri­ta­rio é o cas­te­lán. «Nós te­mos to­das as op­cións en ga­le­go, e de vez en can­do al­gún elí­xeo, xen­te no­va, so­bre to­do». Nin pri­mei­ras nin se­gun­da xe­ra­cións, xa vai máis ca­ra as ter­cei­ras. Carlos cree que se de­be ao cos­tu­me, á tra­di­ción, a que hai moi­ta xen­te de cer­ta ida­de que non do­mi­na o ga­le­go nor­ma­ti­vo e es­tá máis afei­ta a ler en cas­te­lán, as no­ti­cias ou os li­bros. «Eu xa ca­se non me lem­bro da úl­ti­ma vez que mo pe­di­ron en ga­le­go, hai me­ses», in­di­ca.

Ra­mi­lo Can­ce­la opi­na o mes­mo, a xen­te máis maior non es­tá afei­ta e pre­fi­re man­ter o de sem­pre. «Os que que­ren to­do en ga­le­go son xe­ral­men­te máis no­vos, e xa o pi­den di­rec­ta­men­te, sen que nós llo te­ña­mos que ofre­cer», ase­gu­ra.

CA­SAL

Ma­nuel Cas­ti­ñei­ra, an­te as lá­pi­das dos seus pais, das pri­mei­ras en ga­le­go da zo­na.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.