«Muriel», o pre­mio Mer­lín de Ma­ría Ca­no­sa, xa na rúa

La Voz de Galicia (Carballo) - Carballo local - - BERGANTIÑOS-SONEIRA-FISTERRA -

Muriel, con esas ilus­tra­cións tan es­pe­ciais de Lu­cía Co­bo, con esas pá­xi­nas don­das de pa­sar, é un­ha de­sas obras pa­ra ler mai­ni­ño de noi­te, an­tes de dur­mir, an­tes de so­ñar, sen­do un neno ou non tan neno. Muriel é a obra coa que Ma­ría Ca­no­sa (Cee, 1978) ga­ñou es­te ano o Pre­mio Mer­lín, con­vo­ca­do por Xe­rais, na ca­te­go­ría de li­te­ra­tu­ra in­fan­til. Xa es­tá na rúa, xa se po­de mer­car a pri­mei­ra edi­ción, den­de es­te mes de ou­tu­bro.

«Na­ceu da ne­ce­si­da­de de dar voz á sin­xe­le­za e á com­ple­xi­da­de si­mul­tá­nea de es­pir os sen­ti­men­tos, ao ca­la­do, en voz bai­xa. Do mes­mo xei­to que fa­la o amor, a le­di­cia e a tris­tu­ra. Con Muriel des­ta­co a com­bi­na­ción de fra­xi­li­da­de e for­ta­le­za dos que es­tán to­ca­dos po­la sen­si­bi­li­da­de, os mes­mos que se atre­ven a so­ñar...». Des­te xei­to fa­la­ba a pro­pia au­to­ra so­bre a obra nun­ha en­tre­vis­ta en La Voz, o pa­sa­do mes de xu­ño, lo­go de sa­ber­se ga­lar­doa­da. Le­va­ba ca­tro anos sen­do fi­na­lis­ta do Pre­mio Mer­lín, e por fin pui­do ser. Foi co­mo qui­tar un­ha es­pi­ña, foi un bro­che de ou­ro a un 2016 con oi­to obras edi­ta­das e máis dun­ha trin­te­na es­cri­tas ao lon­go da súa lon­ga ca­rrei­ra co­mo es­cri­to­ra, den­de que era ne­na. Ma­ría Ca­no­sa é ta­mén en­xe­ñei­ra de Ca­mi­ños e ar­ti­cu­lis­ta de La Voz. O ga­lar­dón Mer­lín, é, xa que lo­go, un re­co­ñe­ce­men­to moi im­por­tan­te pa­ra aque­les que es­cri­ben li­te­ra­tu­ra in­fan­til.

«A Muriel cus­tá­ba­lle pren­der no sono, bo­ta­ba de me­nos as con­ver­sas coa avoa e o tem­po que pa­sa­ban xun­tos. E os seus con­tos e os seus pas­teis. E as súas li­moa­das. E os seus bi­cos má­xi­cos que cu­ra­ban cal­que­ra dor. E as súas bu­fan­das. E a do­se exac­ta de mel que ha­bía que bo­tar na cun­ca (...)». Así se pre­sen­ta un­ha pa­ra ex­plo­rar, de­sas que te­ñen un arre­cen­do es­pe­cial. O li­bro le­va, ade­mais, un­ha de­di­ca­to­ria es­pe­cial: «Pa­ra Ana, bol­bo­re­ta de luz». Al­go máis de 180 pá­xi­nas, e ca­tor­ce ca­pí­tu­los, pa­ra so­ñar.

Ma­ría Ca­no­sa

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.