O in­ves­ti­ga­dor fa­la­rá ho­xe da tra­xec­to­ria do com­po­si­tor da me­lo­día do himno ga­le­go

La Voz de Galicia (Carballo) - Carballo local - - BERGANTIÑOS-SONEIRA-FISTERRA - MAR­TA LÓ­PEZ

Moi­to se fa­lou na his­to­ria re­cen­te da fi­gu­ra de Eduar­do Pon­dal co­mo ar­tí­fi­ce do himno de Ga­li­cia e do seu gran la­bor ao es­cri­bir un­ha le­tra que tan­to e tan ben re­pre­sen­ta ao con­xun­to da so­cie­da­de ga­le­ga. Non foi así no ca­so de Pas­cual Vei­ga, com­po­si­tor da me­lo­día que acom­pa­ña aos ver­sos de Os Pi­nos, cu­xo tra­ba­llo pa­sa con fre­cuen­cia des­aper­ci­bi­do a ollos do gran pú­bli­co.

Antonio Reigosa (1958), escritor e in­ves­ti­ga­dor min­do­nien­se que é co­ñe­ce­dor da tra­xec­to­ria de Vei­ga, fa­la­rá pre­ci­sa­men­te nes­te res­pec­to na súa in­ter­ven­ción de ho­xe du­ran­te a úl­ti­ma xor­na­da do Sim­po­sio Pon­da­liano, en O Cou­to (Pon­te­ce­so). Xun­to a el es­ta­rán ta­mén re­pre­sen­tan­tes da pro­du­to­ra Quei­mán e Pou­sa pre­sen­tan­do un li­bro-deu­ve­dé en lem­bran­za aos 110 anos de per­co­rri­do do tex­to.

—No re­fe­ri­do ao himno ga­le­go, o no­me de Pas­cual Vei­ga non soa tan­to co­mo de­be­ría.

—En efec­to. Por iso son tan im­por­tan­tes ac­cións co­mo es­tas e por iso le­va­re­mos o tra­ba­llo des­te au­tor a Pon­te­ce­so, a te­rra de Pon­dal. Vei­ga foi o ar­tí­fi­ce de par­ti­tu­ras tan cé­le­bres co­mo a da Al­bo­ra­da, pe­ro non dei­xou de ser un ho­me con moi pou­ca for­tu­na na vi­da e que mo­rreu na po­bre­za, afo­ga­do po­las dé­be­das, e sen che­gar a ver a es­trea ofi­cial da súa gran obra: o himno.

—Un­ha si­tua­ción que vi­vi­ron moi­tos gran­des ar­tis­tas, que non che­ga­ron a ver os froi­tos do seu tra­ba­llo en vi­da.

—Si, o ca­so de Vei­ga é un deses, den­de lo­go. El pa­souno bas­tan­te mal na súa vi­da per­soal, por un te­ma duns amo­res non con­sen­ti­dos cun­ha mo­za da bur­gue­sía lo- cal. El pro­vi­ña dun­ha fa­mi­lia hu­mil­de, aín­da que ti­ña un­has ca­pa­ci­da­des e un­ha for­ma­ción mu­si­cal im­pre­sio­nan­te gra­zas á ca­pe­la de música da ca­te­dral de Mon­do­ñe­do. Si que ob­ti­vo al­gúns re­co­ñe­ce­men­tos im­por­tan­tes ao lon­go da súa ca­rrei­ra: es­treou a Al­bo­ra­da con gran éxi­to na Co­ru­ña, re­ci­biu un­ha me­da­lla de ou­ro na Ex­po­si­ción Uni­ver­sal de París... Aín­da así, pó­de­se di­cir que a Pas­cual Vei­ga non o acom­pa­ñou a sor­te ao lon­go da súa vi­da. Mes­mo can­do fa­le­ceu, en xu­llo do 1906 e sen che­gar a pre­sen­cia­ra es­trea ofi­cial da súa obra, os seus res­tos mor­tais tar­da­ron ca­se seis anos en re­tor­nar a Mon­do­ñe­do de­bi­do á fal­ta de re­cur­sos. —Só un ano máis e che­ga­ría a ver o na­ce­men­to do himno, pois es­treou­se de xei­to ofi­cial no 1907.

—Bueno, eu son defensor de que o na­ce­men­to des­ta pe­za foi no 1890, can­do se con­vo­ca un cer­ta­me en A Co­ru­ña e Vei­ga lle pi­de a Pon­dal que es­cri­ba un­ha le­tra pa­ra acom­pa­ñar a súa par­ti­tu­ra. Eu creo que ese foi real­men­te o xer­me da pe­za. Po­lo me­dio, cla­ro es­tá, hai moi­tas fa­ses e eta­pas di­fe­ren­tes pa­ra che­gar a de­cla­rar­se ofi­cial, no 1907.

—A pi­ques es­ti­vo de ser Cu­rros o pro­ta­go­nis­ta des­ta his­to­ria, pois foi a quen se lle en­car­gou o la­bor de es­cri­bir a le­tra ini­cial­men­te. —Iso foi un pou­qui­ño pos­te­rior a esa pri­mei­ra to­ma de con­tac­to que ti­ve­ron Vei­ga e Pon­dal. Xo­sé Ma­ría Fon­ten­la Leal [in­te­lec­tual ga­le­guis­ta] en­car­gou a Cu­rros, que da­que­la ta­mén vi­vía na Habana, a con­fec­ción da le­tra pa­ra un himno ga­le­go, sen­do José Castro Cha­né pa­ra a me­lo­día. A prin­ci­pal cir­cuns­tan­cia é que Cha­né e Cu­rros le­vá­ban­se a ma­tar por aquel en­ton­ces, po­lo que se fi­xo com­pli­ca­do se­guir adian­te. Co­mo con­se­cuen­cia di­so, na­quel mo­men­to al­guén lle lem­brou a Fon­ten­la que Vei­ga xa tra­ba­lla­ra ese asun­to con Eduar­do Pon­dal e pu­xé­ron­se en con­tac­to de in­me­dia­to con eles. Fi­xé­ron­se al­gun­has re­vi­sións á ver­sión ori­xi­nal e fi­nal­men­te es­tréano na Habana no 1907, un ano des­pois do pa­sa­men­to de Pas­cual Vei­ga.

PE­PA LO­SA­DA

Reigosa par­ti­ci­pa­ba re­cen­te­men­te nun ac­to de ho­me­na­xe ás Ir­man­da­des da Fa­la en Mon­do­ñe­do.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.