Os can­cros

La Voz de Galicia (Carballo) - Carballo local - - BERGANTIÑOS-SONEIRA-FISTERRA -

Co des­cu­bri­men­to de Amé­ri­ca che­ga­ron a nós moi­tos pro­du­tos bos, co­mo a pa­ta­ca, o mi­llo ou o ca­cao, ago­ra in­te­gra­dos na no­sa cultura e cos­tu­mes. O que non se trou­xo foi a ár­bo­re da co­ca, da que os in­dios al­pi­nos co­mían e co­men as súas fo­llas pa­ra me­llo­rar o ren­de­men­to fí­si­co ou mi­ti­gar a fa­me, e ta­mén pa­ra usos me­di­ci­nais. O que si nos trou­xe­ron al­gúns de­pra­va­dos foi a co­caí­na, que é cou­sa ben dis­tin­ta. Coi­do que ao nar­co­trá­fi­co ha­be­ría que apli­car­lle a ca­dea per­ma­nen­te re­vi­sa­ble e ta­mén ao la­tro­ci­nio dos po­lí­ti­cos.

Ta­mén nos trou­xe­ron o ta­ba­co que, se­gun­do na­rra­ba un mé­di­co co­mi­sio­na­do po­lo gran Fi­li­pe II, ti­ña pro­pie­da­des te­ra­péu­ti­cas, se ben no hos­pi­tal da Bar­ban­za é acusado de ser o prin­ci­pal cau­san­te dos can­cros de pul­món na zo­na, po­lo que alar­ma­dos po­la súa ta­xa de acre­cen­ta­men­to en­ten­den que hai ou­tros fac­to­res, co­mo o amian­to e o ra­don. Non se­rei eu quen de­fen­da as bon­da­des do ta­ba­co, com­par­tin­do o pa­re­cer dos es­pe­cia­lis­tas, pe­ro os can­cros, que nin se con­ta­xian nin se her­dan, son cé­lu­las sans que se re­be­lan e mu­dan es­pa­llán­do­se des­con­tro­la­das po­los no­sos cor­pos, por mor de moi­tos ou­tros axen­tes ex­ter­nos ve­le­no­sos.

Pe­ro, por ex­pe­rien­cia pro­pia, non te­ño nin­gun­ha dú­bi­da de que a cau­sa prin­ci­pal e a máis agre­si­va pa­ra a saú­de en xe­ral, can­cros in­cluí­dos, está na de­gra­da­ción ali­men­ta­ria, e po­de que es­tea­mos dian­te dun­ha preo­cu­pan­te pra­ga por mu­ta­ción evo­lu­ti­va dos pro­pios ali­men­tos, te­ma tra­ta­do no ano 2014 po­la Axen­cia Internacional da Ener­xía Ató­mi­ca en Vie­na (Aus­tria), on­de 600 in­ves­ti­ga­do­res así o con­fir­ma­ron, aín­da que as súas al­ter­na­ti­vas tam­pou­co me con­ven­cen.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.