En­tre­vis­ta

O en­xe­ñei­ro ad­vir­te dos ris­cos do mun­do glo­ba­li­za­do e cha­ma á con­cien­cia so­cial co­mo me­llor ar­ma de pre­ven­ción

La Voz de Galicia (Carballo) - Carballo local - - PORTADA - J. V. LA­DO

Juan Car­los Lau­ro­ba, je­fe de Ex­ten­sión Agra­ria en Baio, ha­bla so­bre la pla­ga de la pa­ta­ta

O en­xe­ñei­ro agró­no­mo Juan Car­los Lau­ro­ba Sán­chez, téc­ni­co da ofi­ci­na de Ex­ten­sión Agra­ria de Baio, ade­mais de mi­có­lo­go —en­tre ou­tras cou­sas—, é un es­pe­cia­lis­ta en sa­ni­da­de ve­xe­tal, e ta­mén un dos fun­cio­na­rios en­car­ga­dos tan­to de aten­der aos ve­ci­ños po­la couza gua­te­mal­te­ca co­mo de im­par­tir al­gun­has das char­las so­bre es­ta pra­ga da pa­ta­ca que se es­ti­ve­ron dan­do po­los con­ce­llos da zo­na.

—¿Por que non se lle pres­ta a mes­ma aten­ción á sa­ni­da­de ve­xe­tal que a tu­bercu­lose ou ao mal das va­cas to­las, por exem­plo?

—Atén­de­se ás cou­sas máis vi­si­bles e ou­tras, aín­da sen­do bá­si­cas, que­dan máis de la­do. A agri­cul­tu­ra é a ba­se, se iso fa­lla, fa­lla to­do.

—¿Es­ta­mos es­pe­cial­men­te ex­pos­tos á pro­pa­ga­ción de pra­gas?

—Na couza, co­mo nou­tras pra­gas, ve­mos que se pro­pa­gan de for­man rá­pi­da. Non po­de­mos pen­sar que al­go por­que es­tea nou­tro con­ti­nen­te ou nou­tro país non nos vai che­gar aquí. Non es­ta­mos nos tem­pos de hai 50 ou 100 anos can­do pa­ra os no­sos pais ou os no­sos avós ir á Co­ru­ña era fa­cer un­ha via­xe. Ho­xe hai xen­te da Cos­ta da Mor­te que vai e vén tra­ba­llar to­dos os días. Exis­te moi­tí­si­ma más in­te­gra­ción a ni­vel mun­dial. Por exem­plo, to­do o que se pro­du­ce en Chi­na che­ga a nós. As pra­gas po­den vir de po­li­són en vehícu­los, bar­cos... É moi­to máis di­fí­cil illa­las. Na Unión Eu­ro­pea xa non hai ins­pec­cións nas fron­tei­ras. É moi­to máis com­pli­ca­do loi­tar con­tra is­to. A glo­ba­li­za­ción do co­mer­cio é ca­da vez maior. Máis que un te­ma de ins­pec­cións eu pen­so que é cues­tión de con­cien­cia so­cial.

—¿In­flúe máis is­to, a des­tru­ción dos há­bi­tat ou a in­tro­du­ción de es­pe­cies fo­rá­neas por par­te de per­soas par­ti­cu­la­res?

—Son dúas cou­sas que van li­ga­das, moi­tas ve­ces po­la ig­no­ran­cia das con­se­cuen­cias. Eu creo que, en xe­ral, non se fai de ma­nei­ra in­ten­cio­na­da. O pro­ble­ma es­tá en que a con­cien­cia so­lo vén can­do hai un desas­tre. A si­tua­ción den­de o pun­to de vis­ta so­cial é moi com­ple­xa por­que non se to­man as de­ci­sións. É co­mo se ves que teu pri­mo fa­le­ceu nun ac­ci­den­te de trá­fi­co e non pos o cin­to. As ne­ce­si­da­des edu­ca­ti­vas son ob­vias, por­que, coa car­ga de xen­te que hai no mun­do, a ca­pa­ci­da­de de con­ta­mi­nar é enor­me. Os no­sos avós ti­ñan un ca­rro de va­cas e ago­ra en ca­da ca­sa hai co­mo mí­ni­mo un co­che. Ade­mais hai que ter en con­ta que en paí­ses do ter­cei­ro mun­do, po­ña­mos por ca­so Chi­na ou a In­dia, con mi­les de mi­llóns de ha­bi­tan­tes, es­tan­se ache­gan­do a ni­veis de cla­ses so­ciais me­dias, co que iso sig­ni­fi­ca en con­su­mo e con­ta­mi­na­ción, aín­da que tam­pou­co se tra­ta de ser ne­ga­ti­vo. Eu ten­to non se­lo

—¿Co­mo in­flúe a pro­li­fe­ra­ción dos mo­no­cul­ti­vos e a mar­xi­na­ción de es­pe­cies au­tóc­to­nas?

—Ese é un dos pro­ble­mas fun­da­men­tais. Por iso son tan im­por­tan­tes os ban­cos de xer­mo­plas­ma, pa­ra que se­xa­mos ca­pa­ces de pro­du­cir plan­tas que te­ñen prin­ci­pios ac­ti­vos que ho­xe en día non es­tán con­tem­pla­dos e que no fu­tu­ro nos po­den ser­vir pa­ra tra­tar o can­cro ou o Alz­hei­mer. Os mo­no­cul­ti­vos na­ce­ron pa­ra ali­men­tar a un­ha po­boa­ción fa­men­ta des­pois da Se­gun­da Gue­rra Mun­dial. O pro­ble­ma non era tan­to de ca­li­da­de co­mo de can­ti­da­de. Bus­cou­se nu­trir de ma­nei­ra rá­pi­da e en abun­dan­cia sen pen­sar nas con­se­cuen­cias e in­tro­du­cí­ron­se es­pe­cies en de­tri­men­to de ou­tras que si ti­ñan uns prin­ci­pios ac­ti­vos in­tere­san­tes. Ade­mais, iso pre­ci­sou dun gran gas­to de com­bus­ti­ble e fi­to­sa­ni­ta­rios que non se ti­ve­ron en con­ta. Apa­re­ce­ron os or­gan­dou­ra­dos, os or­ga­no­fos­fo­ra­dos... e tam­pou­co se to­ma­ban as mí­ni­mas pre­cau­cións. La­vá­ba­se a ca­ra con DDT [un po­ten­te in­sec­ti­ci­da], o cal é un­ha au­tén­ti­ca ani­ma­la­da.

ANA GAR­CÍA

Lau­ro­ba na ofi­ci­na de Baio na que ca­da día, e ago­ra máis, aten­de a du­cias de ve­ci­ños da zo­na.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.