«Un­ha soa per­soa que non fa­ga as cou­sas ben che­ga pa­ra bo­tar abai­xo to­do o tra­ba­llo con­tra a couza da pa­ta­ca»

La Voz de Galicia (Carballo) - Carballo local - - BERGANTIÑOS-SONEIRA-FISTERRA -

Lau­ro­ba ad­vir­te so­bre o abu­so dos quí­mi­cos na te­rra e re­cla­ma res­pon­sa­bi­li­da­de da xen­te pa­ra ata­llar a couza da pa­ta­ca.

—¿Non é un ex­ce­so quei­mar as lei­ras an­tes de bo­tar o mi­llo?

—O úl­ti­mo de­cre­to do 2012 so­bre o uso sos­ti­ble dos fi­to­sa­ni­ta­rios o pri­mei­ro que fai e re­co­men­dar me­dios me­cá­ni­cos an­tes ca quí­mi­cos, aín­da sa­ben­do que a con­ta­mi­na­ción ce­ro é moi di­fí­cil por­que un trac­tor ta­mén emi­te dió­xi­do de car­bono e amo­nía­co. Su­po­ño que te re­fi­res ao gli­fo­sa­to, que es­tá moi cues­tio­na­do e exis­ten prohi­bi­cións e mo­ra­to­rias en va­rios paí­ses, aín­da que ta­mén hai moi­tos in­tere­ses eco­nó­mi­cos de­trás. Cla­ro que se fai un uso abu­si­vo, por­que a prio­ri é un xei­to de tra­ba­llar máis ba­ra­to e rá­pi­do, aín­da que, se fas as con­tas, moi­tas ve­ces o ba­ra­to sae ca­ro. Fron­te a es­ta in­ten­si­fi­ca­ción de cul­ti­vos ta­mén exis­te un­ha de­man­da cre­cen­te de ali­men­tos sans. Con­su­mi­do­res que pen­san no me­dio am­bien­te e no be­nes­tar ani­mal, un­ha de­man­da de pro­du­tos ver­des, por­que se decido con­su­mir pro­du­tos de ori­xe ani­mal non é o mes­mo que ve­ñan de gaio­las ou de pas­to. Ade­mais a po­boa­ción ca­da vez es­tá máis en­ve­lle­ci­da. Eu, que xa te­ño un­ha ida­de, non pre­ci­so tan­ta pro­teí­na co­mo can­do era máis no­vo. Tam­pou­co se tra­ta de dar un­ha vi­sión ca­tas­tro­fis­ta, se­nón de que ca­da un eli­xa en ba­se á súa si­tua­ción e a súa con­cien­cia.

—¿Su­pón un ma­za­zo pa­ra os pro­fe­sio­nais co­mo vos­te­de que tra­ba­llan nis­to o sal­to da couza da pa­ta­ca a Mu­xía?

—Su­pón un ma­za­zo pa­ra to­dos por­que a pa­ta­ca ga­le­ga sa­be moi ben. Non hai en to­da Es­pa­ña pa­ta­ca co­mo a no­sa. Ade­mais é al­go moi li­ga­do á no­sa cul­tu­ra, tan­to aos usos so­ciais co­mo aos gas­tro­nó­mi­cos. A ver co­mo lle dis ti ao ve­ci­ño que non po­de bo­tar me­dio fe­rra­do de pa­ta­cas. Nes­te ca­so ac­tuou­se con moi­tí­si­ma ra­pi­dez sa­can­do o de­cre­to e po­ñen­do a xen­te a tra­ba­llar. Pe­ro al­go no que te­mos que im­pli­car­nos to­dos. Non se tra­ta de po­ñer con­trois da Gar­da Ci­vil a abrir os ma­le­tei­ros por­que iso non lle gus­ta­ría a nin­guén. Te­mos a van­ta­xe de que a couza só se ali­men­ta do tu­bércu­lo. Se non co­me, en dous anos erra­di­cá­mo­la. O pro­ble­ma es­tá en se sa­ca­mos pa­ta­cas da zo­na in­fes­ta­da pa­ra fó­ra. Un­ha soa per­soa que fa­ga as cou­sas mal che­ga pa­ra bo­tar abai­xo to­do o tra­ba­llo fei­to.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.