Tra­ba­llo a fa­cer con­xun­ta­men­te

La Voz de Galicia (Carballo) - Carballo local - - PORTADA - Ada Gon­zá­lez

Otu­ris­mo é un­ha pa­la­bra que soa con for­za e á que to­dos se que­ren su­mar. O fu­tu­ro, se­nón xa o pre­sen­te, de­pen­de des­te sec­tor na Cos­ta da Mor­te e aín­da que­da moi­to por fa­cer, aín­da lle fal­tan si­nais e di­rec­tri­ces por mar­car. Un­ha boa no­va é que ca­da vez son máis os que apos­tan por es­te sec­tor, por for­má­ren­se, por crear em­pre­sas, e que apos­tan por pro­fe­sio­nais cua­li­fi­ca­dos; por­que es­te é o fu­tu­ro, o no­so fu­tu­ro.

Aín­da que­da moi­to tra­ba­llo por dian­te, un tra­ba­llo que é ne­ce­sa­rio fa­cer con­xun­ta­men­te en­tre os di­ver­sos axen­tes no xeo­des­tino Cos­ta da Mor­te. Te­mos que crer­nos que non hai nin­guén me­llor que nós pa­ra va­lo­rar o que te­mos e pa­ra ven­der­nos, pe­ro té­mo­no­lo que crer, te­mos que ir to­dos xun­tos bai­xo un­ha mes­ma mar­ca, bai­xo o pa­ra­ugas da Cos­ta da Mor­te. O re­frán di que pa­si­ño a pa­si­ño fai­se o ca­mi­ño, pois iso é o que te­mos que fa­cer.

Boas pro­pos­tas son as que es­tán a xur­dir na zo­na, que se abran ofi­ci­nas de tu­ris­mo so­bre o Ca­mi­ño de Santiago na ca­pi­tal é al­go que se vi­ña de­man­dan­do e que era ne­ce­sa­rio posto que é de on­de par­te o no­so ca­mi­ño, o Ca­mi­ño a Fis­te­rra-Mu­xía.

Se ben o ideal se­ría que hou­be­se un­ha que aglu­ti­na­se a to­dos os com­po­ñen­tes do no­so ca­mi­ño, pa­ra non ofre­cer un­ha ima­xe di­fu­sa, a cues­tión é es­tar. Pou­co a pou­co o tu­ris­mo na Cos­ta da Mor­te vai avan­zan­do, pe­ro de­be ata­llar de raíz cer­tas cues­tións co­mo a de ofre­cer ser­vi­zos ao vi­si­tan­te ao lon­go de to­do o ano, non só en tem­pa­da es­ti­val, por­que o no­so non é o tu­ris­mo de sol e praia. Vaia, que praia si te­mos, pe­ro o sol non é que nos vi­si­te de máis...

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.