O Cou­to aco­lle­rá en maio a pri­mei­ra fei­ra cien­tí­fi­ca da Cos­ta da Mor­te

Ce­le­bra­ra­se du­ran­te dúas xor­na­das con­se­cu­ti­vas, pa­ra­le­la­men­te ás Fes­ti­le­tras

La Voz de Galicia (Carballo) - Carballo local - - BERGANTIÑOS-SONEIRA-FISTERRA - MAR­TA LÓPEZ

O 17 de maio é un día pa­ra sen­tir as le­tras en Ga­li­cia. Es­ta da­ta es­ti­vo sem­pre aso­cia­da ás ar­tes, aín­da que pou­cos son sa­be­do­res de que ta­mén é o Día de In­ter­net en mul­ti­tu­de de paí­ses do mun­do. A Fun­da­ción Es­pa­ño­la pa­ra la Cien­cia y la Te­no­lo­gía vén de ga­ran­tir á Fun­da­ción Pon­dal a ce­le­bra­ción dun­ha fei­ra cien­tí­fi­ca que te­rá lu­gar en Pon­te­ce­so pa­ra­le­la­men­te ás Fes­ti­le­tras. Den­de a Fun­da­ción, fieis de­fen­so­res de que non exis­te tal li­ña di­vi­so­ria entre le­tras e tec­no­lo­xía, cha­man á par­ti­ci­pa­ción non só de es­tu­dan­tes, se­nón ta­mén do pú­bli­co xe­ral. Así, a al­dea do Cou­to con­ver­te­ra­se du­ran­te uns días na ca­pi­tal do co­ñe­ce­men­to da Cos­ta da Mor­te pois, men­tres ar­tis­tas co­mo Ses, Txa­ran­go ou Fe­ten Fe­ten fan o seu no mar­co das Fes­ti­le­tras, du­cias de ra­pa­ces amo­sa­rán ao mun­do os seus pro­xec­tos do ei­do cien­tí­fi­co.

O 17, pri­mei­ra xor­na­da de fei­ra e día in­ter­na­cio­nal de In­ter­net, es­ta­rá de­di­ca­do a ac­ti­vi­da­des de di­vul­ga­ción cien­tí­fi­ca e tec­no­ló­xi­ca. Al­gúns dos es­pa­zos xa con­fir­ma­dos son a gra­va­ción do pro­gra­ma de ra­dio Efer­ves­cen­cia, un re­fe­ren­te na co­mu­ni­da­de en ma­te­ria cien­tí­fi­ca; un works­hop so­bre cien­cia ci­da­dá; un xeo­coa­ching tec­no­ló­xi­co; un­ha xor­na­da de ob­ser­va­ción de es­tre­las (sem­pre e can­do o tem­po o per­mi­ta) ou un­ha xin­ca­na noc­tur­na na que os par­ti­ci­pan­tes bus­ca­rán ele­men­tos da tá­boa pe­rió­di­ca ocul­tos en di­fe­ren­tes pun­tos do po­bo.

A se­guin­te xor­na­da, a do día 18, te­rá xa o clá­si­co for­ma­to li­ga­do ás fei­ras das cien­cias: un­ha gran car­pa que aco­lle­rá pro­xec­tos do alum­na­do, que se­rán des­pois va­lo­ra­dos tan­to polo pú­bli­co co­mo por un xu­ra­do pro­fe­sio­nal. A fei­ra es­ta­rá aber­ta ma­ñá e tar­de (en prin­ci­pio de 10.00 a 14.00 e de 15.30 a 18.30 ho­ras), tan­to a pú­bli­co es­co­lar co­mo fa­mi­liar, pa­ra des­pois ce­le­brar­se a en­tre­ga de pre­mios ás 19.00.

Arre­dor des­ta fei­ra, e no ho­ra­rio de aper­tu­ra da mes­ma, pi­vo­ta­rán di­fe­ren­tes obra­doi­ros pa­ra os cen­tros es­co­la­res que acu­dan á ci­ta. Se­rán un ta­ller cien­tí­fi­co so­bre o mar or­ga­ni­za­do polo CSIC, ex­pe­ri­men­tos cien­tí­fi­cos apa­ren­te­men­te má­xi­cos, cons­tru­ción e pro­gra­ma­ción de ro­bots Le­go Minds­torms e un obra­doi­ro de in­ves­ti­ga­ción CSI. Ta­mén se pre­vén vi­si­tas guia­das á praia de Ba­la­rés pa­ra a rea­li­za­ción dun­ha ac­ti­vi­da­de li­ga­da á súa his­to­ria in­dus­trial po­la pre­sen­za de ti­ta­nio nas súas areas. Un ca­fé cien­tí­fi­co e es­pec­tácu­los que ofre­cen un­ha apro­xi­ma­ción á mú­si­ca den­de un­ha pers­pec­ti­va in­ter­dis­ci­pli­nar com­ple­tan o pro­gra­ma ini­cial pre­vis­to pa­ra ese se­gun­do día de fei­ra.

Á ho­ra de po­ñer en fun­cio­na­men­to o pro­xec­to Fes­ti­cien­cia, un­ha idea que vén desen­vol­vén­do­se den­de va­rios me­ses atrás, a Fun­da­ción Es­pa­ño­la pa­ra la Cien­cia y la Tec­no­lo­gía vén de con­ce­der á Fun­da­ción Pon­dal, coor­di­na­do­ra e res­pon­sa­ble úl­ti­ma da ini­cia­ti­va, un­ha axu­da de 15.000 eu­ros que se di­vi­den entre gas­tos de per­soal (2.000) e gas­tos de exe­cu­ción (13.000). «É a pri­mei­ra vez que se nos con­ce­de al­go así», ex­pre­sa­ba on­te Xo­sé Ma­ría Va­re­la, xe­ren­te da Fun­da­ción e res­pon­sa­ble do pro­xec­to, que se amo­sa­ba ade­mais ilu­sio­na­do por po­der po­ñer en mar­cha un­ha ci­ta que pre­ten­de ra­char con esa li­ña di­vi­so­ria inexis­ten­te entre as cien­cias e as le­tras. «Ao fi­nal to­do é co­ñe­ce­men­to», en­ga­día.

Co­la­bo­ran, ade­mais dos mu­ni­ci­pios li­mí­tro­fes, o CSIC, a Depu­tación da Coruña e a em­pre­sa Ceo Aber­to, que ac­tua­rá co­mo ase­so­ra cien­tí­fi­ca da ini­cia­ti­va. Ade­mais, in­di­ca­ba on­te Va­re­la, ta­mén se pre­vé a ce­le­bra­ción dun obra­doi­ro so­bre a vi­da e obra do cien­tí­fi­co cor­me­lán Jo­sé Ma­ría Mos­quei­ra Man­so, pre­ci­sa­men­te no 50 aniver­sa­rio do seu pa­sa­men­to. Se­rá o día 18 e es­ta­rá con­du­ci­do po­la com­pa­ñía tea­tral Os Quin­qui­lláns, veteranos xa nes­te ti­po de ci­tas edu­ca­ti­vas. Fei­ra. Quen así o desexe po­de­rá vi­si­tar os pro­xec­tos dos alum­nos par­ti­ci­pan­tes na car­pa da fei­ra, que es­ta­rá aber­ta o día 18 ma­ñá e tar­de (10 a 14 e 15.30 a 18.30 ho­ras). Ade­mais, o pú­bli­co po­de­rá vo­tar polo seu ex­pe­ri­men­to pre­fe­ri­do a tra­vés da apli­ca­ción Epi­co­llect5. Pre­mios ás 19 ho­ras.

Obra­doi­ros pa­ra­le­los. Os ra­pa­ces par­ti­ci­pa­rán, ade­mais, en ta­lle­res ao lon­go da ma­ñá.

Vi­si­ta a Ba­la­rés. Ac­ti­vi­da­de li­ga­da á his­to­ria in­dus­trial da zo­na.

Ca­fé cien­tí­fi­co. Char­la in­for­mal cun cien­tí­fi­co de re­no­me.

Apro­xi­ma­ción á mú­si­ca den­de un­ha pers­pec­ti­va in­ter­dis­ci­pli­nar.

ANA GAR­CÍA

O ano pa­sa­do ce­le­brou­se un­ha saí­da di­dác­ti­ca a Ba­la­rés, na que par­ti­ci­pa­ron du­cias de es­co­la­res.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.