Per­fec­to

La Voz de Galicia (Carballo) - Carballo local - - BERGANTIÑOS-SONEIRA-FISTERRA - Ma­nuel Ga­go

Aon­da xa vai me­dran­do de ma­nei­ra con­sis­ten­te pe­ro aín­da non che­ga­mos ao máis al­to. Re­fí­ro­me á pa­la­bra per­fec­to. Es­tán os me­dios de co­mu­ni­ca­ción e as re­des so­ciais cheas de ti­tu­la­res «per­fec­tos». «Co­mo pre­pa­rar un chu­le­tón per­fec­to», «Dez con­se­llos pa­ra dis­fru­tar dun­ha tar­de de praia per­fec­ta», «co­mo con­se­guir un­ha con­cen­tra­ción per­fec­ta».

Se aín­da non se es­cri­bi­ron, xa ve­rán co­mo non tar­da­re­mos en che­gar ao pun­to máis al­to de abu­so da pa­la­bra: «Co­mo con­se­guir un­ha mo­za per­fec­ta», e bar­ba­ri­da­des de tal xei­to.

Per­mí­tan­me que ros­me co­mo se fo­ra un des­tes co­lum­nis­tas ma­du­ros de se­ma­na­rio en cas­te­lán. Eu ten­do a des­con­fiar de to­do aqui­lo que se me pre­sen­ta per­fec­to. Non hai nin per­soas per­fec­tas, nin or­de­na­do­res, co­ches, so­lom­bos ao quei­xo roquefort ou pos­tas de sol en Fis­te­rra per­fec­tas. Por­que per­fec­to, que é par­ti­ci­pio do ver­bo la­tino per­fi­cio, que que­re di­cir com­ple­tar, sig­ni­fi­ca que al­go non po­de ser me­llo­ra­do e, po­lo tan­to, xa é rí­xi­do, in­dis­cu­ti­ble, fi­nal.

E a min gús­tan­me os de­fec­tos das per­soas e das cou­sas. Gús­tan­me al­gun­has men­ti­ras pia­do­sas, que os co­ci­dos, as pae­llas e os chu­le­tóns non saian ás ve­ces á al­tu­ra das no­sas ex­pec­ta­ti­vas, por­que nos per­mi­ten lem­brar an­te­rio­res oca­sións pra­cen­tei­ras; gús­ta­me po­der ver evo­lu­cio­nar e su­pe­rar­se a al­guén, gús­ta­me pen­sar que un­ha apli­ca­ción po­de ser me­llo­ra­da, ou que a vin­dei­ra no­ve­la po­de­rei es­cri­bi­la me­llor.

Non me fío do que se nos ven­de co­mo de­fi­ni­ti­vo, por­que de­fi­ni­ti­va só hai un­ha cou­sa que vos­te­des sa­ben tan ben co­ma min.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.