Vi­mian­zo e máis A Ru­la dan­lle va­lor aos pe­tró­gli­fos de Boa­llo

No Ou­tei­ro do Re­cos­to hai dúas es­ta­cións de ar­te ru­pes­tre

La Voz de Galicia (Carballo) - Carballo local - - BERGANTIÑOS-SONEIRA-FISTERRA - A. LAVANDEIRA

Un día de no­vem­bro de 1997, Ma­nuel So­to Caa­ma­ño, ca­za­dor de Vi­mian­zo, lo­ca­li­zou de ca­sua­li­da­de o pe­tró­gli­fo do Ou­tei­ro do Re­cos­to, en Bao­llo (Ber­doias-Vi­mian­zo). Un tem­po des­pois, o ma­lo­gra­do Ro­ber­to Mou­zo Lavandeira, pe­ri­to e di­vul­ga­dor da his­to­ria e da ar­te vi­mian­ce­sa, ato­pou ou­tra es­ta­ción nas pro­xi­mi­da­des, na cha­ma­da Pe­dra Mos­quei­ra. Mou­zo foi o au­tor do pri­mei­ro in­for­me e fi­xo úni­co deseño dos mo­ti­vos acha­dos. Vin­te anos des­pois, o Con­ce­llo in­vi­tou ao co­lec­ti­vo A Ru­la, un­ha en­ti­da­de que se de­di­ca á des­cu­ber­ta, in­ves­ti­ga­ción e di­vul­ga­ción da ar­te ru­pes­tre, pa­ra un­ha xei­ra noc­tur­na pre­vis­ta pa­ra ho­xe po­lo con­xun­to ru­pes­tre de Boa­llo.

Na pri­mei­ra es­ta­ción do Ou­tei­ro fi­gu­ra un úni­co pa­nel de pou­co máis dun me­tro ca­dra­do con ata 9 com­bi­na­cións de círcu­los con­cén­tri­cos con co­vi­ñas cen­trais e diá­me­tros de en­tre 44 e 10 cen­tí­me­tros. Se­gun­do o in­for­me da Ru­la, «son gra­va­dos rea­li­za­dos coa téc­ni­ca tra­di­cio­nal me­dian­te abra­sión e per­cu­sión con ins­tru­men­tos de pe­dra, po­si­ble­men­te sei­xo». Na par­te in­fe­rior es­tán os dous círcu­los de maior ta­ma­ño, de cin­co e ca­tro aneis, res­pec­ti­va­men­te. Os mo­de­los fei­tos en 3D por A Ru­la per­mi­ten re­xis­trar «un con­xun­to iné­di­to dun­has 15 co­vi­ñas e res­tos dou­tras com­bi­na­cións ca­se im­per­cep­ti­bles».

No ca­so da Pe­dra Mos­quei­ra, nun­ha ro­cha horizontal, hai «un­ha soa com­bi­na­ción cir­cu­lar de tres aneis e co­vi­ña cen­tral duns 30 cen­tí­me­tros de diá­me­tro», si­na­la A Ru­la no seu in­for­me. Ató­pa­se na par­te cen­tral do pa­nel apro­vei­tan­do un saín­te na­tu­ral do pe­ne­do.

Com­ple­tan o pa­nel ou­tras co­vi­ñas illa­das, pe­ro o ro­cha es­tá moi des­gas­ta­da. Es­ta noi­te po­de­ra­se ver me­llor.

A RU­LA

Pe­tró­gli­fo do Ou­tei­ro do Re­cos­to. Des­cu­ber­to en no­vem­bro de 1997, cons­ta de va­rios círcu­los con­cén­tri­cos co res­pec­ti­vas co­vi­ñas cen­trais.

A RU­LA

Pe­dra Mos­quei­ra. Cons­ta dun­ha soa com­bi­na­ción cir­cu­lar, nun­ha ro­cha moi gas­ta­da.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.