A ri­bei­ren­se Al­ba Pe­go ga­ñou o pre­mio ao me­llor pro­xec­to de se­rie web en ga­le­go no In­ter­play con «Sí­gue­me», men­tres que o rian­xei­ro Mi­guel Sil­va fi­xo o pro­pio no cer­ta­me You­tu­bei­ros

La Voz de Galicia (Carballo) - Carballo local - - BERGANTIÑÓS-SONEIRA-FISTERRA DEPORTES - L. MAR­TÍ­NEZ, S. RO­ME­RO, M. L.

Que In­ter­net se es­tá a con­ver­ter nun­ha fon­te ines­go­ta­ble de no­vos ta­len­tos é un­ha cues­tión que nin­guén se atre­ve xa a po­ñer en dú­bi­da. Os crea­do­res ato­pan nas pla­ta­for­mas di­xi­tais un es­ca­pa­ra­te ex­cep­cio­nal pa­ra de­mos­trar do que son ca­pa­ces en for­ma de se­ries web. Es­te ti­po de for­ma­tos, pro­du­cións pen­sa­das pa­ra o seu con­su­mo na re­de, es­tán a desen­vol­ver­se con for­za nos úl­ti­mos anos e xa te­ñen fes­ti­vais de re­fe­ren­cia co­mo o Car­ba­llo In­ter­play. Ta­mén pa­ra pro­mo­ver o ga­le­go na­ce o cer­ta­me You­tu­bei­ros, im­pul­sa­do ta­mén den­de a ca­pi­tal de Ber­gan­ti­ños e no que se re­par­ten máis de 4.000 eu­ros en pre­mios.

Ám­bo­los dous con fon­das raí­ces na co­mar­ca, e am­bos cun gran po­ten­cial á ho­ra de pro­xec­tar ar­tis­tas ao cu­mio da crea­ción au­dio­vi­sual en ga­le­go. Un deses ca­sos é, pre­ci­sa­men­te, o da ri­bei­ren­se Al­ba Pe­go, es­tu­dan­te de Co­mu­ni­ca­ción Au­dio­vi­sual na USC que, xun­to con Nu­ria Can­ce­la e Laura Po­se, se fi­xe­ron co pre­mio ao me­llor pro­xec­to de se­rie web con Sí­gue­me na pa­sa­da edi­ción do Car­ba­llo In­ter­play.

Al­ba, Nu­ria e Laura con­tan a his­to­ria de Ana­be­lla, un­ha es­tu­dan­te de Psi­co­lo­xía á que non lle per­mi­ten re­ma­tar a carreira por pre­sen­tar un tra­ba­llo fi­nal crí­ti­co coa me­di­ci­na tra­di­cio­nal. Es­te fío ar­gu­men­tal le­va­rá á pro­ta­go­nis­ta a tra­ba­llar co­mo lim­pa­do­ra nun cen­tro te­ra­péu­ti­co pa­ra se­guir coa súa in­ves­ti­ga­ción de for­ma clan­des­ti­na, o que per­mi­tiu ás crea­do­ras abor­dar te­mas pou­co pre­sen­tes nos for­ma­tos con­ven­cio­nais. «Nun­ha se­rie web po­des con­tar pro­ble­mas so­ciais que ata o mo­men­to eran ta­bú, co­mo en moi­tos ca­sos o é a pro­pia psi­co­lo­xía», afir­ma a ri­bei­ren­se.

Con ca­pí­tu­los de pou­ca du­ra­ción e aín­da me­nos pre­su­pos­to, a fa­za­ña de ga­ñar es­te ga­lar­dón nun­ha fi­nal a ca­tro per­mi­ti­rá a es­te gru­po de ra­pa­zas plas­mar un­ha idea que ata o de ago­ra só exis­te en for­ma de tea­ser. «Ade­mais da sa­tis­fac­ción per­soal, o pre­mio pro­por­ció­na­nos 1.500 eu­ros pa­ra cos­tear os tres pri­mei­ros ca­pí­tu­los de Sí­gue­me», con­ta Al­ba.

Mi­ran­do ao fu­tu­ro

A ri­bei­ren­se da­rá a voz de ac­ción a par­tir do mes de se­tem­bro, mo­men­to no que vol­ve­rá ás au­las pa­ra afron­tar o úl­ti­mo ano de carreira. «Ao ser de dis­tin­tas lo­ca­li­da­des, te­mos moi com­pli­ca­do avan­zar no tra­ba­llo du­ran­te o ve­rán. Ade­mais, pa­ra nós é fun­da­men­tal po­der con­tar co ma­te­rial téc­ni­co que nos pro­por­cio­nan na fa­cul­ta­de. Sen iso, a pe­sar do pre­mio, non se­ría po­si­ble le­var a ca­bo o pro­xec­to», ex­pli­ca. Tam­pou­co te­ría na­ci­do es­ta idea. A sor­te do abe­ce­da­rio uniu a es­tas tres ra­pa­zas pa­ra rea­li­zar o pi­lo­to dun­ha se­rie no mar­co dun­ha ma­te­ria aca­dé­mi­ca. A afi­ni­da­de per­soal e o ase­so­ra­men­to dal­gún dos seus pro­fe­so­res man­tí­voas uni­das pa­ra sa­car da au­la un­ha idea na que to­dos vi­ron un gran per­co­rri­do pro­fe­sio­nal.

Na­mo­ra­do da mú­si­ca den­de pe­queno e gra­dua­do en Lin­gua e li­te­ra­tu­ra ga­le­gas den­de se­tem­bro, Mi­guel Sil­va de­ci­diu, dun día pa­ra ou­tro, uti­li­zar YouTu­be co­mo fe­rra­men­ta na que mes­tu­rar as súas dúas pai­xóns: o can­to e a pro­du­ción da cul­tu­ra ga­le­ga.

Bai­xo o pseu­dó­ni­mo de Aquel-e, o rian­xei­ro ela­bo­rou ví­deos en lin­gua ga­le­ga de importante re­per­cu­sión, os ca­les mos­tran o seu ton reivin­di­ca­ti­vo, co­mo son Ha­va­na feat Rosalía de Cas­tro, O ga­le­go fer­mo­so (e o que non o é tan­to) ou Org­hu­llo de ser.

Subs­ti­tuín­do a le­tra ori­xi­nal po­los poe­mas de Rosalía de Cas­tro Pra a Ha­ba­na! e Adeus ríos!, Aquel-e creou un te­ma que o le­va­ría á te­le­vi­sión: «Pri­mei­ro cha­má­ron­me da ra­dio e fi­xé­ron­me en­tre­vis­tas. Eu que­ría dar o sal­to ta­mén á te­le, pe­ro non es­pe­ra­ba a cha­ma­da do Luar, un­ha ins­ti­tu­ción da cul­tu­ra ga­le­ga. É un­ha mos­tra de que non te­ñen me­do a re­no­var­se. Foi un­ha ex­pe­rien­cia in­cri­ble. Tra­tá­ron­me moi ben».

Afas­ta­do de­sa te­má­ti­ca, O ga­le­go fer­mo­so (e o que non o é tan­to) deu­lle a Sil­va o pre­mio Efi­cien­cia Co­mu­ni­ca­ti­va de You­tu­bei­ros. En soa­men­te tres mi­nu­tos de ví­deo dei­xa un­ha men­sa­xe moi cla­ra: «Trans­mi­to al­go que me pa­re­ce in­xus­to. Em­pre­sas que non fa­lan ga­le­go en to­do o ano e que, de re­pen­te, che­ga o 17 de maio e fár­tan­se a fa­cer anun­cios so­bre a mo­rri­ña, o lus­co­fus­co, os bi­cos... Uti­li­zan­do as pa­la­bras máis bo­ni­tas do ga­le­go. Un­ha lin­gua non ten por que ser bo­ni­ta, un­ha lin­gua ten que ser útil».

En­tre­te­men­to en ga­le­go

Nos ini­cios da súa can­le, Sil­va to­po­use cun­ha ca­ren­cia moi importante que, pa­ra el, é cla­ve: «Fi­xen uns ví­deos so­bre a cul­tu­ra trash ga­le­ga, que vén sen­do a cul­tu­ra de fácil con­su­mo, co­mo son al­gúns ti­pos de li­te­ra­tu­ra ou de te­le­vi­sión. Non a pro­du­ci­mos e é máis ne­ce­sa­ria do que pa­re­ce, pois fa­ci­li­ta o con­tac­to dia­rio co ga­le­go. Qui­xen re­cor­dar per­so­na­xes de éxi­to co­mo Ana Ki­ro ou An­drés do Ba­rro. É un­ha ba­se que ne­ce­si­ta­mos».

Pre­ci­sa­men­te es­ta cul­tu­ra trash, ou pop, ocu­pa­ba o día a día da xe­ra­ción do rian­xei­ro, que vía en pro­gra­mas co­mo o Xa­ba­rín club ou Pra­tos com­bi­na­dos un es­tan­dar­te da cul­tu­ra ga­le­ga: «A mi­ña xe­ra­ción con­ta­ba cun­ha pro­gra­ma­ción moi adap­ta­da aos ca­nons te­le­vi­si­vos da épo­ca. Ver a Shin Chan ou aos per­so­na­xes de Bó­la do dra­gón creá­ba­che un sen­ti­men­to de iden­ti­da­de co que os ra­pa­ces de ho­xe non con­tan».

A pe­sar do éxi­to des­ta pro­gra­ma­ción, Sil­va non cre que a so­lu­ción se­xa a vol­ta á pan­ta­lla des­tes con­ti­dos, se­nón que é ne­ce­sa­rio in­ves­tir en pro­du­ción cul­tu­ral: «Hai que bus­car no­vas fór­mu­las que en­gan­chen á xu­ven­tu­de pa­ra non per­der o uso da lin­gua».

«Nun­ha se­rie web po­des fa­lar de cer­tos pro­ble­mas que ata o mo­men­to eran ta­bú, co­mo a psi­co­lo­xía» Al­ba Pe­go

Ga­ñou o In­ter­play con «Sí­gue­me»

«Hai que bus­car ou­tras fór­mu­las que en­gan­chen á xen­te no­va pa­ra non per­der o uso da lin­gua» Mi­guel Sil­va

Rian­xo, ga­ña­dor do You­tu­bei­ros

Os dous mo­zos bar­ban­za­nos te­ñen un­ha fon­da vin­cu­la­ción co as­pec­to mu­si­cal

MAR­COS CREO

Mi­guel Sil­va, co no­me ar­tís­ti­co Aquel-e.

Al­ba Pe­go for­mou equi­po con ou­tras dúas mo­zas.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.