A al­dea que ama a no­sa cul­tu­ra

La Voz de Galicia (Carballo) - Especial1 - - Bergantiños-Soneira-fisterra -

De no­vo irei a Pon­te­ce­so, on­de a Aso­cia­ción Cul­tu­ral Mo­te Bran­co do Cou­to —es­ta vez xun­to coa Aso­cia­ción Cul­tu­ral In­llar, o co­lec­ti­vo de Va­la­rés, a co­ral A Oli­vei­ra e a Fun­da­ción Eduardo Pon­dal— fes­te­xa o Día das Le­tras Ga­le­gas. A ce­le­bra­ción des­ta da­ta, sig­ni­fi­ca­ti­va pa­ra a no­sa cul­tu­ra, ata o ano pa­sa­do vi­ña sen­do de­di­ca­da a un es­cri­tor ga­le­go vi­vo. Es­ta vez a ho­me­na­xe cen­tra­ra­se na fi­gu­ra do poe­ta Díaz Cas­tro (...). Estiven por pri­mei­ra vez na Cos­ta da Mor­te en se­tem­bro de 1981. Con Ani­sia e coa no­sa ami­ga Ma­ría Sal­va­do. O ob­xec­ti­vo prin­ci­pal era ver as pa­li­llei­ras de Ca­ma­ri­ñas. E ví­mo­las tra­ba­llar, e fa­la­mos con elas. On­ce anos des­pois es­ti­ve­mos en Fis­te­rra, con Díaz Par­do, e en 1993 inau­gu­rei a Fei­ra do Li­bro de Car­ba­llo. Tal foi a mi­ña re­la­ción ini­cial coa co­mar­ca ber­gan­ti­ñá (...).

Vi­si­tou­me Xo­sé Ma­ría Varela en 1993 (xa eu me ra­di­ca­ra de­fi­ni­ti­va­men­te en Ga­li­cia, des­pois de ca­near máis de co­ren­ta anos so­bre o ma­pa de Amé­ri­ca) e pro­pú­xo­me de­di­car­me a Fes­ta das Le­tras de 1994. Acep­tei com­pra­ci­do. Con ese mo­ti­vo pe­diu­me un li­bro iné­di­to pa­ra pu­bli­car (...). Pre­sen­to­umo o es­cri­tor Manuel Ri­vas e ou­tro es­cri­tor, Pe­pe Car­ba­llu­de, fi­xo o guión pa­ra un do­cu­men­tal so­bre a mi­ña per­soa e a mi­ña tra­xec­to­ria. Na em­ble­má­ti­ca Ca­sa dos Ve­ci­ños que­dou cons­tan­cia da­que­la ho­me­na­xe nun­ha pla­ca de pe­dra deseña­da po­lo ar­tis­ta Xo­sé Vi­zo­so. Pa­sa­ron vin­te anos. Fes­ti­le­tras con­ti­núa. En Pon­te­ce­so, a te­rra na­ti­va do bar­do Eduardo Pon­dal, sé­guen­se ce­le­bran­do os ac­tos de maio en­torno á no­sa li­te­ra­tu­ra e á no­sa cul­tu­ra en xe­ral. As di­ver­sas ac­ti­vi­da­des es­tán pro­gra­ma­das po­la Aso­cia­ción Mon­te Bran­co, do Cou­to, un lu­gar da pa­rro­quia de Cos­pin­do. Un lu­gar co­ma cal­que­ra ou­tro de Ga­li­cia, un­ha al­dea na que os ve­ci­ños to­ma­ron con­cien­cia do seu de­ber en­tra­ña­ble, do seu pro­ta­go­nis­mo, e co­la­bo­ran o ano en­tei­ro cos or­ga­ni­za­do­res pa­ra que a ce­le­bra­ción al­can­ce o maior ni­vel po­si­ble. É al­go real­men­te con­mo­ve­dor. Esa ac­ti­tu­de co­lec­ti­va mos­tra can­to se po­de fa­cer no no­so país cul­tu­ral­men­te can­do xor­den ini­cia­ti­vas co­ma es­ta e que se le­van a ca­bo co im­pul­so e a orien­ta­ción axei­ta­dos. En Pon­te­ce­so te­ño es­ta­do den­de en­tón moi­tas ve­ces. Estiven ta­mén en moi­tos lu­ga­res das te­rras da co­mar­ca de Ber­gan­ti­ños. Di­tei con­fe­ren­cias en Cee, Car­ba­llo e Fis­te­rra, inau­gu­rei en va­rios lu­ga­res fei­ras do li­bro, así co­mo a ex­po­si­ción iti­ne­ran­te Que­ri­do Bal­bino. Sín­to­me ben coas xen­tes e coa pai­sa­xe des­ta fer­mo­sa co­mar­ca, tan vi­tal. Eu, que son do in­te­rior, e que vin o mar por pri­mei­ra vez can­do ti­ña ca­se vin­te anos, dis­fru­to con es­ta bei­ra­mar que po­la pro­ver­bial vi­ta­li­da­de dos seus ha­bi­tan­tes, en vez de Cos­ta da Mor­te, de­be­ría cha­mar­se Cos­ta da Vi­da. Fes­ti­le­tras non é só de Pon­te­ce­so. Re­pre­sen­ta moi dig­na­men­te, co­mo exem­plo pa­ra to­da Ga­li­cia, a to­dos os po­bos des­ta ore­la atlán­ti­ca.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.