Eloy Al­va­re­llos su­ma ex­pe­rien­cia en la or­ga­ni­za­ción

La Voz de Galicia (Carballo) - Especial1 - - PORTADA - TO­NI LONGUEIRA CAR­BA­LLO

«Se­ría un­ha má­goa dei­xar mo­rrer a aso­cia­ción»

Eloy Al­va­re­llos Caa­ma­ño (Vi­mian­zo, 1988) é o pre­si­den­te da Aso­cia­ción de Fes­tas de Vi­mian­zo, en­ti­da­de que di­ri­xe den­de hai tres anos can­do es­ti­vo a pun­to de des­apa­re­cer por fa­lla de re­le­vo xe­ra­cio­nal. Eloy com­pa­xi­na o car­go de má­xi­mo res­pon­sa­ble da aso­cia­ción de festexos coa xes­tión dun res­tau­ran­te na Co­ru­ña.

— ¿Co­mo le­va os pre­pa­ra­ti­vos?

—Es­tes úl­ti­mos días an­do a mil por ho­ra. Den­de o luns da pa­sa­da se­ma­na fa­go en­tre 12 e 14 ho­ras ao día pa­ra te­lo to­do lis­to pa­ra as fes­tas.

— ¿Se­gue a es­tar vos­te­de só na co­mi­sión?

—Es­ta­mos o meu pai [Jo­sé Luis] e máis eu. O meu pai es­tá ao pé do ca­nón, pe­ro a or­ga­ni­za­ción co­rre po­la mi­ña con­ta.

— ¿E co­mo o le­va?

—Tra­ba­llar na hos­ta­le­ría e ca­ra o pú­bli­co per­mí­te­che ter al­go máis de ex­pe­rien­cia, pe­ro non es­ta­ría de máis que al­guén axu- da­ra a or­ga­ni­zar as fes­tas.

— ¿De can­to or­za­men­to es­ta­mos a fa­lar?

—Non me gus­ta fa­lar de ci­fras, pe­ro se­rán un­has boas fes­tas.

— ¿Dá pa­ra moi­to es­te or­za­men­to?

—Dá pa­ra o que dá. Pe­ro é cer­to que lo­gra­mos traer á Olym­pus e La Fór­mu­la, dúas or­ques­tras de pri­mei­ro ni­vel.

— ¿Que lle din os ve­ci­ños do pro­gra­ma de fes­tas?

—Hai de to­do. Po­lo xe­ral es­tán con­ten­tos. Ou iso creo. Lo­go hai quen di que só pen­so na xu­ven­tu­de, can­do non é cer­to. Pen­sa­mos nos ve­ci­ños de to­das as ida­des. To­dos te­ñen o mes­mo tra­to, ou iso pro­cu­ra­mos.

— ¿E co­mo fai pa­ra equi­li­brar to­dos os gus­tos mu­si­cais?

—Lo­gra­mos, por exem­plo, que as or­ques­tras cam­bien o for­ma­to de ac­tua­ción, de tal for­ma que, ao prin­ci­pio da noite, ac­túen máis pa­ra a xen­te máis maior e a par­tir das tres da ma­dru­ga­da to­quen mú­si­ca pa­ra os máis no­vos.

— ¿Co­la­bo­ra a xen­te á ho­ra de su­fra­gar os gas­tos das fes­tas?

—Si, po­lo xe­ral si. Hai de to­do, co­mo en to­das par­tes, pe­ro pó­de­se di­cir que hai co­la­bo­ra­ción. Ta­mén é a úni­ca for­ma de que is­to saia adian­te. Sen a co­la­bo­ra­ción de to­dos non po­de­ria­mos ter fes­tas du­ran­te ca­tro días. Non é o mes­mo or­ga­ni­zar al­go pa­ra un sá­ba­do de noite e un­ha se­sión ver­mú de do­min­go que pen­sar en al­go de ca­tro días. Iso re­qui­re de moi­ta lo­xís­ti­ca e de fa­cer moi­tos nú­me­ros pa­ra que ca­dre to­do. De fei­to le­vo ca­se dúas se­ma­nas que o res­tau­ran­te que­dou nun se­gun­do plano. Es­tou cen­tra­do uni­ca­men­te na or­ga­ni­za­ción das fes­tas de Vi­mian­zo. Can­do to­do re­ma­te vol­ve­rei á ru­ti­na dia­ria.

— ¿Que ba­lan­ce fai des­tes pre­pa­ra­ti­vos?

—Es­tou moi con­ten­to, en xe­ral. Cla­ro que se po­de­ría fa­cer máis cou­sas, pe­ro o or­za­men­to é o que é. Aín­da así creo que pre­pa­ra­mos uns bos festexos. Ade­mais de coor­di­nar os festexos, Eloy Al­va­re­llos bus­ca alia­dos pa­ra que a en­ti­da­de or­ga­ni­za­do­ra non des­apa­re­za nun fu­tu­ro a cur­to e me­dio pra­zo.

— No seu mo­men­to co­lleu a aso­cia­ción por ris­co de que des­apa­re­ce­ra. ¿Per­sis­te ese te­mor?

—A ver­da­de é que si. A xen­te axu­da pe­ro non que­re sa­ber na­da de xun­tas di­rec­ti­vas e é moi com­pli­ca­do. Es­ta­mos dúas per­soas soas pa­ra to­do. Se­ría un­ha má­goa dei­xar mo­rrer un­ha aso­cia­ción que le­va ope­ra­ti­va máis de me­dio sécu­lo. So­bre to­do, can­do hai pa­rro­quias de Vi­mian­zo que te­ñen máis xen­te nas di­rec­ti­vas e máis or­za­men­tos pa­ra or­ga­ni­zar as fes­tas.

— ¿Que­re dei­xa­lo?

—Sem­pre pen­sas ni­so, aín­da que a reali­da­de é que si­go na aso­cia­ción. Gús­ta­me o que fa­go, e o que fa­go é con ca­ri­ño. Só lle pi­do á xen­te que axu­de, que co­la­bo­re.

— ¿Hai un pro­ble­ma de re­le­vo xe­ra­cio­nal?

—Hai tres anos, can­do a an­te­rior di­rec­ti­va mar­chou, a aso­cia­ción es­ti­vo a pun­to de des­apa­re­cer. Co­lli­na por­que non que­ría que des­apa­re­ce­ra, pe­ro es­tá cla­ro que nin­guén que­re co­ller o re­le­vo.

FO­TO A. G.

Al­va­re­llos le­va tres anos á fron­te da aso­cia­ción.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.