Una co­mi­sión de úl­ti­ma ho­ra sal­va los festejos

Jo­sé Ángel Cam­pos Par­do Pre­si­den­te da co­mi­sión de fes­tas

La Voz de Galicia (Carballo) - Especial1 - - Portada - CRIS­TI­NA VIU CAR­BA­LLO

Jo­se­cho xa foi pre­si­den­te da co­mi­sión de fes­tas de A La­ra­cha hai seis anos, an­tes do seu ac­ci­den­te. Á me­ta­de de xu­llo fí­xo­se car­go da or­ga­ni­za­ción do pro­gra­ma con ou­tros cin­co com­pa­ñei­ros por­que non ha­bía nin­guén que qui­xe­ra. «To­do foi moi a co­rrer», di, pe­ro está sa­tis­fei­to do que con­se­gui­ron. Ago­ra que­da o máis di­fí­cil, que é fa­cer que to­do o mun­do o pa­se ben.

— ¿Can­do é o mo­men­to ideal de em­pe­zar coa or­ga­ni­za­ción das ce­le­bra­cións?

—Dous me­ses des­pois das fes­tas, hai que dei­xar un­has se­ma­nas de des­can­so e vol­ver a em­pe­zar.

— Non foi o seu ca­so.

—Nós em­pe­za­mos a me­dia­dos de xu­llo. Fas­ti­diá­ba­me que o po­bo que­da­ra sen fes­tas, co­mo está a pa­sar en moi­tos ou­tros, co­mo é no ca­so de Gol­mar ou de Len­do. As tradicións van mo­rren­do. Quen­tá­ron­me a ca­be­za e de­ci­dín vol­ver. Eu xa es­ti­ve­ra ca­tro anos, des­de o 2007 ao 2011.

— ¿Está sa­tis­fei­to?

—Si, te­mos un pou­co de to­do, pe­ro ao ser o 15 de agos­to pa­ga­mos o pa­to. Non im­por­ta que as or­ques­tras se­xan co­ñe­ci­das ou non, pa­gas igual.

— ¿A ver­be­na é o máis ca­ro?

—Nes­te mo­men­to é o que máis ti­ra do pre­su­pos­to. Te­mos 8 or- ques­tras, dúas ca­da día. O ca­so é que ago­ra está to­do o mun­do de fes­tas. Pe­ro saí­mos ca­ra adian­te. — ¿Re­pe­ti­rá?

—Eu pen­so que si, que non hai que que­dar­se un ano só. Té­mo­lo que loi­tar e es­tu­dar ben e se hai un equi­po que apoie, pó­de­se fa­cer. Te­re­mos que co­rri­xir os fa­llos e mellorar en to­do o que poi­da­mos.

— ¿Agar­da crí­ti­cas? —Sem­pre as hai por­que nun­ca to­do está a gus­to de to­dos, aín­da que o fa­gas moi ben. Se fi­xe­ra­mos ca­so non le­van­ta­ría­mos ca­be­za. Te­mos que tra­ba­llar pa­ra fa­cer as cou­sas o me­llor po­si­ble. No pro­gra­ma pu­xe­mos ac­ti­vi­da­des pa­ra to­dos os pú­bli­cos, pe­ro sem­pre ha­be­rá xen­te á que non lle gus­ten. A ve­lo­ci­da­de coa que se or­ga­ni­za­ron as fes­tas fi­xo que os in­gre­sos que­da­ran un pou­co no ai­re.

— ¿Hou­bo boas apor­ta­cións dos ve­ci­ños?

—Non deu tem­po a pe­dir e abri­mos un­ha con­ta pa­ra fa­cer os in­gre­sos. Fi­xe­mos uns fo­lle­tos pa­ra dei­xar nos pi­sos, pa­ra que os ve­ci­ños apor­ten o que poi­dan. Agra­de­ce­mos moi­to o apoio que poi­dan pres­tar os que vi­ven na zo­na ur­ba­na. Po­las ca­sas da pa­rro­quia si que es­ta­mos a pe­dir e ta­mén po­los ne­go­cios. Con­ta­mos con po­der saír adian­te.

— ¿Ha­be­rá moi­tas di­fe­ren­zas no pro­gra­ma?

—Non, son un­has fes­tas co­mo as de to­dos os anos. Cha­ma­mos a un axen­te de or­ques­tras e el ofre­ceu­nos as oi­to que con­tra­ta­mos. Ha­be­rá ac­ti­vi­da­des pa­ra os ne­nos e pa­ra os maio­res. Ade­mais, a fes­ta de To­rás é moi familiar, de pa­sa­la na ca­sa, e iso vai ser co­ma to­dos os anos, e os bai­les ta­mén.

«Non deu tem­po a pe­dir e abri­mos un­ha con­ta pa­ra fa­cer in­gre­sos»

FO­TO ANA GAR­CÍA

Jo­sé Ángel Cam­pos, na Pra­za do Con­ce­llo.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.