El otro Can­nes (S8) Mos­tra de Ci­ne­ma Pe­ri­fé­ri­co

O DI­REC­TOR GA­LE­GO OLI­VER LA­XE, PRE­MIA­DO XA DÚAS VE­CES EN CAN­NES, É AU­TOR DUN CINE ARRISCADO, HO­NES­TO E FONDAMENTE PER­SOAL, QUE ENTENDE CO­MO UN AC­TO DE RES­PON­SA­BI­LI­DA­DE IN­DI­VI­DUAL E CO­LEC­TI­VA, ASÍ CO­MO UN­HA FE­RRA­MEN­TA DE EMAN­CI­PA­CIÓN

La Voz de Galicia (A Coruña) - Fugas - - PORTADA -

‘O CINE NON É UN DEUS, É UN­HA FE­RRA­MEN­TA PA­RA SER ME­LLO­RES PER­SOAS’, DI O CI­NEAS­TA GA­LE­GO»

XESÚS FRAGA | O cine arriscado, ho­nes­to e fondamente vi­tal e per­soal de Oli­ver La­xe (Pa­rís, 1982) vén de ser re­co­ñe­ci­do por se­gun­da vez no Fes­ti­val de Can­nes: a pri­mei­ra foi can­do re­ci­biu o pre­mio Fi­pres­ci por To­dos vós so­des

ca­pi­táns, no 2010; seis anos des­pois, pre­sen­tou no cer­ta­me fran­cés Mimosas, que foi re­com­pen­sa­da po­lo Gran Pre­mio da Se­ma­na da Crítica.

Son tra­ba­llos dun di­rec­tor que, co­ma os da Nou­ve­lle

Va­gue, é cons­cien­te do pe­so do cine co­mo his­to­ria, que dal­gún xei­to se in­cor­po­ra ás súas cin­tas. Cine den­tro do cine: To­dos vós so­des ca­pi­táns par­te da ex­pe­rien­cia de La­xe nun obra­doi­ro de pe­lí­cu­las con ne­nos en Tán­xer, na que se asis­te á re­la­ción des­tes me­ni­ños coa cá­ma­ra e o que re­pre­sen­ta, a de­les mes­mos con La­xe, en ca­li­da­de de per­so­na­xe e á vez de di­rec­tor, e co seu en­torno a tra­vés do xes­to de ollar por un vi­sor. «Un­ha ima­xe bo­ni­ta non é un­ha ima­xe bo­ni­ta», ex­pli­ca o ci­neas­ta cun dia­gra­ma aos alum­nos, e a ad­ver­ten­cia pai­ra so­bre o fil­me.

Aín­da que La­xe pre­fi­ra non fa­lar de si mes­mo co­mo ci­né­fi­lo, en To­dos vós so­des

ca­pi­táns es­tá in­cor­po­ra­da esa re­fle­xión da ima­xe es­pe­cu­lar, mes­mo coas súas con­tra­di­cións: a educación coa lin­gua­xe vi­sual con­vi­ve coa in­tui­ción, a lec­tu­ra ce­re­bral ta­mén coa vis­ce­ral. «Ás ve­ces ás pe­lí­cu­las non hai que bus­car­lle sen­ti­do a to­do, hai que sen­ti­las, dei­xar que as ima­xes pe­ne­tren a un. Iso foi o maior lo­gro», ex­pu­ña o di­rec­tor den­de Can­nes, on­de a re­la­ción cos axen­tes de ven­das in­ter­na­cio­nais dos fil­mes va­li­dou a súa teo­ría a pro­pó­si­to de Mimosas: «Ha­bía xen­te que nos di­cía: ‘Non a en­ten­de­mos pe­ro en­can­tou­nos’. Si que a en­ten­de­ron, pe­ro dou­tra ma­nei­ra. Iso pa­ra min é o maior pre­mio que me le­vo de Can­nes».

O cine de La­xe ta­mén se re­la­cio­na in­ti­ma­men­te co seu de­cur­so bio­grá­fi­co. El mes­mo di que To­dos vós so­des ca­pi

táns non se­ría igual de non te­la fei­to en Tán­xer, on­de se ins­ta­lou á pro­cu­ra dun­ha re­la­ción vi­tal máis co­mu­ni­ca­ti­va. Non foi un­ha es­co­lla ca­sual, na que ta­mén pe­sa un sen­ti­men­to de es­tran­xei­ría, sen che­gar ao des­arrai­go, que o di­rec­tor com­par­te con moi­tos ou­tros fi­llos de emi­gran­tes: non en van Tán­xer foi du­ran­te moi­tos anos ci­da­de in­ter­na­cio­nal.

La­xe na­ceu en Pa­rís, on­de seus pais vi­vían na por­ta­ría dun edi­fi­cio do dis­tri­to 16. O pai, na­tu­ral da Te­rra Chá, cul­ti­va­ba a súa afec­ción po­la fo­to­gra­fía en saí­das de fin de se­ma­na e o pe­queno Oli­ver vía co­mo se pe­cha­ba no cuar­to de ba­ño pa­ra re­ve­lar. Con cin­co ou seis anos veu nos Cam­pos Elí­seos a pri­mei­ra pe­lí­cu­la da que gar­da me­mo­ria, L’Ours, de Jean-Jac­ques An­naud. Aos oi­to, en 1990, re­gre­sou coa fa­mi­lia a Ga­li­cia, pa­ra ins­ta­lar­se na Coruña. E aí é po­si­ble da­tar a fen­da: por di­ci­lo ao xei­to do ci­neas­ta, per­deu to­do la­zo de unión cun te­rri­to­rio. Hou­bo ou­tra per­da: o seu pai dei­xou de sú­pe­to o seu há­bi­to fo­to­grá­fi­co. Mes­mo tra­tou de acon­se­llar ao fi­llo que non se for­ma­se aca­de­mi­ca­men­te no ei­do da ima­xe. Po­rén, La­xe es­tu­dou na Pom­peu Fa­bra bar­ce­lo­ne­sa, an­tes de ins­ta­lar­se en Lon­dres, on­de no 2006 fil­mou, can­da Enrique Aguilar, Y las chi­me­neas de­ci­die­ron es­ca­par,

en 16 mm (po­de ato­par­se en YouTu­be). Ao ano se­guin­te, xa en Tán­xer, par­ti­ci­pou con Sue­nan las trom­pe­tas-aho­ra

veo otra ca­sa, co­mo par­te dun­ha pe­lí­cu­la en ho­me­na­xe a Tar­kovks­ki, un dos seus re­fe­ren­tes xun­to con Bres­son. Ese mes­mo ano ro­dou Pa­rís #1, pre­mia­do en Fil­min­ho e Play-Doc. E lo­go che­gou To­dos vós so­des ca­pi­táns, e ago­ra Mimosas.

Ma­lia o evi­den­te com­pro­mi­so de La­xe co cine e a crea­ción, o di­rec­tor ta­mén man­tén os pés chan­ta­dos na te­rra. «Co­mo ci­neas­ta, co­mo co­mu­ni­ca­dor, tes un sen­ti­men­to de res­pon­sa­bi­li­da­de, de ser­vi­zo á co­mu­ni­da­de», ex­pli­ca quen sos­tén que «o cine non é un deus, é un­ha fe­rra­men­ta pa­ra ser me­llo­res per­soas». Ao igual que eses me­ni­ños tan­xe­ri­nos, aos que tra­ta co­mo con­tem­po­rá­neos seus e non den­de un­ha po­si­ción de al­te­ri­da­de, La­xe entende as pe­lí­cu­las co­mo un xei­to de co­ñe­ce­men­to e, por tan­to, de eman­ci­pa­ción. A via­xe é un con­cep­to de­ci­si­vo no seu cine, e Mimosas par­ti­ci­pa de­la no fí­si­co: un­ha ca­ra­va­na que per­co­rre as mon­ta­ñas do Atlas. La­xe le­va aca­ri­ñan­do tem­po ou­tro pro­xec­to, que de­fi­ne co­mo « road

mo­vie psi­co­dé­li­ca» da­ca­ba­lo de Ga­li­cia, Fran­cia e Áfri­ca: «Xa te­ño os guións es­cri­tos».

RODAXE. Oli­ver La­xe, nun mo­men­to da fil­ma­ción de «Mimosas», que re­la­ta un­ha via­xe po­las mon­ta­ñas do Atlas.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.