«Fi­xe­mos o dis­co en di­rec­to por prin­ci­pios»

«CAN­TOS DE POE­TA» É UN PER­CO­RRI­DO MU­SI­CAL DA MAN DE 14 AU­TO­RES DA LÍRICA GA­LE­GA DES­DE ROSALÍA A CHUS PA­TO E É A AM­BI­CIO­SA PRO­POS­TA DO PRI­MEI­RO TRA­BA­LLO DE GELRIA, NO QUE DES­TA­CAN UN FEIXE DE CO­LA­BO­RA­DO­RES NO EI­DO MU­SI­CAL E LI­TE­RA­RIO

La Voz de Galicia (A Coruña) - Fugas - - MÚSICA -

DO­LO­RES VÁZ­QUEZ | O trío Gelria ro­deou­se de 13 mú­si­cos pa­ra gra­var os 14 poe­mas que se con­ver­ter en can­cións en Can­tos de poe­ta. Os mú­si­cos co­ru­ñe­ses Ma­rio G. Cor­ti­zo e Fe­de­ri­co Mos­que­ra, xun­to coa can­tan­te bar­ce­lo­ne­sa Ele­na Ta­rrats, son os ideó­lo­gos dun pro­xec­to no que con­ta­ron co res­pal­do de Xo­sé Lois Ro­me­ro no mu­si­cal e con poe­mas de Manuel Ri­vas pa­ra un li­bro-dis­co que des­ta­ca po­lo coida­do deseño e po­la gra­va­ción en di­rec­to nos es­tu­dios da Ra­dio Ga­le­ga, que non se can­san de ga­bar xun­to co tra­ba­llo de di­rec­ción de Pa­blo Ba­rrei­ro. Ma­rio G. Mos­que­ra re­co­ñe­ce que pre­ten­dían dar a co­ñe­cer a ri­que­za da lírica ga­le­ga cun­ha es­pe­cie de an­to­lo­xía mu­si­cal.

—Co­mo xur­de o pro­xec­to?

—Fe­de­ri­co e máis eu so­mos ami­gos des­de pe­que­nos, eu vi­vo en Bar­ce­lo­na e el en Ho­lan­da, on­de ta­mén es­ti­ven e foi alí on­de co­me­za­mos a fa­cer es­te pro­xec­to e por iso ten o no­me Gelria, que foi un bar­co no que es­ti­vo em­bar­ca­do Manuel An­to­nio.

—Co­mo pri­mei­ro tra­ba­llo a pro­pos­ta é moi am­bi­cio­sa e es­tra­ña: com­po­si­cións pro­pias con le­tras de poe­tas e moi­tos es­ti­los de mú­si­ca.

—Nós vé­mo­lo co­mo un pro­xec­to de crea­ción 100 %, con moi­tos ac­to­res, un­ha crea­ción co­lec­ti­va. To­das as can­cións son de crea­ción. Po­lo no­so tra­ba­llo fa­ce­mos to­do ti­po de mú­si­cas e gús­ta­nos que es­tean re­flec­ti­das to­das.

—Co­mo foi a es­co­lla dos poe­mas?

—Em­pe­za­mos a fa­ce­la nós, pe­ro coa re­co­men­da­ción de Ma­ría Ro­sa­rio Souto, fi­ló­lo­ga e tra­du­to­ra, que nos foi axu­dan­do na se­lec­ción pa­ra que que­da­se com­pen­sa­do. Ao fi­nal Can­tos de poe­ta é un per­co­rri­do non só cro­no­ló­xi­co den­de o Re­xur­di­men­to ata ho­xe, se­nón un­ha via­xe por to­da Ga­li­cia.

—Por que a apos­ta po­lo di­rec­to?

—Fi­xé­mo­lo por ho­nes­ti­da­de, dis­fru­te e prin­ci­pios. Nun­ha gra­va­ción ao uso por pis­tas pó­de­se men­tir moi­tí­si­mo e ma­ni­pu­lar to­do. No di­rec­to, ao equi­vo­car­se un equi­vó­can­se to­dos, pe­ro ten un­ha or­ga­ni­ci­da­de e vi­ve­za que non ten un­ha por pis­tas.

—Por que un pro­xec­to tan gran­de co­mo carta de pre­sen­ta­ción?

—Qui­xe­mos ir a por to­das, qui­xe­mos apos­tar po­la sin­gu­la­ri­da­de, por fa­cer un pro­xec­to úni­co. Un ce­de ca­re­ce de in­tere­se ho­xe por ho­xe por­que to­do o mun­do ten re­des nas que po­des es­col­tar mú­si­ca, e ven­der un dis­co co­mo tal non ten moi­to in­tere­se. A nós en­cán­ta­nos os li­bros e qui­xe­mos dar­lle un con­ti­do ex­tra. Ade­mais, con to­dos os co­la­bo­ra­do­res, agás Ro­me­ro, no mu­si­cal, e Ri­vas, na par­te li­te­ra­ria, qui­xe­mos apos­tar po­los va­lo­res no­vos de Ga­li­cia.

—Gelria vai ter con­ti­nui­da­de?

—So­mos mú­si­cos pro­fe­sio­nais e es­te ni­vel tra­bá­lla­se por pro­xec­tos. Nós que­re­mos fa­cer per­co­rri­do co­mo Gelria, aín­da que ve­re­mos que ti­po de tra­ba­llo, se dis­co­grá­fi­co, li­te­ra­rio, da li­te­ra­tu­ra ga­le­ga ou da xa­po­ne­sa… non te­mos nin­gun­ha fron­tei­ra ne­se sen­ti­do.

JUAN LUIS RÚA

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.