A ins­ti­tu­triz ten un plan

La Voz de Galicia (A Coruña) - Fugas - - LIBROS . EN GALEGO -

Co­ñe­ce­mos a es­ta­dou­ni­den­se Loui­sa May Al­cott (1832-1888) po­lo enor­me éxi­to da súa tri­lo­xía Little Wo­men (en cas­te­lán, Mu­jer­ci­tas), pe­ro es­que­ce­mos que se con­ver­teu nun­ha pro­lí­fe­ra na­rra­do­ra á que qui­zais lle pe­sou en ex­ce­so un­ha lec­tu­ra de­ma­sia­do me­lin­dro­sa das súas obras. E non é xus­to por­que na súa tra­xec­to­ria des­ta­can ou­tras no­ve­las co­mo De­trás da más­ca­ra: o po­der dun­ha mu­ller (1866), un­ha his­to­ria na­da sen­ti­men­tal que per­ma­ne­ceu re­le­ga­da nun se­gun­do plano ata ser re­cu­pe­ra­da, un sécu­lo máis tar­de, po­la edi­to­ra e crí­ti­ca fe­mi­nis­ta Ma­de­lei­ne B. Stern. A pro­ta­go­nis­ta, un­ha ins­ti­tu­triz cha­ma­da Jean Muir, che­ga a tra­ba­llar á man­sión dos Con­ventry e o seu ca­rác­ter res­pon­de a iso que a psi­co­lo­xía po­pu­lar de­fi­ne co­mo un­ha per­soa tó­xi­ca. Ma­ni­pu­la de­con­tino as emo­cións dos ho­mes, sa­be men­tir con na­tu­ra­li­da­de e exer­ce un­ha in­so­por­ta­ble lan­gui­dez pa­ra ago­char as súas ver­da­dei­ras in­ten­cións. Que­re di­ñei­ro, po­si­ción so­cial, un ma­ri­do con in­fluen­cia. A fran­que­za non des­ta­ca en­tre as súas vir­tu­des. Pe­ro atrae o lec­tor de ho­xe por­que o seu atra­ve­sa­do com­por­ta­men­to re­ve­la o desexo de di­na­mi­tar o ideal clá­si­co de mu­ller su­fri­da, ese mo­de­lo de con­du­ta que nos no­sos días se­gue a exal­tar a obe­dien­cia e a re­sig­na­ción fe­mi­ni­nas fron­te a he­xe­mo­nía do ho­me. Ce­le­bra­mos que Al­cott lo­gra­se ca­ri­ca­tu­ri­zar a afec­ta­ción que bo­ta­ba a per­der al­gúns me­lo­dra­mas da súa épo­ca. E aín­da máis que ti­ve­se tan­ta sol­tu­ra pa­ra in­mor­ta­li­zar os des­ve­los dun­ha ad­mi­ra­ble la­gar­ta.

DE­TRÁS DA MÁS­CA­RA AU­TO­RA

LOUI­SA MAY AL­COTT

TRADUCIÓN

AN­DREA VERES GES­TO

EDI­TO­RIAL

HUGIN E MUNIN

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.