¿Un li­bro de poe­sía? Non, é un poe­ma en for­ma de li­bro

La Voz de Galicia (A Coruña) - Fugas - - LIBROS . EN GALEGO - TEX­TO: RA­MÓN NI­CO­LÁS

Aes­cri­to­ra Luz Pi­chel si­na­la no li­miar de

Ves­tir a noi­te de Ola­lla Co­ci­ña, li­bro ga­lar­doa­do na XIV edi­ción do pre­mio de poe­sía Afun­da­ción, que es­te é, para ela, «un poe­ma en si mes­mo».

En efec­to, os poe­mas dis­pó­ñen­se na súa or­ga­ni­ci­da­de par­ti­cu­lar mais, en con­xun­to, su­xí­re­se e for­mú­la­se un­ha lec­tu­ra cun­ha fi­lia­ción se­cuen­cial na­rra­ti­va que apun­ta ao re­la­to dun­ha via­xe. Ao abei­ro des­te es­que­ma iti­ne­ran­te agro­ma un­ha sor­te de cartografía aber­ta e cons­cien­te­men­te im­pre­ci­sa para que a per­co­rra­mos li­bre­men­te e es­te ca­mi­ño ca­rre­xa, co­mo fe­liz con­se­cuen­cia, un­ha in­vi­ta­ción para re­ca­lar­mos en te­rri­to­rios di­ver­sos que be­ben sem­pre da me­mo­ria e da ex­pe­rien­cia.

Es­pa­zos que van des­de aque­les que se per­ci­ben co­mo tan­xi­bles e re­co­ñe­ci­bles ata os que es­cul­can o por­qué das cou­sas: ese por­qué abei­ra­do ou ape­ga­do tan­tas ve­ces ao te­lú­ri­co, aos ob­xec­tos e cou­sas re­ves­ti­das dou­tra di­men­sión se­mán­ti­ca.

To­do por xun­to é quen de con­fi­gu­rar, con su­ti­le­za e inequí­vo­ca ele­gan­cia ex­pre­si­va, tan­to un­ha reali­da­de éti­ca e so­cial­men­te de­vas­ta­da, non sei se re­cu­pe­ra­ble, co­mo esou­tro mo­ti­vo que na­ve­ga nos «su­cos fon­dos» do tem­po, ne­se «al­ma­na­que des­fo­lla­do» que ex­hi­be a pe­ga­da do que xa non vol­ve.

Os cor­pos, a pel, os ollos, as ár­bo­res, a ca­sa, os pa­peis que ser­ven para de­bu­xar to­pó­ni­mos... bos­que­xan un­ha cons­tru­ción e un­ha re­cons­tru­ción que é a da iden­ti­da­de pro­pia. Axu­dan ase­ma­de a deseñar un uni­ver­so ima­xi­nís­ti­co on­de o pou­so me­lan­có­li­co ou­tor­ga un ton sin­gu­lar alleo aos po­si­bles ex­ce­sos por­que a poe­sía de Ola­lla Co­ci­ña é to­do me­nos ex­ce­si­va: tal­vez se­xa un­ha lí­ri­ca idea­da para ser li­da en voz alta pois te­ño para min que é aí é can­do se des­ve­lan e per­ci­ben me­llor as cla­ves dun dis­cur­so es­ti­li­za­do, ro­tun­do e con­ti­do, que apar­ca a re­tó­ri­ca á man­ten­ta para ofre­cer só a esencia, o cel­me.

Un­ha al­qui­mia, por cer­to, que vai de man cun­ha arquitectura coida­dí­si­ma on­de ele­men­tos co­mo son as di­co­to­mías con­tra­di­to­rias —dal­gún xei­to un es­pe­llo do que so­mos— e a al­te­ri­da­de de vo­ces poé­ti­cas que po­si­bi­li­tan cer­to dis­tan­cia­men­to con aqui­lo que se re­crea, cons­ti­túen tra­zos par­ti­cu­la­res que dan for­ma a es­te me­mo­rial poé­ti­co que axu­da a arrou­par a es­cu­ri­da­de para can­do se­xa pre­ci­so, para can­do cum­pra in­te­rro­gar­nos so­bre o que te­mos e o que dei­xa­mos.

PA­CO RODRÍGUEZ

VES­TIR A NOI­TE AU­TO­RA

OLA­LLA CO­CI­ÑA EDI­TO­RIAL

CEN­TRO PEN GA­LI­CIA

96 PÁX. 15 EU­ROS

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.