Un­ha vo­ca­ción po­las au­gar­den­tes e li­co­res

La Voz de Galicia (A Coruña) - Gastronomia y Vinos - - Quien Es Quien -

As­res­pon­sa­bi­li­da­des fó­ron­lle che­gan­do a So­nia Ote­ro Pa­dín (Cam­ba­dos, 1971) coa mes­ma na­tu­ra­li­da­de coa que pa­sou do ins­ti­tu­to á fa­cul­ta­de de Bio­lo­xía de San­tia­go, e lo­go á Po­li­téc­ni­ca de Ma­drid pa­ra es­tu­dar Eno­lo­xía. Na ca­sa, de ne­na, vi­viu o pro­ce­so que aca­bou alu­mean­do o que ago­ra é o con­se­llo re­gu­la­dor máis im­por­tan­te de Ga­li­cia, Rías Bai­xas, que can­do ela na­ceu pou­co máis era ca un­ha ilu­sión na que an­da­ba xen­te co­mo o seu pai, Se­ve­ro Ote­ro, e moi pou­qui­ños máis, dei­xé­mo­nos de le­rias.

O có­mo­do era se­guir a cha­ma­da do vi­ño al­ba­ri­ño, co­mo fi­xo a maio­ría, con máis ou me­nos acer­to, que xa o tem­po se en­car­ga de po­ñer a ca­da quen no seu si­tio. Ela tam­pou­co é que mi­ra­ra pa­ra ou­tro la­do, pe­ro non se con­for­mou e de­ci­diu que as au­gar­den­tes son, ou po­den che­gar a ser, bas­tan­te máis ca un sub­pro­du­to.

E co­mo a ca­sa é súa, aín­da que ca­da cer­to tem­po to­ca pa­sar, co­mo ela mes­ma dí con aga­ri­mo, «a au­di­to­ría dos rec­to­res», que non son ou­tros se­nón os pais, Se­ve­ro e Ra­mo­na Pa­dín, aquí após­ta­se de­ci­di­da­men­te por pro­du­cir e eti­que­tar con ga­ran­tía de ori­xe. Fron­te ao ano­ni­ma­to e a re­ci­cla­xe en bo­te­llas dun mal­ta ben co­ñe­ci­do, vai o no­me da ca­sa por dian­te.

Cre no que fai. Por iso, non cau­sa es­pe­cial ex­tra­ñe­za que a pro­duc­ción de vi­ño se mo­va ca­da ano arre­dor das 25.000 bo­te­llas, e de au­gar­den­tes e li­co­res an­de en torno a dez mil. E iso, se­gún ad­mi­te, a pe­sa­res da di­fi­cul­ta­de ob­xec­ti­va que ten che­gar alá a on­de se que­re. Por­que en cues­tión de vi­ños, xa po­de apa­re­cer no ca­mi­ño cal­que­ra areí­ña, un coio, ou mes­mo un pe­dro­lo, que vai ha­ber al­guén que te­ña un­ha res­pos­ta, ou un li­bro no que con­sul­tar. Non é o mes­mo cos des­ti­la­dos. Ape­nas hai bi­blio­gra­fía. Os ve­llos des­ti­la­do­res saían adian­te con sa­bi­du­ría ad­qui­ri­da ao ca­lor do po­te, bo­ca, na­riz e mes­mo tac­to, en oca­sións. Ho­xe, os re­cur­sos téc­ni­cos son ex­tra­or­di­na­rios, pe­ro ás ve­ces bó­ta­se de me­nos aque­la sa­bi­du­ría na­tu­ral­men­te ad­qui­ri­da, co­mo din do car­bó­ni­co de al­gun­has au­gas. Pa­ra re­co­ller aque­las sen­sa­cións do po­tei­ro, as que o le­va­ban a fa­cer tal ou cal co­rrec­ción, a cor­tar nun mo­men­to ou nou­tro, fal­ta la­pis que per­mi­ta es­cri­bir no fi­ní­si­mo pa­pel que se­ría pre­ci­so em­pre­gar. Enó­lo­ga e ade­guei­ra, a So­nia aín­da lle que­da tem­po pa­ra com­par­tir os seus co­ñe­ce­men­tos e a súa ex­pe­rien­cia nos co­mi­tés de ca­ta de Rías Bai­xas e Oru­jo de Ga­li­cia, que se­me­lla al­go re­la­ti­va­men­te na­tu­ral, pe­ro ta­mén an­da me­ti­da en asun­tos de quei­xos. O ca­so é pro­bar.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.