O pro­gra­ma Voz Na­tu­ra con­ta con vós pa­ra o pró­xi­mo cur­so

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de la Escuela - - EL PANEL DE LA -

O teu co­le­xio, ins­ti­tu­to ou aso­cia­ción po­de ser un cen­tro Voz Na­tu­ra o pró­xi­mo cur­so. Se que­res que o coida­do da na­tu­re­za se­xa un­ha cons­tan­te ao lon­go do ano; se pen­sas que po­des in­te­grar as ac­ti­vi­da­des am­bien­tais no cu­rrícu­lo do cen­tro ou se xa o es­tás a fa­cer e pre­ci­sas un no­vo pu­lo... ¡ago­ra é o mo­men­to de dar un pa­so adian­te!

O pro­gra­ma me­dioam­bien­tal de La Voz de Ga­li­cia, desen­vol­vi­do po­la Fun­da­ción San­tia­go Rey Fer­nán­dez-La­to­rre, ten aber­to o pra­zo pa­ra pre­sen­tar pro­pos­tas pa­ra o pró­xi­mo cur­so 2016-2017. Un cur­so que, ade­mais, se­rá moi es­pe­cial por­que se cum­pren 20 anos da súa pos­ta en mar­cha.

O pra­zo re­ma­ta o 15 de mar­zo. An­tes dese día dé­ben­se pre­sen­tar os pro­xec­tos me­dian­te un for­mu­la­rio en li­ña que es­tá dis­po­ñi­ble na pá­xi­na web do pro­gra­ma (www.voz­na­tu­ra.es). Po­den pre­sen­tar­se equi­pos de cen­tros edu­ca­ti­vos de todos os ni­veis —agás o uni­ver­si­ta­rio— e aso­cia­cións am­bien­tais. Non hai un nú­me­ro mí­ni­mo de per­soas en ca­da equi­po pe­ro can­tos máis me­llor. Can­tos máis pro­fes, alum­nos e co­la­bo­ra­do­res me­llor va­lo­ra­da se­rá a pro­pos­ta, posto que Voz Na­tu­ra as­pi­ra a che­gar o maior nú­me­ro de ga­le­gos.

Ta­mén se­rá im­por­tan­te pa­ra a va­lo­ra­ción e, xa que lo­go, a acep­ta­ción do pro­xec­to, a súa te­má­ti­ca. Pa­ra o pró­xi­mo cur­so, Voz Na­tu­ra dei­xa en mans dos equi­pos a es­co­lla do te­ma. O pro­gra­ma que­re que ca­da­quén bo­te un­ha olla­da a súa con­tor­na, se pre­gun­te que po­de fa­cer pa­ra me­llo­ra­la e pro­po­ña como fa­ce­lo.

Un­ha vez re­ci­bi­dos todos os pro­xec­tos se­rá un co­mi­té cien­tí­fi­co de ex­per­tos o que de­ci­da ca­les son ad­mi­ti­dos e, por tan­to, os que con­ta­rán con fi­nan­za­ción pa­ra desen­vol­ver o tra­ba­llo.

Iso sa­be­ra­se a prin­ci­pios de xu­ño e os tra­ba­llos co­me­za­rán a exe­cu­tar­se en se­tem­bro, co arran­que do no­vo cur­so.

Voz Na­tu­ra con­ta co pa­tro­ci­nio da Con­se­lle­ría de Me­dio Am­bien­te, a Depu­tación da Co­ru­ña, a Fun­da­ción Al­coa, El Cor­te In­glés e a Fun­da­ción Ra­món Are­ces.

O 15 de mar­zo re­ma­ta o pra­zo pa­ra ins­cri­bir­se na pró­xi­ma edi­ción do pro­gra­ma que, ade­mais, ce­le­bra­rá o seu aniver­sa­rio con ac­cións es­pe­ciais

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.