340 días no es­pa­zo pa­ra pre­pa­rar a via­xe a Mar­te

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de la Escuela - - PORTADA - > Su­sa­na Pé­rez

Re­gre­sa a ex­pe­di­ción de 340 días cen­tra­da en es­tu­dar os efec­tos do es­pa­zo nos se­res hu­ma­nos

O pa­sa­do 1 de mar­zo re­gre­sa­ron á Te­rra dous as­tro­nau­tas des­de a es­ta­ción es­pa­cial in­ter­na­cio­nal tras un­ha es­tan­cia de 340 días se­gui­dos. Nes­te tem­po per­co­rre­ron 230 mi­llóns de qui­ló­me­tros en ór­bi­ta ao re­dor do pla­ne­ta, un­ha via­xe equi­va­len­te á dis­tan­cia me­dia en­tre Mar­te e a Te­rra. Pre­ci­sa­men­te un dos ob­xec­ti­vos des­ta mi­sión era es­tu­dar como afec­ta fi­sio­ló­xi­ca e psi­co­lo­xi­ca­men­te a un ser hu­mano un­ha via­xe de lon­ga du­ra­ción po­lo es­pa­zo, de ca­ra a un­ha fu­tu­ra mi­sión tri­pu­la­da ao pla­ne­ta vermello.

Es­ta ex­pe­di­ción axu­da­rá a com­pren­der me­llor como fun­cio­na o no­so or­ga­nis­mo e como res­pon­de can­do per­ma­ne­ce moi­to tem­po so­me­ti­do a in­gra­vi­dez, o que per­mi­ti­rá desen­vol­ver me­di­das pa­ra ga­ran­tir a saú­de e a se­gu­ri­da­de dos as­tro­nau­tas nas via­xes es­pa­ciais. Nes­ta mi­sión con­tou­se ade­mais cun­ha cir­cuns­tan­cia de es­pe­cial in­tere­se cien­tí­fi­co, xa que se pui­do fa­cer un se­gui­men­to de dous xe­mel­gos xe­ne­ti­ca­men­te idén­ti­cos. O as­tro­nau­ta nor­te­ame­ri­cano Scott Kelly ía a bor­do da es­ta­ción es­pa­cial, men­tres que Mark que­dou en te­rra, on­de foi so­me­ti­do ás mes­mas pro­bas que o seu ir­mán.

Os cien­tí­fi­cos xa co­ñe­cen al­gúns dos efec­tos da vi­da no es­pa­zo. Un dos máis ha­bi­tuais é a per­da de ma­sa mus­cu­lar e ósea de­bi­do á in­gra­vi­dez. Nes­te me­dio re­dú­cen­se os mo­ve­men­tos e a for­za ne­ce­sa­ria pa­ra des­pra­zar­se ou rea­li­zar cal­que­ra ac­ti­vi­da­de, po­lo que múscu­los e ósos se atro­fian, o que po­de pro­du­cir no tri­pu­lan­te de­bi­li­da­de e per­da de coor­di­na­ción. Pa­ra con­tra­rres­tar es­te problema, os as­tro­nau­tas in­clúen o exer­ci­cio fí­si­co na súa ru­ti­na dia­ria.

No es­pa­zo ta­mén se al­te­ra o rit­mo bio­ló­xi­co, o que po­de pro­du­cir tras­tor­nos do so­ño e á súa vez re­per­cu­tir na ca­pa­ci­da­de de aten­ción, na coor­di­na­ción do tra­ba­llo en equi­po e in­clu­so no com­por­ta­men­to. Ade­mais in­ves­tí­ga­se o fun­cio­na­men­to do sis­te­ma in­mu­ne, xa que se ob­ser­vou que se de­pri­me en voos tan­to de cur­ta como de lon­ga du­ra­ción. Pa­ra iso, nes­ta ex­pe­di­ción os ir­máns Kelly fo­ron ino­cu­la­dos coa va­ci­na da gri­pe, pa­ra com­pa­rar como res­pon­den as de­fen­sas do or­ga­nis­mo en te­rra e no es­pa­zo.

A ele­va­da ra­dia­ción do cos­mos e o seu po­si­ble im­pac­to no desen­vol­ve­men­to de can­cro, as al­te­ra­cións da per­cep­ción sen­so­rial e in­clu­so as ne­ce­si­da­des nu­tri­cio­nais nes­te me­dio son ou­tros dos as­pec­tos que se es­tán es­tu­dan­do pa­ra avan­zar na via­bi­li­da­de dun­ha fu­tu­ra via­xe de hu­ma­nos a Mar­te.

SCOTT KELLY, NASA

Arri­ba, día 180: a luz da lúa ilu­mi­na Ita­lia. Á es­quer­da, os xe­mel­gos Scott e Mark Kelly

NASA

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.