Un pe­rió­di­co cun­ha soa no­ti­cia

É a ta­re­fa de ho­xe. ¿É po­si­ble? So­li­ci­ta­mos a túa axu­da e cun fin moi con­cre­to: de­mos­trar que o tra­ba­llo do xor­nal é un­ha obra de ar­te, un­ha mos­tra ex­ce­len­te de co­mu­ni­ca­ción e, sen pre­ten­de­lo tal­vez, un­ha mos­tra ta­mén ex­ce­len­te do que de­be ser a di­dác­ti­ca

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de la Escuela - - EL PANEL DE LA 2 - > Je­sús Ga­rri­do | jgs@cur­sos­re­pe­du­ca­dor.com

¡Ao choio! Nós, alum­nos da ESO, por exem­plo, que os de ba­cha­re­la­to an­dan moi ocu­pa­dos por­que a uni­ver­si­da­de se lles vén en­ci­ma, imos ver que po­de le­var con­si­go a cons­tru­ción di­dác­ti­ca dun­ha no­ti­cia im­por­tan­te no xor­nal, uti­li­zan­do as 13 fe­rra­men­tas das que dis­po­ñen can­do que­ren bo­tar a voar to­das as súas cam­pás de so­no­ra co­mu­ni­ca­ción. Co­me­za­mos cun ví­deo co­ñe­ci­do: The

Day The­re Was No news. Só du­ra 45 se­gun­dos: (https://goo.gl/EeBn­qD). Cla­ro, aí nin un­ha soa no­ti­cia ti­ñan e que­dan —ex­ce­len­tes pro­fe­sio­nais— cun­ha ca­ra de des­coi­do fe­no­me­nal. Nós eli­xi­mos un­ha no­ti­cia que nos in­tere­se: po­de ser do xor­nal, ou non; pe­ro al­go que nos dea xo­go pa­ra desen­vol­ver su­fi­cien­te­men­te os 13 apar­ta­dos in­di­ca­dos aquí abai­xo e edi­ta­los, aín­da que se­xa a man.

1. No­me de sec­ción

É o cli­xé, o in­di­ca­ti­vo xe­ral, ás ve­ces des­ta­ca­do en cor, que se co­lo­ca na par­te al­ta da pá­xi­na, si­na­lan­do o te­ma que se desen­vol­ve ao lon­go dal­gun­has pá­xi­nas que po­den le­var di­ver­sos ar­ti­gos e in­for­ma­ción: Ga­li­cia, O Tem­po, Deportes, et­cé­te­ra.

2. Tí­tu­lo

Des­cri­be en pou­cas pa­la­bras o con­ti­do do tex­to que tra­ta dun­ha no­ti­cia con­cre­ta. O tí­tu­lo po­de ser in­for­ma­ti­vo can­do dá, sen máis, a no­ti­cia cos seus da­tos, ou va­lo­ra­ti­vo se emi­te un xuí­zo po­si­ti­vo ou ne­ga­ti­vo so­bre a no­ti­cia.

3. Sub­tí­tu­lo

É com­ple­men­to do tí­tu­lo e en­ga­de al­gún dato pa­ra en­ten­der me­llor a no­ti­cia, o lu­gar, tem­po, o por­qué, a súa im­por­tan­cia, a súa ac­tua­li­da­de.

4. Fir­ma e da­ta

In­di­ca quen é o au­tor do tex­to da no­ti­cia e des­de on­de es­cri­be.

5. Tex­to

Des­cri­be a no­ti­cia dun­ha for­ma bre­ve e com­pren­si­ble, uti­li­zan­do pun­tos se­gui­dos, co­mas e pun­tos á par­te can­do se tra­ta de ache­gar di­fe­ren­tes da­tos ou as­pec­tos da no­ti­cia.

6. La­di­ños

Chá­man­se así por­que se pu­ñan á bei­ra do tex­to, pe­ro ho­xe po­de­rían­se cha­mar, pa­ra en­ten­der­nos me­llor, ti­tu­li­ños nos que se di­vi­de o tex­to can­do co­me­za a desen­vol­ver­se un te­ma ou as­pec­to no­vo da no­ti­cia. Te­ñen moi­ta im­por­tan­cia, por­que tra­tan de cha­mar a aten­ción do lec­tor e por iso uti­li­zan le­tra gro­sa: son bre­ves e atrac­ti­vos, sus­ci­tan a cu­rio­si­da­de.

7. Fo­tos

Os lectores que­ren ver que pa­sou, on­de, quen fo­ron os pro­ta­go­nis­tas da no­ti­cia por­que a cau­sa­ron ou pa­de­ce­ron, como era a pai­sa­xe an­tes e como que­dou des­pois da tor­men­ta.

8. Pé de fo­to

Da­tos so­bre as per­soas, si­tios, ob­xec­to da no­ti­cia, ex­pli­ca­cións moi bre­ves.

9. In­fo­gra­fía

Ex­pli­ca gra­fi­ca­men­te o on­de da no­ti­cia, un ma­pa, o pro­ce­so dun ac­ci­den­te, o ca­mi­ño dun­ha via­xe, a es­ta­tís­ti­ca dun ti­po de no­ti­cias, a pi­rá­mi­de de ida­des dun­ha po­boa­ción, o que se­xa pu­bli­ca­ble en de­bu­xo, números, li­ñas, et­cé­te­ra.

10. En­qui­sa

Ás ve­ces a no­ti­cia le­va á bei­ra os re­sul­ta­dos dun­ha en­qui­sa que con­fir­ma ou pon en dú­bi­da o que se di no tex­to da no­ti­cia.

11. En­tre­vis­ta

Se a no­ti­cia é moi im­por­tan­te, de can­do en vez apa­re­ce ta­mén un­ha en­tre­vis­ta a un per­so­na­xe que ten al­go que ver co te­ma desen­vol­vi­do, o cal lle dá un apoio de ac­tua­li­da­de en di­rec­to e, en to­do ca­so, de ve­ra­ci­da­de e pro­xi­mi­da­de ao que se des­cri­be.

12. Opi­nión

E xa, como per­co­rri­do ca­se ex­haus­ti­vo dos acom­pa­ñan­tes da no­ti­cia, es­tán os tex­tos de opi­nión, on­de se ana­li­zan fei­tos, mi­den consecuencias, va­ló­ran­se re­sul­ta­dos ou se ofre­cen ideas pa­ra lo­grar me­llo­res re­sul­ta­dos nun te­ma.

13. Hu­mor

¡Ah, es­que­cía­se­nos! As cu­rio­sas ou sor­pren­den­tes no­ti­cias son sem­pre pa­nel dos me­llo­res hu­mo­ris­tas, que lle dan gra­za e sa­lei­ro ou crí­ti­ca benevolente pa­ra que si­gan os triun­fos de bos even­tos e per­so­na­xes no­ti­cia­bles ou que, por fa­vor, non se vol­van a re­pe­tir.

Os pre pre­sen­ta­do­res do ví­deo «The Da Day The­re Was No News» pe per­ma­ne­cen ca ca­la­dos sen na na­da de que fal fa­lar (arri­ba). Á esq es­quer­da, a ma ma­que­ta do pe pe­rió­di­co, lis­ta pa pa­ra es­cri­bir ne ne­la

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.