Tex­tos

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de la Escuela - - LITERATURA -

CO­ME­ZO DE «O CO­RA­ZÓN DAS TE­BRAS»

Ne­llie, un ber­gan­tín de con­si­de­ra­ble to­ne­la­xe, in­cli­nou­se ca­ra á án­co­ra sen un­ha soa vi­bra­ción das ve­las e per­ma­ne­ceu in­mó­bil. O flu­xo da ma­rea ter­mi­na­ra, ca­se non so­pra­ba ven­to e, co­mo ha­bía que se­guir río abai­xo, o úni­co que que­da­ba por fa­cer era de­ter­se e es­pe­rar o cam­bio da ma­rea. O es­tua­rio do Tá­me­sis pro­lon­gá­ba­se fron­te a nós co­mo o co­me­zo dun in­ter­mi­na­ble ca­mi­ño de au­ga. De lon­xe o ceo e o mar unían­se sen nin­gun­ha in­ter­fe­ren­cia, e no es­pa­zo lu­mi­no­so das ve­las cur­ti­das dos na­víos que subían coa ma­rea pa­re­cían acios ace­sos de lo­nas agu­da­men­te trian­gu­la­res, nos que res­plan­de­cían as bo­ta­va­ras ver­ni­za­das. A bru­ma que se es­ten­día po­las bei­ras do río des­li­zá­ba­se ca­ra ao mar e alí des­va­ne­cía­se sua­ve­men­te.

«REFLEXIÓNS SO­BRE O AFUNDIMENTO DE O 'TI­TA­NIC'» (1912):

Con del­ga­dos fe­rros de acei­ro cons­trúe­se un ho­tel de 45.000 to­ne­la­das pa­ra ase­gu­rar­se o pa­droá­de­go dun par de mi­les de ri­cos hós­pe­des (se fo­se des­ti­na­do só ao trán­si­to de emi­gran­tes non se te­ría da­do tal esa­xe­ra­ción de me­ro ta­ma­ño), de­có­ra­se no es­ti­lo dos fa­raóns ou de Luis XV —non sei con cer­te­za— e pa­ra com­pra­cer o de­van­di­to pu­ña­do de in­di­vi­duos, con máis di­ñei­ro do que sa­be­rían gas­tar, e pa­ra lo­grar o aplau­so de dous con­ti­nen­tes, lán­za­se esa enor­me ma­sa con dous mi­les per­soas a bor­do a vin­te e un nós a tra­vés do mar; per­fec­ta ex­hi­bi­ción da mo­der­na fe ce­ga na ma­te­ria e no ar­ti­fi­cio­so. E so­bre­vén o desas­tre. Con­mo­ción xe­ral. A fe ce­ga en ma­te­rial e pro­du­tos re­ci­biu un gol­pe te­rri­ble [...]. Non é po­si­ble au­men­tar in­de­fi­ni­da­men­te o gro­sor de baos e pran­chas men­tres que o pu­ro pe­so de tan­to so­bre­di­men­sio­na­men­to é un­ha van­ta­xe adi­cio­nal. Ao ler os in­for­mes, a pri­mei­ra re­fle­xión que nos vén á men­te é que se ese des­gra­cia­do bu­que me­di­se un­ha cin­cuen­te­na me­nos de me­tros pro­ba­ble­men­te te­ría elu­di­do o pe­ri­go. Pe­ro en­tón non te­ría da­do de si o su­fi­cien­te pa­ra ins­ta­lar pis­ci­nas e un ca­fé fran­cés. E iso, es­tá cla­ro, non é gran de anís.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.