TO­DOS OS TRA­BA­LLOS PRE­MIA­DOS NO CON­CUR­SO ME­LLOR PE­RIO­DIS­TA IN­FAN­TIL E XUVENIL 2016

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de la Escuela - - PORTADA -

A dé­ci­ma ter­cei­ra edi­ción do con­cur­so Me­llor Pe­rio­dis­ta In­fan­til e Xuvenil, con­vo­ca­do po­lo Pro­gra­ma Pren­sa-Es­cue­la, dá a co­ñe­cer os pre­mia­dos

Os apren­di­ces de xor­na­lis­tas que par­ti­ci­pa­ron na dé­ci­ma ter­cei­ra edi­ción do Con­cur­so Me­llor Xor­na­lis­ta In­fan­til e Xuvenil sor­pren­de­ron un ano máis os mem­bros do xu­ra­do coa súa ima­xi­na­ción desbordante. E coa súa ca­pa­ci­da­de de ex­pli­car as no­ti­cias máis aló das pa­la­bras. Non hai máis que ver o de­bu­xo ga­na­dor do pri­mei­ro ni­vel: co­mo se non po­de que­dar col­ga­do un vehícu­lo de dúas pon­tes, non sen­do co­mo o re­pre­sen­ta Juan To­más.

O xu­ra­do do con­cur­so que ca­da ano con­vo­ca o Pro­gra­ma Pren­sa-Es­cue­la de La Voz de Ga­li­cia, desen­vol­vi­do po­la Fun­da­ción San­tia­go Rey Fer­nán­dez-La­to­rre, es­ti­vo pre­si­di­do por Ma­ría Jo­sé Arro­jo Ba­li­ña, sub­di­rec­to­ra da Fun­da­ción San­tia­go Rey Fer­nán­dez-La­to­rre, e com­pos­to por Cé­sar Casal Gon­zá­lez, sub­di­rec­tor de In­for­ma­ción de La Voz de Ga­li­cia; Car­los Ocam­po Pé­rez-Go­ros­tia­ga, coor­di­na­dor de La Voz de la Es­cue­la; Ana Abe­len­da Váz­quez e San­dra Fa­gi­nas Sou­to, re­dac­to­ras de La Voz de Ga­li­cia; Mai­ca Simón Gó­mez, xor­na­lis­ta do De­par­ta­men­to de Co­mu­ni­ca­ción da Cor­po­ra­ción Voz de Ga­li­cia; e Ro­mi­na San­de Lago, coor­di­na­do­ra do Pro­gra­ma Pren­sa-Es­cue­la, que exer­ceu co­mo se­cre­ta­ria.

Un­ha vez máis, fo­ron dúas ca­te­go­rías, se­pa­ra­das por ida­des con dúas mo­da­li­da­des ca­da un­ha. Na ca­te­go­ría in­fan­til, os máis pe­que­nos de­bían de­bu­xar un­ha no­ti­cia e acom­pa­ña­la dun tex­to, máis sin­xe­lo pa­ra os máis ca­ti­vos.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.