Dez cla­ves pa­ra bus­car in­for­ma­ción sen mo­rrer no in­ten­to

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de la Escuela - - ORIENTACIÓN EDUCATIVA -

1 Uti­li­zar co­mi­ñas. Se po­mos Re­vo­lu­ción fran­ce­sa no bus­ca­dor, así ao bru­to e sen co­mi­ñas, sáen­nos máis de ca­tro mi­llóns de re­sul­ta­dos. Im­po­si­ble se­lec­cio­nar, so­bre to­do por­que no me­dio dese alu­de de in­for­ma­ción coaran­se mi­les de páxinas que non nos in­tere­san na­da (por exem­plo, so­bre a re­vo­lu­ción in­dus­trial ou so­bre as uñas fran­ce­sas…). Se te­clea­mos esas mes­mas dúas pa­la­bras en­tre co­mi­ñas, sai­rán me­nos de 500.000, que se­guen sen­do moi­tí­si­mas, pe­ro po­lo me­nos fa­lan do te­ma que nos in­tere­sa.

2 Ir só a páxinas web que ofre­zan un mí­ni­mo de ca­li­da­de. Os ne­nos non sem­pre sa­ben dis­tin­guir nas súas pro­cu­ras os si­tios fia­bles dos que non o son, po­lo que un­ha boa al­ter­na­ti­va é acou­tar a pro­cu­ra só a páxinas edu­ca­ti­vas. O xei­to de fa­ce­lo é es­cri­bir as pa­la­bras en­tre co­mi­ñas se­gui­das de «si­te:» e a ter­mi­na­ción «edu». Se­guin­do co exem­plo, se po­mos «“re­vo­lu­ción fran­ce­sa” si­te:edu» ob­te­re­mos un­has 20.000 li­ga­zóns en me­nos de dez se­gun­dos con con­ti­dos de ca­li­da­de.

3 Bus­car nun­ha web en con­cre­to. Por exem­plo, pa­ra ato­par to­do o que pu­bli­cou La Voz de Ga­li­cia so­bre o Ca­mi­ño de San­tia­go, pon­se «“Ca­mi­ño de San­tia­go” si­te:la­voz­de­ga­li­cia.es». Is­to mes­mo pó­de­se

fa­cer coa web do ins­ti­tu­to, da aso­cia­ción de pais, dos mu­seos cien­tí­fi­cos...

4 Uti­li­zar o signo me­nos. Is­to fai­se can­do so­mos cons­cien­tes de que o bus­ca­dor nos es­tá ofre­cen­do da­tos erró­neos. Por exem­plo, se que­re­mos fa­cer un tra­ba­llo so­bre as pa­ta­cas, apa­re­ce­ran­nos mi­les de páxinas so­bre pa­ta­cas fri­tas. Se na pro­cu­ra es­cri­bi­mos «pa­ta­cas –fri­tas», ato­pa­re­mos li­ga­zóns so­bre o te­ma sen que nos lee coas fa­mo­sas chips…

5 Ter en con­ta o ti­po de ar­qui­vo. Se o que nos in­tere­sa é ato­par un­ha in­for­ma­ción con cer­ta re­le­van­cia, po­de­mos bus­car só en for­ma­to PDF. Adoi­tan ser do­cu­men­tos máis coida­dos e de máis ca­li­da­de. Por exem­plo, se po­mos «fo­to­sín­te­se PDF» o bus­ca­dor só nos ofre­ce­rá ese ti­po de for­ma­to. Se o que nos pe­di­ron foi un tra­ba­llo pa­ra ex­por en cla­se, po­de­mos ins­pi­rar­nos re­vi­san­do ou­tras pre­sen­ta­cións en Po­wer Point. Bus­cá­mo­las así: «fo­to­sín­te­se PPT».

6 Uti­li­zar o as­te­ris­co pa­ra bus­car un­ha fra­se in­com­ple­ta. Por exem­plo, se es­que­ce­mos un dos mi­ne­rais dos que se com­pón o gra­ni­to, non te­mos máis que es­cri­bir no bus­ca­dor: «cuar­zo * e mi­ca». En dé­ci­mas de se­gun­do apa­re­ce­rá a com­po­si­ción

co­rrec­ta: cuar­zo, fel­des­pa­to e mi­ca.

7 Ato­par de­fi­ni­cións de pa­la­bras ou con­cep­tos des­co­ñe­ci­dos uti­li­zan­do a pa­la­bra «de­fi­ne». Por exem­plo, é su­fi­cien­te con pór «de­fi­ne: in­ver­te­bra­dos» pa­ra ato­par o que sig­ni­fi­ca o ter­mo... sen en­re­dar­se.

8 Uti­li­zar dous pun­tos con­se­cu­ti­vos pa­ra acou­tar a pro­cu­ra de da­tas, ran­gos, pre­zos ou me­di­das. Por exem­plo, se se tra­ta de pes­cu­dar os mun­diais de fút­bol que se ce­le­bra­ron nos úl­ti­mos 16 anos, po­ria­mos «“mun­dial de fút­bol” 2000..2016”. E os re­sul­ta­dos cen­tra­rían­se nes­tes anos.

9 Re­cor­da ade­mais que coas pro­cu­ras avan­za­das do me­nú do bus­ca­dor po­des li­mi­tar o teu ras­treo de in­for­ma­ción a ima­xes, ví­deos, no­ti­cias ou da­tas máis ou me­nos re­cen­tes, por exem­plo.

10 ¡Bo­rra as «co­okies» a miú­do! Se non que­res que o teu ras­tro an­te­rior con­di­cio­ne a pro­cu­ra, de­bes bo­rrar as co­okies no his­to­rial de na­ve­ga­ción. A al­ter­na­ti­va é, por exem­plo en Ch­ro­me, se­lec­cio­nar a op­ción No­va fies­tra de in­cóg­ni­to. E non ve­re­mos no­ti­cias nin anun­cios á no­sa me­di­da.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.