DE RELAX, O TRACTOR E A SULFATAR

La Voz de Galicia (A Coruña) - Mercados - - EMPRESAS -

Can­do re­ma­ta de tra­ba­llar, pa­ra re­la­xar­se, Fi­na se­gue a tra­ba­llar. «Se po­do es­tar ac­ti­va dez ho­ras non es­tou cin­co». A súa prio­ri­da­de é go­zar da ca­sa e da fa­mi­lia. «Non me gusta a te­le­vi­sión, as no­ti­cias es­cói­toas na ra­dio can­do vou no co­che, non me gusta o ci­ne nin via­xar. O tra­ba­llo no hos­pi­tal gús­ta­me, pe­ro can­do che­go a ca­sa co­llo o tractor, pó­ño­me a sulfatar e re­lá­xa­me. O úni­co que fa­go fó­ra da ca­sa é ir un­ha vez á se­ma­na á pe­rru­que­ría, e ta­mén me gusta an­dar po­las praias de Ardán». O seu ma­ri­do es­tá em­bar­ca­do e Fi­na re­co­ñe­ce que to­do o que fi­xe­ron foi gra­zas a ese col­chón. «Non po­de­ría fa­cer nada sen el, fí­xoo por min e es­pe­ro po­der re­com­pen­sa­lo al­gún día». To­da a fa­mi­lia se in­vo­lu­cra na em­pre­sa. «A mi­ña fi­lla pe­que­na di­xo que ha­bía que cam­biar a etiqueta do vi­ño 3 Her­ma­nos, por­que no pri­mei­ro bos­que­xo ela era pe­que­na e xa é un­ha mo­za», di a nai en­tre ri­sas. Por to­dos eles agar­da po­der res­tau­rar un día a vi­ven­da que com­pra­ron en Belesar, un­ha pa­ra­xe que lle en­tu­sias­ma.

Coi­da­mos o deseño por­que se coidas a mar­ca, coidas o vi­ño; as eti­que­tas son do Rei Zen­to­lo e pen­so que van gus­tar moi­to»

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.