A es­ca­lei­ra de Isaac

La Voz de Galicia (Carballo) - - OPINIÓN -

do ga­le­guis­mo re­pu­bli­cano no exi­lio. Cer­to que hou­bo ou­tras ini­cia­ti­vas, mais so­bre es­tes dous es­teos prin­ci­pais asen­tou o pro­xec­to do ga­le­guis­mo que, ca­se que mi­la­gro­sa­men­te, re­sis­tiu non só a tra­xe­dia da gue­rra ci­vil se­nón a du­rí­si­ma pos­gue­rra. A bio­gra­fía de Isaac é un re­la­to es­tre­me­ce­dor dese tem­po, tan ave­so, tan di­fí­cil e que, nem­bar­gan­tes, eles sou­be­ron en­cher de es­pe­ran­za e de ener­xía.

No ano 2006 ti­ven a hon­ra de par­ti­ci­par nun li­bro co­lec­ti­vo de ho­me­na­xe a Isaac (Crea­ción e com­pro­mi­so na Ga­li­cia do sécu­lo XX) e alí es­cri­bín por pri­mei­ra vez das es­ca­lei­ras: Isaac Díaz Par­do cons­tru­tor de es­ca­lei­ras. Vol­vín á ima­xe o ou­tro día en Boi­sa­ca. Coa pers­pec­ti­va do tem­po aín­da se­me­lla mais po­de­ro­sa a es­tam­pa. Ca­da vez que Isaac cons­truía un pro­xec­to, que nor­mal­men­te se ma­te­ria­li­za­ba nun edi­fi­cio, axu­da­do en moi­tos ca­sos po­lo seu ami­go Andrés Al­ba­lat, ca­se o pri­mei­ro que fa­cía era po­ñer un­ha es­ca­lei­ra. Non sei se o fa­cía de xei­to cons­cien­te, pe­ro an­tó­lla­se­me un­ha mag­ní­fi­ca ale­go­ría. A es­ca­lei­ra apun­ta­ba ca­ra o ceo, ca­ra al­gún lu­gar non definido, es­ca­lei­ra sen fin, que con­du­cía ao te­rri­to­rio dos so­ños. Arre­dor de­la, ban­zo a ban­zo, ían me­dran­do as ha­bi­ta­cións, os es­pa­zos de tra­ba­llo, os dis­tin­tos apar­ta­men­tos, sem­pre coa ló­xi­ca de dar ser­vi­zo e cohe­ren­cia á idea que se pre­ten­día. E sem­pre ao ser­vi­zo dun­ha cau­sa, que foi a gran em­pre­sa da súa xe­ra­ción: a re­cons­tru­ción da Ga­li­cia que non se abai­xa­ba, nin se ren­día, por­que a von­ta­de dos se­res hu­ma­nos, can­do res­pon­de a un pro­xec­to cer­to, non sa­be de de­rro­tas.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.