«Hai que loi­tar por adian­tar o re­ti­ro; non me ve­xo ma­ris­can­do aos 67 anos»

Míguez cre que a mu­ller es­tá no mo­men­to idó­neo pa­ra aca­dar os seus ob­xec­ti­vos a tra­vés do aso­cia­cio­nis­mo

La Voz de Galicia (Carballo) - - MARÍTIMA - E. ABUÍN

Po­de­ría di­cir­se que de cas­ta lle ven ao gal­go, aín­da que a Ri­ta Míguez (Ce­san­tes, 1973) esa cas­ta lle ve­ña po­la fa­mi­lia po­lí­ti­ca. Si ho­xe é ma­ris­ca­do­ra foi po­los azos da súa so­gra Con­sue­lo, his­tó­ri­ca pre­si­den­ta das ma­ris­ca­do­ras de Ar­ca­de. E non ti­tu­beou pa­ra po­ñer­se ao fron­te da con­fra­ría nin pa­ra po­ñer o seu no­me na úni­ca can­di­da­tu­ra á presidencia de Anmupesca, a Aso­cia­ción Na­cio­nal de Mu­je­res de la Pes­ca, que se cons­ti­tuíu hai ca­se dous anos cun cla­ro ob­xec­ti­vo: dar vi­si­bi­li­da­de á mu­ller e po­ñer o fo­co na par­te fe­mi­ni­na dun sec­tor no que, así, de xei­to xe­ral, sem­pre se lle pon xé­ne­ro mas­cu­lino. —¿Por que non se ve á mu­ller da pes­ca? —Bas­ta pa­rar­se en que de 63 con­fra­rías que hai en Ga­li­cia, e nos car­gos directivos, co­mo pa­troas ou vi­ce­pa­troas maio­res ape­nas se­re­mos un­ha du­cia ou pou­co máis. É cer­to que iso an­tes era impensable, e que xa de­mos moi­tos pa­sos ao no­so fa­vor. Foi im­pre­sio­nan­te a loi­ta das mu­lle­res das con­fra­rías coa Ad­mi­nis­tra­ción, pa­ra agru­par­se, pro­fe­sio­na­li­zar a súa la­bor, co­ti­zar á se­gu­ri­da­de so­cial... Elas em­pe­za­ron a pe­tar nas por­tas pa­ra di­cir aquí es­ta­mos. Elas de­ron un pa­so e ago­ra o no­so de­ber é se­guir con ou­tro pa­so máis adian­te. —¿Fal­tan moi­tos pa­sos pa­ra aca­bar o ca­mi­ño, pa­ra que se fa­le da pes­ca ta­mén en fe­mi­nino? —En Ga­li­cia, máis ou menos es­ta­mos aso­cia­das e, den­tro do que ca­be, ben or­ga­ni­za­das. Por iso di­xe­mos de ir un pa­so máis e ese pa­so foi mon­tar a aso­cia­ción na­cio­nal. Ago­ra te­mos que ir a Ma­drid e que se nos es­coi­te, con­tar en pri­mei­ra per­soa ca­les son as no­sas reivin­di­ca­cións. E des­pois de aí, a Eu­ro­pa, por­que to­do sae da UE... É di­cir, uni­fi­car­nos to­das, de to­dos os paí­ses e de cal­que­ra sec­tor. As mu­lle­res es­ta­mos en to­da a ca­dea da pes­ca: no mo­men­to en que se con­fec­cio­nan as re­des pa­ra que os bar­cos saian a pes­car e so­mos as que imos á praza e compramos o pei­xe pa­ra le­var ás no­sas me­sas. Por iso creo que te­mos moi­to que apor­tar ao sec­tor e o que reivin­di­ca­mos é que se nos va­lo­re, que se ve­xa a ache­ga das mu­lle­res. Can­do se fa­la de pes­ca a ima­xe que te­mos é un pou­co en mas­cu­lino; pois te­mos que fa­cer ver que nós ta­mén es­ta­mos aí. —Hai sec­to­res nos que a pre­sen­za da mu­ller é aplas­tan­te, co­mo o ma­ris­queo. ¿Ta­mén aí hai os mes­mos pro­ble­mas de in­vi­si­bi­li­da­de? —Can­do nos xun­ta­mos é pa­ra su­mar, pa­ra de­fen­der un sec­tor con axu­da de to­dos. Pe­ro te­mos que loi­tar po­los pro­ble­mas que te­mos as mu­lle­res da pes­ca, xa se­xan en­fer­mi­da­des pro­fe­sio­nais, in­tru­sis­mo la­bo­ral, dis­tin­tos sa­la­rios... Hai cam­pos no que as mu­lle­res fan o mes­mo tra­ba­llo que os ho­mes e, sen em­bar­go, co­bran bas­tan­te menos. —¿Co­bra menos un­ha ma­ris­ca­do­ra de Ar­ca­de que un ma­ris­ca­dor? —Eles co­bran máis, pe­ro por­que tra­ba­llan máis ho­ras. Non é pre­ci­sa­men­te no ma­ris­queo on­de se dan as di­fe­ren­zas sa­la­riais. No ca­so das re­dei­ras, por exem­plo, si que hai un­ha bre­cha im­por­tan­te. Moi­tas es­tán co­sen­do re­des por uns car­tos e os ma­ri­ñei­ros que co­sen nos bar­cos co­bran moi­to máis can­do fan o mes­mo tra­ba­llo que elas. —Fá­la­se ago­ra de em­bar­car a mu­lle­res en bar­cos de al­tu­ra. ¿Se con­si­gue a igual­da­de po­ñen­do mu­lle­res en cu­ber­ta? —Non é ese o pro­ble­ma. Non se tra­ta de aca­dar así a igual­da­de. E que hai mu­lle­res que sa­can o tí­tu­lo de ca­pi­ta­na e non te­ñen a po­si­bi­li­da­de de tra­ba­llar por­que nin­guén as em­bar­ca po­lo fei­to de ser mu­lle­res e non po­den fa­cer as ho­ras de mar. —¿Por que non as con­tra­tan? —Iso non mo tes que pre­gun­tar a min [ri­sas]. Iso é o que que­re­mos so­lu­cio­nar. Din­che que é por­que os bar­cos de al­tu­ra non es­tán acon­di­cio­na­dos pa­ra le­var mu­lle­res a bor­do, por­que ao me­llor te­ñen que po­ñer un ba­ño apar­te, ou fa­cer re­for­mas... Pe­ro iso non é un im­pe­di­men­to. Po­las leis de igual­da­de, ca­da vez que se cons­trúe ou mo­der­ni­za un bar­co, xa se de­be­ría pen­sar en que hai mu­lle­res que es­tán es­tu­dan­do, moi­tas máis que ho­mes e con me­llo­res no­tas, que ne­ce­si­tan fa­cer prác­ti­cas pa­ra co­ller ex­pe­rien­cia. É o mes­mo que se es­tu­das en­fer­me­ría e tes que fa­cer as prác­ti­cas nun hos­pi­tal; no mar, te­las que fa­cer a bor­do de un bar­co. —Anmupesca aca­ba de es­trear pá­xi­na web. ¿Que se pre­ten­de? —Dar un pa­so máis ca­ra a vi­si­bi­li­da­de da mu­ller e in­ten­tar que a xen­te nos co­ñe­za, in­te­grar o má­xi­mo de aso­cia­cións (xa so­mos 21) e mu­lle­res po­si­ble, e tra­ba­llar con elas pa­ra co­ñe­cer ao sec­tor, se­guir es­coi­tán­doas, ver os pro­ble­mas que hai e in­ten­tar cum­prir al­gúns ob­xec­ti­vos co­múns. —¿E ca­les son eses re­tos? —A re­vi­sión dos coe­fi­cien­tes re­du­to­res da ida­de da xu­bi­la­ción, pa­ra nós, é fun­da­men­tal. Te­mos que loi­tar por iso, por­que non me ve­xo con 67 anos tra­ba­llan­do na praia. Non me ve­xo eu, nin se ve un­ha re­dei­ra, nin un­ha ar­ma­do­ra, nin un­ha per­ce­bei­ra. Te­mos que pro­fe­sio­na­li­zar aín­da máis o no­so tra­ba­llo e lo­grar o re­co­ñe­ce­men­to pa­ra as no­sas en­fer­mi­da­des la­bo­rais. Ta­mén tra­ta­re­mos de im­pul­sar ás mu­lle­res pa­ra que asu­man o li­de­raz­go e par­ti­ci­pen nos ór­ga­nos de goberno, pois é aí on­de se lles vai es­coi­tar e on­de van po­der re­sol­ver os seus pro­ble­mas. —¿Por que lle cus­ta tan­to á mu­ller po­ñer­se á fron­te? —Le­va­mos tan­tos anos na es­cu­ri­da­de, tan­tos anos es­con­di­das, que nos cus­ta, pe­ro iso se so­lu­cio­na per­fec­ta­men­te con for­ma­ción, in­ter­cam­bio de ex­pe­rien­cias, fo­ros, fa­lan­do coas mu­lle­res... Es­ta­mos no mo­men­to idó­neo, creo que o aso­cia­cio­nis­mo é o ins­tru­men­to fun­da­men­tal pa­ra aca­dar os no­sos ob­xec­ti­vos.

«A so­cie­da­de ten que sa­ber que na pes­ca hai mu­lle­res e que apor­ta­mos moi­tí­si­mo ao sec­tor» «Hai ei­dos nos que elas fan o mes­mo tra­ba­llo que eles e co­bran bas­tan­te menos»

CÉ­SAR QUIAN

Míguez, que se con­fe­sa «em­bo­ba­da» po­lo mar, dis­fru­ta ao com­pro­bar que as de­mais mu­lle­res do sec­tor sen­ten a mes­ma pai­xón.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.