For­ma­ción en edu­ca­ción se­xual e di­ver­si­da­de no ei­do do tem­po li­bre

A Es­co­la de Tem­po Li­bre Alou­mi­ña im­par­te cur­sos so­bre te­má­ti­cas pran­te­xa­das den­de o alum­na­do

La Voz de Galicia (Deza) - Deza local - - AGENDA - AMELIA FERREIROA MI­GUEL SOUTO

O vin­dei­ro 25 de mar­zo ce­le­bra­ra­se o se­gun­do dos cur­sos pro­gra­ma­dos den­tro das Xor­na­das de For­ma­ción no Ei­do do Tem­po Li­bre, que or­ga­ni­za a Es­co­la de Tem­po Li­bre Alou­mi­ña, e que se cen­tra­rá en téc­ni­cas de glo­bo­fle­xia e ma­qui­lla­xe. Xor­na­das que te­rán con­ti­nui­da­de con dúas ini­cia­ti­vas for­ma­ti­vas máis: un cur­so de edu­ca­ción emo­cio­nal que se im­par­ti­rá o 1 e o 8 de abril, e ou­tro de edu­ca­ción afec­ti­vo se­xual e di­ver­si­da­de que pe­cha­rá di­ta pro­gra­ma­ción o 29 de abril. Xor­na­das que se ini­cia­ron con ma­nua­li­da­des a ba­se de ma­te­rial de re­fu­ga­llo e que aten­den, se­gun­do Patricia Mar­tí­nez de Alou­mi­ña, «a aten­der as pe­ti­cións do alum­na­do da es­co­la xa que ao re­ma­tar os cur­sos se fan un­has en­qui­sas so­bre as ne­ce­si­da- A for­ma­ción é na Ca­sa da Xu­ven­tu­de de La­lín.

des que ten a xen­te que tra­ba­lla no tem­po li­bre pa­ra se­guir for­mán­do­se e o que pi­de maio­ri­ta­ria­men­te o alumno é o que se pran­te­xa lo­go en xor­na­das co­ma as que se es­tán a dar».

Un­ha for­ma­ción no ei­do do tem­po li­bre que, den­tro des­te pro­gra­ma for­ma­ti­vo, se es­truc­tu­ra en ini­cia­ti­vas máis prác­ti­cas e ou­tras máis teó­ri­cas. «É nor­mal que se­xa así xa que so­mos di­fe­ren­tes. Non nos gus­tan a to­dos as mes­mas cou­sas e hai que ofer­tar con­ti­dos va­ria­dos. Al­gúns va­lo-

ran máis as cou­sas ma­nuais e ou­tros apos­tan por un tras­fon­do máis teó­ri­co». A edu­ca­ción emo­cio­nal e a afec­ti­vo­se­xual e di­ver­si­da­de abor­da­ran­se nes­tas xor­na­das ao ser te­má­ti­cas moi de­man­da­das «pe­ro non hai moi­ta ba­ga­xe per­soal ao res­pec­to. Hai que pa­rar­se e re­fle­xio­nar, al­go que non fa­ce­mos», sen­ten­cia Mar­tí­nez que ani­ma á par­ti­ci­pa­ción nes­tas ac­ti­vi­da­des aber­tas ao pú­bli­co en xe­ral e pa­ra as que ho­xe se pe­cha o pra­zo de ano­ta­ción pa­ra o cur­so de edu­ca­ción emo­cio­nal.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.