Mi­cro­li­te­ra­tu­ra es­tra­den­se pa­ra en­gra­xar o ga­le­go

La Voz de Galicia (Deza) - Deza local - - DEZA-TABEIRÓS - R. G.

Pa­ra po­ñer en va­lor o ga­le­go co­mo fei­to cul­tu­ral e iden­ti­ta­rio e po­ten­cia­lo en­tre ne­nos e mo­zos, os equi­pos de di­na­mi­za­ción lin­güís­ti­ca dos dez cen­tros de en­sino da Es­tra­da —agru­pa­dos no co­lec­ti­vo Di­na­mi­zaes­tra­da— ac­ti­va­ron hai ca­tro anos un con­cur­so escolar de mi­cro­poe­mas e microrrelatos. A cuar­ta edi­ción —que foi fa­lla­da es­ta se­ma­na— aca­dou un­ha cifra ré­cord de par­ti­ci­pa­ción en to­dos os cen­tros, ca­te­go­rías e mo­da­li­da­des. Os cen­tos de tra­ba­llos pre­sen­ta­dos obri­ga­ron a fa­cer un­ha pre­se­lec­ción que dei­xou so­bre a me­sa 240 fi­na­lis­tas. A ca­li­da­de das crea­cións fi­xo di­fí­cil a es­co­lla dos 31 mi­cro­poe­mas e os 31 microrrelatos ga­ña­do­res. Se­gun­do o xu­ra­do, os eli­xi­dos aca­dan en moi­tos ca­sos un al­to ni­vel crea­ti­vo e lin­güís­ti­co, ade­mais de se adap­tar co­rrec­ta­men­te ás re­gras do xo­go.

O con­cur­so é un pro­ce­so que bus­ca ta­mén dar di­fu­sión ó au­tor ó que se lle de­di­ca o Día das Le­tras Ga­le­gas e á súa obra. Por iso xa no pri­mei­ro tri­mes­tre do cur­so en ca­da cen­tro o alum­na­do e os equi­pos de nor­ma­li­za­ción lin­güís­ti­ca par­ti­ci­pa­ron na es­co­lla de dúas pa­la­bras con­ti­das no tí­tu­lo dal­gun­ha das obras do au­tor ho­me­na­xea­do, que es­te ano é Ma­nuel Ma­ría. As pa­la­bras es­co­lli­das po­la co­mu­ni­da­de edu­ca­ti­va fo­ron «ve­rán» e «ven­to». A pri­mei­ra ti­ña que apa­re­cer ne­ce­sa­ria­men­te nos microrrelatos. Nos mi­cro­poe­mas era obri­ga­do in­cluír a pa­la­bra «ven­to». Ou­tros re­qui­si­tos eran o em­pre­go de 100 pa­la­bras co­mo má­xi­mo pa­ra os microrrelatos. No ca­so dos mi­cro­poe­mas, ti­ñan que ter de 2 a 8 ver­sos nas ca­te­go­rías in­fe­rio­res e de 4 a 8 nas ou­tras.

O xu­ra­do deu a co­ñe­cer on­te o seu fa­llo. O lis­ta­do cos 62 pre­mia­dos pó­de­se con­sul­tar no en­de­re­zo elec­tró­ni­co pro­xec­to­de­lin­gua.blogs­pot.com. Na ca­te­go­ría máis al­ta (Ba­cha­re­la­to e Ci­clos for­ma­ti­vos) im­pu­xé­ron­se no con­cur­so poé­ti­co An­tía Sa­la Do­cam­po e Ni­co­lás Lu­na Puen­te, que ta­mén foi ga­ña­dor no con­cur­so de microrrelatos xun­to a Ele­na Ber­nár­dez Nei­ra.

Os tra­ba­llos ga­ña­do­res se­rán pu­bli­ca­dos nun li­bro con­xun­to no que ta­mén se in­clui­rán ilus­tra­cións rea­li­za­das por alum­nos de In­fan­til. A fi­nais de maio ou prin­ci­pios de xu­ño te­rá lu­gar a en­tre­ga de pre­mios e a presentación do vo­lu­me li­te­ra­rio.

O con­cur­so es­tá con­vo­ca­do po­lo co­lec­ti­vo Di­na­mi­zaes­tra­da.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.