A to­rre de ho­me­na­xe que ou­tor­ga a Ci­ra re­le­van­cia in­ter­na­cio­nal

La Voz de Galicia (Deza) - Deza local - - DEZA-TABEIRÓS -

Cu­rio­si­da­des da his­to­ria. Pre­to da lei­ra ci­ta­da an­tes en Fu­ca­re­los, no cou­to co­ñe­ci­do co­ma do Cas­te­lo, cerca do lu­gar das La­goas, ató­pa­se un­ha to­rre de ho­me­na­xe que lle ou­tor­ga a Ci­ra im­por­tan­cia in­ter­na­cio­nal. De­cla­ra­do Pa­tri­mo­nio Na­cio­nal des­de 1949, es­te cas­te­lo foi cons­truí­do no ano 1115 po­lo con­de Xoán Ver­mu­do Suá­rez e lo­go arre­ba­ta­do po­la raí­ña Urra­ca, nai de Al­fon­so VII, rei de Ga­li­cia.

Froi­to das loi­tas man­ti­das coa no­bre­za ga­le­ga e co cle­ro com­pos­te­lano o 20 de xu­llo de 1120 pren­deu por sor­pre­sa ao ar­ce­bis­po Xel­mí­rez, que su­fríu cár­ce­re den­tro das súas pa­re­des ata o 28 de xu­llo, da­ta en que foi li­be­ra­do da custodia que exer­cía o ca­ba­lei­ro Xoán Díaz. Pos­te­rior­men­te e da­do o in­tere­se es­tra­té­xi­co do pro­mon­to­rio si­lle­den­se, em­pra­za­do den­tro das te­rras de San­tia­go, Xel­mí­rez con­se­gue com­prar­llo á raí­ña por 150 mar­cos de pra­ta.

No­bres e ar­ce­bis­pos

Des­truí­do o cas­te­lo po­los Ir­man­di­ños no sécu­lo XV, le­van­touno de no­vo Ló­pez Mos­co­so, Con­de de Al­ta­mi­ra, en 1470 sen­do tes­te­mu­ña de no­vos in­ci­den­tes en­tre no­bres e os ar­ce­bis­pos. Alon­so de Fon­se­ca, ar­ce­bis­po de San­tia­go de Com­pos­te­la, le­van­ta no cu­mio do Pi­co Sa­cro un cas­te­lo­to­rre pa­ra po­der fa­cer fron­te ás pre­ten­sións e ata­ques do Con­de. E is­to sí acon­te­ceu!.

Aquí, e des­pois de ven­ce­llar a his­to­ria te­le­vi­si­va coa real, ben se po­de apli­car o di­to, «En Si­lle­da, cal­que­ra pa­re­ci­do coa reali­da­de non é pu­ra coin­ci­den­cia, é ver­da­de».

«Cal­que­ra pa­re­ci­do coa reali­dad non é pu­ra coin­ci­den­cia, é ver­da­de» en Si­lle­da

A to­rre de ho­me­na­xe de Ci­ra re­cor­da o pro­ta­go­nis­mo si­lle­den­se na aque­la épo­ca.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.