Si­lle­da, un Con­ce­llo de pe­lí­cu­la

O Mos­tei­ro de Car­boei­ro foi xa en moi­tos oca­sións es­tu­dio de gra­va­ción de ci­ne­ma pa­ra ac­to­res re­le­van­tes

La Voz de Galicia (Deza) - Deza local - - DEZA-TABEIRÓS - AL­FRE­DO ABELEDO PE­NAS

A prin­ci­pios do mes de mar­zo re­ma­tou o úl­ti­mo ca­pí­tu­lo da se­rie O fi­nal do Ca­mi­ño, da pro­du­to­ra Voz Au­dio­vi­sual, que em­pre­gou co­mo fío con­du­tor a cons­tru­ción da Ca­te­dral de San­tia­go, po­lo im­pul­so da­do po­lo bis­po Die­go Pe­láez no ano 1075, co apoio da reale­za da épo­ca. E o pa­sa­do 17 do mes­mo mes ti­vo lu­gar en Si­lle­da un ac­to de agra­de­ce­men­to por par­te da Depu­tación de Pon­te­ve­dra e o Con­ce­llo de Si­lle­da á pro­vin­cia e á pro­du­to­ra, por uti­li­zar zo­nas do ter­mo municipal e mu­ni­ci­pios pró­xi­mos co­mo pla­tós e de­co­ra­dos dun­ha se­rie, que se in­tro­du­ciu nas no­sas ca­sas co­ma nou­tros tem­pos o fi­xe­ran os pro­gra­mas es­te­la­res da TVE.

Ha­bía mo­men­tos en que o co­men­ta­rio do día des­pois, xo­ves, ver­sa­ba so­bre que lu­gar ou mo­nu­men­to saí­ra ou que ve­ci­ño ou ve­ci­ña apa­re­ce­ra de fi­gu­ran­te ou de ex­tra. Es­ta­ba­mos ab­du­ci­dos por un­ha ex­tra­ña co­rren­te de gas pro­ce­den­te da pan­ta­lla se­me­llan­te a do mun­dial de fút­bol, can­do a se­lec­ción es­pa­ño­la que­dou cam­pio­na.

Cer­ta­men­te, hai que di­cir que Si­lle­da é un Con­ce­llo de pe­lí­cu­la. Moi­tos fo­ron os lu­ga­res que se pro­di­ga­ron en ca­da ca­pí­tu­lo. Ata che­ga­ron a bau­ti­za­la co no­vo to­pó­ni­mo de Si­lle­da de Com­pos­te­la. E deso de­ron boa con­ta si­tios co­ma, o Re­cin­to Fei­ral, Can­te­iras de Ro­sen­de, A Fer­ven­za de Fér­ve­da, Saí­dres, Xes­to­so, An­se­mil, Ci­ra, Car­boei­ro,... Nun­ca foi sor­pre­sa, que o Mos­tei­ro de Car­boei­ro te­ña si­do es­tu­dio de gra­va­ción de ci­ne­ma pa- ra ac­to­res da ca­te­go­ría de San­cho Gra­cia, Luis To­sar, Agus­tín Gon­zá­lez, Ai­ta­na Sán­chez Gi­jón, Charl­ton Hes­ton ou mes­mo Enrique Igle­sias, aín­da na me­mo­ria re­cen­te, po­la ro­da­xe dun ví­deo clip. Mais tam­pou­co acon­te­ce­ra, sal­vo no ca­so de Flor de San­ti­dad ou Re­li­quias, que es­te ce­no­bio e o de An­se­mil poi­de­ran ser, eso... con­ven­tos, acu­bi­llo es­pi­ri­tual da tum­ba do Após­to­lo San­tia­go e re­crea­ción da Com­pos­te­la me­die­val, asen­to de reis e fo­co cul­tu­ral mun­dial. To­da un­ha honra.

O que cha­ma­ba a aten­ción da se­rie re­cén re­ma­ta­da era a mes­tu­ra de cer­tos per­so­na­xes da fic­ción, os ir­máns Ca­toi­ra por exem­plo, coa reali­da­de da exis­ten­cia dou­tros, mil ve­ces lem­bra­dos na his­to­ria mais lon­xa­na de Ga­li­cia, por­que foi aí, no sécu­lo XII can­do go­zou de máis so­be­ra­nía e pres­ti­xio, co no­mea­men­to de Al­fon­so VII co­mo Rei de Ga­li­cia (1111) e coa im­plan­ta­ción do ga­le­go co­ma idio­ma ofi­cial do rei­na­do. Aí é na­da!!!.

Eses per­so­na­xes, Al­fon­so VII, a súa nai a raí­ña Urra­ca e o bis­po Die­go Xel­mí­rez fo­ron os pro­ta­go­nis­tas reais dun­ha fan­ta­sía que se emi­tiu to­dos os mér­co­res so­bre uns de­co­ra­dos ta­mén im­pro­vi­sa­dos e de pe­lí­cu­la, pe­ro che­ga­dos ata aquí, ven­me a me­mo­ria un­ha es­ce­na do úl­ti­mo ca­pí­tu­lo do Fi­nal do Ca­mi­ño. Gon­za­lo de Ca­toi­ra, na com­pa­ña da súa ama­da El­vi­ra e do fi­llo de Pe­dro, apa­re­cen aran­do un­ha lei­ra, nun­ha par­ce­la es­co­lli­da pa­ra a gra­va­ción. Era en Fu­ca­re­los, Ci­ra, on­de a praia flu­vial. Un­ha fic­ción.

MI­GUEL SOUTO

Ima­xe da gra­va­ción da se­rie na re­crea­ción da Com­pos­te­la me­die­val en Si­lle­da.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.