«A tran­se­xua­li­da­de adul­ta era un tras­torno, e a in­fan­til in­vi­si­bi­li­zá­ba­se» Coa ta­mén se­xó­lo­ga Be­lén Mon­te­sa guiou un ta­ller de ex­pe­di­ción á se­xua­li­da­de fe­mi­ni­na

La Voz de Galicia (Deza) - Deza local - - AGENDA - AMELIA FERREIROA

Fa­lar de se­xua­li­da­de é al­go que se fai a miú­do. De fei­to, nun­ca tan­to se fa­lou so­bre o se­xo pe­ro sin se­xo. Son afir­ma­cións da se­xó­lo­ga e di­rec­to­ra de Ven­ce­llos Aten­ción Se­xo­ló­xi­ca de Com­pos­te­la Pe­né­lo­pe Alon­so que es­ti­vo en La­lín par­ti­ci­pan­do no pro­gra­ma de ac­tos da se­gun­da edi­ción do Co­ci­do do Or­gu­llo, que se es­tá a or­ga­ni­zar den­de o con­ce­llo. —Nun­ha so­cie­da­de que se con­si­de­ra tan pro­gre­sis­ta e li­be­ral, ¿fa­lar de se­xua­li­da­de é aín­da un te­ma ta­bú en pleno sécu­lo XXI? —Fá­la­se de se­xua­li­da­de, fá­la­se moi­to do uso dos xe­ni­tais, das súas di­fi­cul­ta­des, das obri­gas do pra­cer e de to­do o mer­chan­di­sing ao re­dor de­sa idea de se­xua­li­da­de pe­ro non da reali­da­de dos se­xos, da con­vi­ven­cia, do cul­ti­vo dos va­lo­res se­xuais. O ta­bú real do se­xo ago­ra mes­mo é fa­lar do cul­ti­vo dos va­lo­res dos se­xos.

—¿E nas mu­lle­res?

—O ta­bú se­gue a ser so­bre o que fa­ce­mos coa no­sa eró­ti­ca ou o uso que lle da­mos ao no­so cor­po. Con­ti­núa sen­do de opi­nión pú­bli­ca o que as mu­lle­res fa­ce­mos ou dei­xa­mos de fa­cer, e iso é ne­ce­sa­rio cam­bia­lo. Que as mu­lle­res vi­van a súa se­xua­li­da­de, a súa for­ma de ser mu­ller, a súa eró­ti­ca de xei­to li­bre e positivo é o que ne­ce­si­ta­mos con­se­guir. —Den­tro dos ac­tos do Co­ci­do do Or­gu­llo on­te xun­to a Be­lén Mon­te­sa fi­xe­ron un ta­ller só pa­ra as mu­lle­res. ¿A que aten­día es­ta ex­clu­si­vi­da­de en fe­mi­nino?

—A ex­clu­si­vi­da­de é al­go que nós non pu­xe­mos se­nón que foi un­ha pe­ti­ción do con­ce­llo, e acep­ta­mos. Abrir un es­pa­zo soa­men­te pa­ra mu­lle­res é positivo se nel es­ta­mos có­mo­das e xur­de o cre­ce­men­to per­soal. —Pro­pu­ñan un­ha «ex­pe­di­ción á se­xua­li­da­de fe­mi­ni­na»...

—Un saír a ex­plo­rar a se­xua­li­da­de fe­mi­ni­na en to­das as súas ver­ten­tes, sen me­ta fi­xa e sen ru­ta obri­ga­da se­nón que ca­da mu­ller a tra­vés das no­sas pro­pos­tas fo­se ato­pan­do a súa pro­pia ru­ta. Coa se­xua­li­da­de, e so­bre to­do a eró­ti­ca e a ama­to­ria fe­mi­ni­na, ocorrre que as mu­lle­res as ve­ces per­dé­mo­nos no que nos din que «de­be de ser» e non ato­pa­mos o que real­men­te desexa­mos que se­xa. Es­te ta­ller foi pa­ra ex­plo­rar desexos e po­ñe­los en prác­ti­ca, ra­char cos cor­sés e coas obri­gas, cues­tio­nar o mo­de­lo se­xual que exis­te e ato­par o que real­men­te nos mo­ve.

—Ato­pá­mo­nos nun pro­fun­do de­ba­te so­bre a tran­se­xua­li­da­de. Co­mo se­xó­lo­ga, ¿co­mo o ve? —Co­mo se­xó­lo­ga o de­ba­te non exis­te. O que se es­tá a fa­cer coa tran­se­xua­li­da­de é un­ha va­lo­ra- Di­rec­ti­va da AEPS. Psi­có­lo­ga e se­xó­lo­ga, cur­sou trai­ning en Se­xo­lo­xía Clí­ni­ca da man de Bi­ko Ar­loak en Bilbao. É di­rec­ti­va do co­lec­ti­vo es­ta­tal de pro­fe­sio­nais da Se­xo­lo­xía e da Aso­cia­ción Se­xus. For­mou par­te dos Cen­tros Qué­ro­te, tra­ba­lla en Ven­ce­llos e se­gue for­mán­do­se. ción mo­ral can­do o que ha­be­ría que fa­cer é pro­mo­ver o co­ñe­ce­men­to e en­ten­de­men­to da di­ver­si­da­de se­xual. O se­xo crea di­ver­si­da­de. Ca­da per­soa que na­ce é di­fe­ren­te ás de­mais. Os se­xos non son ca­te­go­rías opos­tas se­nón reali­da­des dun con­ti­nuo e po­lo tan­to com­ple­men­ta­rias. Ao igual que ou­tras ca­rac­te­rís­ti­cas cor­po­rais en­ten­de­mos que po­den es­tar pre­sen­tes nos dous se­xos, os xe­ni­tais ta­mén. É di­cir que de can­do en vez na­cen ne­nos con vul­va e ne­nas con pe­ne. Iso for­ma par­te da di­ver­si­da­de se­xual. Non é un­ha en­fer­mi­da­de nin un tras­torno se­nón un­ha ex­pre­sión máis de­sa di­ver­si­da­de se­xual. A no­sa iden­ti­da­de se­xual ten que ver coa se­xua­ción ce­re­bral, es­ta­ble­ci­da pre­na­tal­men­te, e nal­gun­has oca­sións esa iden­ti­da­de se­xual ven aso­cia­da a un­has ca­rac­te­rís­ti­cas cor­po­rais que so­cial­men­te se re­la­cio­nan co ou­tro se­xo.

—¿Que pa­pel xo­gan os colectivos LGTBI en to­do is­to? —Es­tán fa­cen­do his­to­ria. Le­van anos loi­tan­do po­los de­rei­tos e es­tán tra­ba­llan­do na vi­si­bi­li­za­ción da di­ver­si­da­de se­xual. Ata hai uns anos a tran­se­xua­li­da­de in­fan­til es­ta­ba in­vi­si­bi­li­za­da e a adul­ta se con­si­de­ra­ba tras­torno men­tal. Es­ta­mos sen­do es­pec­ta­do­res dun cam­bio his­tó­ri­co.

MI­GUEL SOUTO

A se­xó­lo­ga Pe­né­lo­pe Alon­so, no ta­ller que im­par­tiu on­te no Mu­seo Aller Ulloa de La­lín.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.