«A fi­gu­ra do pro­fe­sio­nal é máis vi­si­ble pe­ro aín­da cus­ta ase­so­rar­se»

La Voz de Galicia (Deza) - Deza local - - AGENDA -

Pe­né­lo­pe Alon­so non es­ca­ti­ma lou­ban­zas res­pec­to do tra­ba­llo que es­tán a le­var a ca­bo os colectivos LGTBI.

—En dous, tres anos que hai que en Ga­li­cia apa­re­ce­ron as aso­cia­cións de pais e nais de crian­zas trans con­se­gui­ron máis que nas dé­ca­das pa­sa­das. Aquí a aten­ción ás per­soas trans era inexis­ten­te a ni­vel ins­ti­tu­cio­nal e ago­ra xa hai un pro­to­co­lo de edu­ca­ción e es­ta­se crean­do o pro­to­co­lo sa­ni­ta­rio e loi­tan­do pa­ra que to­dos os pro­fe­sio­nais se for­men pa­ra po­der acom­pa­ñar en si­tua­cións de tran­se­xua­li­da­de. Mes­mo se es­tán con­se­guin­do cam­bios xu­rí­di­cos e o máis im­por­tan­te, se es­tá loi­tan­do por una Lei Ga­le­ga de Tran­se­xua­li­da­de. To­do iso hai que agra­de­cer­llo aos colectivos e ás per­soas im­pli­ca­das que abri­ron por­tas nun pa­sa­do e que es­tán loi­tan­do ho­xe en prol des­te cam­bio.

—¿Que in­que­dan­za le­va a un­ha per­soa a un­ha con­sul­ta?

—As in­que­dan­zas va­rían e mu­da­ron al­go den­de que co­me­cei nes­te mun­do, pe­ro ca­se sem­pre as prin­ci­pais de­man­das te­ñen que ver coas di­fi­cul­ta­des na es­fe­ra ama­to­ria ou de re­la­ción de pa­re­lla. Fa­la­mos de per­cep­ción de bai­xo desexo, di­fi­cul­ta­des coas erec­cións, or­gas­mos, ex­ci­ta­cións, di­fi­cul­ta­des de co­mu­ni­ca­ción, cri­se de pa­re­lla, ma­ne­xo de ma­ter­ni­da­des e pa­ter­ni­da­des... Van en au­men­to con­sul­tas so­bre orien­ta­ción do desexo, iden­ti­da­de se­xual e ma­ne­xo de si­tua­cións de tran­se­xua­li­da­de. As mu­lle­res con­sul­tan máis so­bre desexo, or­gas­mos e pa­re­lla, e os ho­mes so­bre ren­de­men­to se­xual. —¿Apre­cía­se me­nos re­ti­cen­cia á ho­ra de acu­dir a un se­xó­lo­go? —Si e non. A fi­gu­ra do pro­fe­sio­nal se­xó­lo­go es­ta­se fa­cen­do máis vi­si­ble e axu­da a nor­ma­li­zar o acu­dir a un­ha con­sul­ta pe­ro na no­sa co­mu­ni­da­de se­gue cus­tan­do pe­dir ase­so­ra­men­to.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.