«As pra­zas de abas­tos son a car­ta de presentación dos po­bos e pi­den vi­da»

La Voz de Galicia (Deza) - Deza local - - AGENDA -

Ul­tra­li­men­to rea­li­za den­de a súa fun­da­ción un­ha apos­ta fir­me po­lo con­su­mo res­pon­sa­ble e xus­to e con­ta con pro­ve­do­res de pro­xi­mi­da­de co­mo é o ca­so de Al­ber­to da Fin­ca de Ben­do­iro (La­lín), Oc­ta­vio ou San­tia­go, mer­can­do sem­pre pro­du­tos froi­to da agri­cul­tu­ra eco­ló­xi­ca e sos­ti­ble. —Un­ha apos­ta ta­mén po­lo ei­do for­ma­ti­vo...

—É cer­to. Fa­ce­mos co­la­bo­ra­cións con po­nen­tes, ar­te­lla­mos cur­sos for­ma­ti­vos va­rios de co­ci­ña, hor­ta, cos­tu­ra ou tea­tro, fi­xe­mos dúas edi­cións da Fei­ra de Tro­ca e Se­men­ta que creou Lu­cas e que es­te ano, por fal­ta de tem­po e vin­cu­la­ción a no­vos pro­xec­tos, de­ci­diu­se que fo­se de­le­ga­da a ou­tras per­soas que xa co­la­bo­ra­ron en edi­cións pa­sa­das da fei­ra. —¿Se­ría pre­ci­so di­na­mi­zar máis a Pra­za de Abas­tos?

—É pre­ci­so fa­cer da pra­za un si­tio aco­lle­dor, agra­da­ble e ac­ce­si­ble on­de ca­da per­soa re­ci­ba un tra­to ex­cep­cio­nal na súa en­tra­da. Pre­ci­sa con ur­xen­cia dun­ha re­dis­tri­bu­ción dos postos e das áreas co­múns, pre­ci­sa cor e vis­to­si­da­de, máis va­rie­da­de de postos: pa­na­de­ría, flo­ra­ría, le­cer pa­ra os ca­ti­vos... Por ou­tra ban­da e de ca­ra ao in­verno se­ría ur­xen­te con­tar con cli­ma­ti­za­ción e acon­di­cio­nar os aseos. Eu en­tén­doa co­ma un­ha gran apos­ta pa­ra va­lo­ri­zar o pro­du­to lo­cal. —¿Al­gún pro­xec­to máis á vis­ta? —Po­lo de ago­ra a idea é adi­car­se ao que te­mos en­tre mans que é a ten­da e a ta­ber­na na que se po­den fa­cer pe­di­dos e en­car­gas de co­mi­da do día pa­ra le­var, de luns a xo­ves de 9.30 a 15.30 ho­ras e de 17.30 a 21.30 ho­ras e os ven­res e sá­ba­dos es­ta­mos ata ás 22.30 ho­ras. Por ou­tra ban­da se­gui­re­mos pla­ni­fi­can­do e dan­do op­cións a quen quei­ra ofre­cer cur­si­ños xa que as pra­zas de abas­tos son a car­ta de presentación dos po­bos, o nú­cleo di­na­mi­za­dor, e as pra­zas pi­den vi­da.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.