Os seus ami­gos da co­mar­ca do Deza acom­pa­ñan a Su­ca­sas no úl­ti­mo adeus en Vi­la­no­va

La Voz de Galicia (Deza) - Deza local - - DEZA-TABEIRÓS -

Foi­se Jo­sé Luis Su­ca­sas de sú­pe­to o pa­sa­do sá­ba­do. On­te po­la tar­de re­ci­bía se­pul­tu­ra no ce­mi­te­rio pa­rro­quial de Vi­la­no­va de Arou­sa, nun­ha ce­ri­mo­nia fú­ne­bre na que o qui­xe­ron acom­pa­ñar os seus ami­gos e com­pa­ñei­ros da co­mar­ca que o viu na­cer. Moi­ta xen­te de Lalín, que com­par­ti­ra tra­ba­llo po­lí­ti­co no BNG, den­de Fran­cis­co Vi­la­ri­ño a Fer­nan­do Pe­rei­ra Pío, Jo­sé Luis Gon­zá­lez, Car­bón, Mario Pe­rei­ra, María Jo­sé Bu­ján, Ma­nuel Gar­cía, de Vi­la­no­va. Ta­mén com­pa­ñei­ros dou­tros mu­ni­ci­pios da co­mar­ca de­zá que apre­za­ban a Su­ca­sas, co­mo a si­lle­den­se Car­me Fi­dal­go, Xoánn Blan­co de Vi­la de Cru­ces ou Al­fon­so Fer­nán­dez, de Ago­la­da. Ta­mén o al­cal­de de Lalín, Ra­fael Cuí­ña Apa­ri­cio, e o con­ce­llei­ro Mi­guel Me­de­la es­ti­ve­ron no úl­ti­mo adeus a un ga­le­go de co­ra­zón xe­ne­ro­so na­do en Ca­drón hai 57 anos, acom­pa­ñan­do á súa do­na Mer­ce­des Ja­nei­ro, e aos seus fa­mi­lia­res: de seus pais a seus ir­máns e so­bri­ños.

O Con­ce­llo de Lalín deu por fi­na­li­za­dos os dous días de loi­to ofi­cial por quen fo­ra con­ce­llei­ro da cor­po­ra­ción mu­ni­ci­pal en­tre xa­nei­ro de 2012 e maio de 2015. E, máis alá da súa fa­ce­ta po­lí­ti­ca ac­ti­va, un ho­me da cul­tu­ra que im­pul­sa­ra na ca­pi­tal de­zá o fo­ro cul­tu­ral Pai Ar­ne­go, que trou­xe­ra a re­le­van­tes per­so­na­li­da­des da cul­tu­ra ga­le­ga a Lalín. Un ei­do no que Su­ca­sas dei­xa un oco coa súa mar­cha: un xe­nuino re­pre­sen­tan­te da me­llor re­tran­ca no seu la­bor co­mo ar­ti­cu­lis­ta, e au­tor ta­mén de obras de fic­ción.

MÓNICA IRAGO

Moi­tos la­li­nen­ses acu­di­ron on­te a Vi­la­no­va de Arou­sa pa­ra des­pe­dir a Su­ca­sas Fer­nán­dez.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.