O le­ga­do dun ar­tis­ta ga­le­go da al­ma

La Voz de Galicia (Deza) - Deza local - - DEZA-TABEIRÓS - Áu­rea Do­cam­po

Gús­ta­me pen­sar que Ta­ra­na e eu re­ci­bi­mos en vi­da a her­dan­za do no­so pai, Mi­guel Do­cam­po. Un­has pou­cas li­ñas non che­gan pa­ra po­ñer­nos ao día dun­ha vi­da de quen foi pai, ar­tis­ta, ac­ti­vis­ta po­lí­ti­co, con­cien­cia­dor, via­xan­te, me­di­ta­dor zen... Mais ten­ta­rei trans­mi­tir na me­di­da do po­si­ble co­mo o per­ci­bi­mos os que o co­ñe­ce­mos e com­par­ti­mos mo­men­tos ines­que­ci­bles con el.

Nan­do Pe­rei­ro, es­cul­tor com­pos­te­lán e un­ha das ami­za­des ar­tis­tas e ar­tís­ti­cas do meu pai, de­fi­niuno co­mo «luz». Es­tou to­tal­men­te da­cor­do con el, aín­da que a di­fi­cul­ta­de pa­ra de­fi­ni­lo é un­ha das súas ca­rac­te­rís­ti­cas prin­ci­pais, co­mo ta­mén ase­gu­ra­ría Cris, a súa pa­re­lla e mu­sa.

Ou­tra pa­la­bra po­de­ría ser per­fec­ta­men­te «inefa­ble». Loi­ta­dor in­can­sa­ble, no per­soal e no po­lí­ti­co —e, co­mo me re­cor­da­ría, sen di­fe­ren­ciar de­ma­sia­do es­tas dúas reali­da­des—, foi, é e se­rá un­ha ins­pi­ra­ción pa­ra fa­mi­lia e ami­za­des. Así que­ro pen­sa­lo ago­ra e así me gus­ta­ría que o re­cor­de­des no po­bo que o viu me­drar e ao que vol­tou re­cen­te­men­te, coa idea de avan­zar no pro­xec­to do Xar­dín Bo­tá­ni­co des­de o Ate­neo.

Bo ami­go das súas ami­za­des, ami­go igual­men­te de quen non o con­si­de­rou igual, per­soa que nun­ca mor­deu a lin­gua, que non bai­xou a ca­be­za an­te nin­guén, que non en­con­trou máis mo­ti­va­ción na vi­da que a de ser fe­liz e fa­cer fe­liz e que co­ñe­ceu en vi­da ceo e in­ferno, fi­xo da súa tra­xec­to­ria un can­to á esen­cia co­mún que te­mos to­dos e to­das nós.

To­da cer­te­za —e in­clu­so a in­cer­te­za da exis­ten­cia de cer­te­zas—, que­da re­flec­ti­da na súa obra. Do fi­gu­ra­ti­vo ao abs­trac­to, de os­cu­ri­da­de, som­bras, luz e co­res. Así de inefa­ble e ne­ce­sa­rio, se se tra­ta de fo­to­gra­fiar nun lien­zo a no­sa al­ma. Esa al­ma, esa esen­cia, in­sis­to, que se ma­ni­fes­ta de di­fe­ren­tes ma­nei­ras pe­ro é sem­pre a mes­ma no fon­do de ca­da un e ca­da un­ha de nós.

A ti que me les con­ví­do­te a bo­tar un­ha olla­da á túa pro­pia al­ma mi­ran­do al­gun­ha das súas obras. É nor­mal sen­tir al­go de me­do, vér­ti­go in­clu­so. O abis­mo é gran­de, pe­ro os tra­zos e as co­res acom­pa­ña­ran­te e arru­lla­ran­te, ase­gú­ro­cho.

En el 2016 Do­cam­po ex­pu­so su úl­ti­ma obra en Ni­xon.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.